Con máis dunha década de experiencia no deseño e desenvolvemento de sistemas illados con diferentes tecnoloxías de xeración renovable, en Norvento ofrecemos aos nosos clientes a posibilidade de incorporar almacenamento aos seus proxectos de autoconsumo, xeración e soporte a redes de distribución, entre outros.

Dispoñemos dunha carteira de produtos propios para estas aplicacións. O noso convertidor nGM e colector nBESS posibilitan a hibridación de distintas tecnoloxías de xeración con almacenamento, asegurando así unha maior penetración de renovables e desacoplando produción de consumo eléctricos.

Os nosos colectores nBESS contan con versións preconfiguradas de 20 e 40 pés para un despregamento sinxelo en contornas industriais e rurais con ou sen xeración renovable. Con todo, adaptamos as configuracións dos nosos equipos ás necesidades dos nosos clientes e condicións específicas dos seus proxectos.

Para aqueles proxectos nos que a hibridación do almacenamento con outras fontes renovables presenta certa complexidade (xestión de grupos electróxenos, sincronismo con rede para aplicacións de back-up etc.), Norvento conta, ademais, cun equipo de automatización e control experto no desenvolvemento de solucións de control que reducen a complexidade de todo o proceso de integración.

As nosas tecnoloxías de almacenamento ofrecen unha ampla variedade de funcionalidades que permiten optimizar e dotar de robustez á subministración eléctrica dos nosos clientes. A nosa presenza no desenvolvemento tecnolóxico deste tipo de solucións proporciónanos os coñecementos necesarios para afrontar calquera reto para abordar polos nosos clientes.

Os nosos proxectos de almacenamento:

Instalación dunha planta fotovoltaica cuberta con almacenamento nunha sala anexa, que proporciona potencia extra para os picos de muxido nunha granxa situada en Palas de Rei (Lugo), empregando a enerxía almacenada co excedente de fotovoltaica e a carga nocturna.

Instalación de tres sistemas de almacenamento conterizado con baterías nBESS de 40’ en tres emprazamentos do Caribe, illados e ata o momento dependentes dos combustibles fósiles: a illa de Guaquenám (Güiana) (1332 kWh | 400 kVA), a illa de Carriacou (Granada) (932 kWh | 400 kVA) e en Paramaribo (Suriname) (666 kWh | 400 kVA). A nosa solución hibrida con grupos electróxenos preexistentes e xeración fotovoltaica, permitindo a estas tres localidades alcanzar unha maior autonomía e a descarbonización en gran medida da súa subministración eléctrica.