• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 20 Setembro 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visita Norvento para coñecer a súa contribución á descarbonización e a actividade industrial en Galicia

  • Acompañada polo subdirector xeral de Enerxías Renovables, Juan Alberto Vidal, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, mantivo unha reunión de traballo co presidente de Norvento, Pablo Fernández Castro, e o equipo directivo da empresa.
  • O Plan Tecnolóxico e Industrial de Norvento, céntrase na loita contra o cambio climático mediante a xeración de enerxía limpa, no deseño e fabricación de produtos tecnolóxicos para a transición enerxética e no desenvolvemento de solucións avanzadas para descarbonizar a industria galega, xerando emprego e actividade industrial en Galicia.
  • Norvento consolidou o seu proxecto tecnolóxico e industrial grazas á reinversión dos beneficios obtidos coa xeración de enerxía renovable no desenvolvemento de tecnoloxía crave para a transición enerxética.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, xunto ao subdirector xeral de Enerxías Renovables, Juan Alberto Vidal, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, visitaron hoxe o Centro de Innovación Norvento Enerxía -CIne-, sede da empresa en Lugo, para coñecer a contribución da compañía á descarbonización, a actividade industrial e o emprego en Galicia.   

Da man do presidente de Norvento, Pablo Fernández Castro e o equipo directivo da compañía, a responsable da carteira de Medio Ambiente e Cambio Climático de Galicia puido coñecer de primeira man o Plan Tecnolóxico e Industrial de Norvento nunha reunión de traballo.

Trátase dunha aposta da empresa galega por contribuír á loita contra o cambio climático mediante a xeración de enerxía limpa, xunto có deseño e fabricación da tecnoloxía necesaria para a transición enerxética desde Galicia, ademais da posta en marcha de solucións enerxéticas avanzadas de autoconsumo para descarbonizar a industria galega e facela máis competitiva. Unha visión que contribúe á independencia enerxética e tecnolóxica e ao crecemento económico e o emprego na comunidade. 

Reinversión dos beneficios da xeración renovable en tecnoloxía crave para a transición enerxética

Na reunión de traballo, Pablo Fernández Castro explicou tamén a Ángeles Vázquez que Norvento leva anos reinvestindo os beneficios que obtén xerando enerxía renovable, en facer crecer e consolidar o seu Plan Tecnolóxico e Industrial, que consiste en deseñar e fabricar en Galicia, equipos para a xeración e o almacenamento de enerxía.

Trátase dunha tecnoloxía de gran valor engadido e clave na transición enerxética, pois algúns destes equipos resultan imprescindibles en proxectos de almacenamento con baterías, recarga de vehículos eléctricos, electrificación de infraestruturas portuarias e xeración de hidróxeno verde, con demanda a escala mundial.

Grazas á consolidación deste Plan Tecnolóxico e Industrial, hoxe Norvento conta con case 300 profesionais no seu persoal, xerando emprego de alta cualificación e de calidade en Galicia, e fixando coñecemento de alto valor na comunidade, grazas a un modelo empresarial único.

Sede autosuficiente enerxéticamente e cero emisións

Ángeles Vázquez puido coñecer tamén, nunha visita posterior á reunión de traballo, o edificio CIne, sede autosuficiente enerxéticamente e neta en emisións, grazas a un sistema que aproveita a luz do sol, a auga da choiva e recicla as augas grises para autoabastecerse, evitando a emisión á atmosfera de máis de 160 toneladas anuais de gases de efecto invernadoiro. A conselleira tamén tivo ocasión de ver por dentro un dos nBESS, os sistemas de almacenamento de enerxía en baterías que a compañía deseña e produce en Lugo.

Durante a visita a CIne, Ángeles Vázquez quixo expresar “o noso máximo apoio a Norvento como empresa galega que aposta por Galicia, e que á vez é un referente a nivel mundial”. A conselleira tamén explicou que “Norvento é una empresa que exporta coñecemento desde Galicia, un aspecto que repercute na nosa comunidade”.

Pola súa banda, Pablo Fernández Castro, presidente de Norvento Enerxía, sinalou que “A día de hoxe, as renovables son unha prioridade. Para contribuír a evitar que a crise climática sexa aínda maior, debemos investir en enerxías limpas. Indubidablemente, temos que ser capaces de converter esa necesidade nunha oportunidade de desenvolvemento económico para Galicia. Dentro desas oportunidades, Norvento vai un paso máis aló. Non só estamos a construír e operando instalacións de enerxía renovable, senón que tamén estamos a desenvolver tecnoloxía renovable, como son os aeroxeradores de media potencia e os sistemas de almacenamento de enerxía, e poñendo en marcha soluciones enerxéticas avanzadas de autoconsumo para a industria galega, axudándoa a ser máis competitiva. Con esta posición non só contribuímos á independencia enerxética, senón tamén á independencia tecnolóxica, e ademais creamos actividade tecnolóxica e industrial en Galicia”.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Comeza «Fisterra», o proxecto público-privado de I+D galego que en dous anos logrará reducir as emisións do transporte marítimo grazas a un convertidor de electrónica de potencia Norvento volve levar ás aulas galegas as enerxías renovables e a eficiencia enerxética >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2026
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}