Proxecto “Fisterra”

Norvento Enerxía, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e o grupo de investigación Applied Power Electronics Technology da Universidade de Vigo traballarán no proxecto de investigación FISTERRA (Fábrica Intelixente e Sustentable mediante Electrónica de Potencia Avanzada e Realidade Aumentada). Este proxecto de colaboración público-privada de I+D galego está dotado con 2.659.287,76 de euros por parte da Axencia Galega de Innovación e conta con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

Ver

Proxecto “Misións Comerciais das Grandes Empresas 2023”

Norvento Enerxía participa nun proxecto de internacionalización promovido polo IGAPE denominado “Misións Comerciais das grandes empresas 2023” e cuxo obxectivo é dar a coñecer a nosa carteira de produtos e servizos de xeración distribuída orientado a mercados europeos e de América Latina. Para iso a empresa embárcase en diferentes misións comerciais, co fin de solicitar información de mercado e dar a coñecer a nosa aposta tecnolóxica entre empresas electrointensivas e operadoras de redes de distribución de diferentes países.

Ver

Proxecto ZEPPELIN

Norvento participa no proxecto de investigación ZEPPELIN que se enmarca na convocatoria 2021 do Programa MISIÓNS DE CIENCIA E INNOVACIÓN do Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI). O obxectivo do proxecto é buscar solucións tecnolóxicas innovadoras, eficientes e circulares para a produción e almacenamento de hidróxeno verde.

Ver

Proxecto VARAL

O noso equipo de Bioenerxía participa en diversos proxectos de investigación, como o proxecto VARAL no que Norvento, xunto a outras empresas galegas, desenvolveron unha planta de valorización integral de subproductos e efluentes residuais do sector lácteo. Este proxecto, enmarcado no programa CONECTAPEME 2018, está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación ( GAIN) e o apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do eixo 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Ver

Proxecto Microgrid-on-chip

Norvento lidera o proxecto de investigación MICROGRID- ON-CHIP, Investidor de baterías con control integrado de convertidor e microrred. O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento dunha solución integrada para o control de microrredes híbridas baseada nun convertidor de baterías con semiconductores de última xeración, ademais dun sistema de control de microrredes integrado no propio convertidor. Esta solución forma parte dos plans de desenvolvemento tecnolóxico de Norvento e o seu desenvolvemento require da experiencia do grupo de investigación GEISER, pertencente á Universidade de Alcalá de Henares e do Instituto IMDEA Energía.

Ver

Proxecto Neosuccess

Norvento participa no proxecto de investigación Neosuccess que forma parte da convocatoria Fast Track to Innovation do H2020. O proxecto ten a finalidade de desenvolver a primeira solución industrial tipo plug- and- play que integrará dous procesos complexos e complementarios: o tratamento de biogás para convertelo en biometano e a produción de acedo bio- succínico procedente da fermentación, dous bio-recursos moi valiosos para a industria.

Ver

Misión comercial Italia

Norvento participa na Misión Comercial a Italia organizada pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía co obxectivo de introducir os seus produtos neste mercado e reforzar a súa posición internacional. Este proxecto de internacionalización está cofinanciado pola Unión Europea a través do programa do Igape Plan Foexga 2019-2020. Como apoio ao proceso de internacionalización, Norvento recibiu a axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do Igape cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder de Galicia 2014-2020, OT3.

Ver

Proxecto MODUL

Norvento lidera o proxecto Modularidad Integral para a Instalación de Sistemas de Enerxías 100% Renovables en Emprazamentos Remotos. O obxectivo do proxecto é desenvolver tecnoloxías que permitan facilitar a implantación de enerxía limpa en rexións remotas, preparadas para operar en clima extremo, a través do desenvolvemento de sistemas modulares autoizables que permitan unha instalación autónoma e loxisticamente simple.

Ver