O teu camiño cara á independencia enerxética pasa por aproveitar e optimizar o recurso eólico con aeroxeradores de última tecnoloxía en todas as súas posibilidades:

  1. Conectado á rede.
  2. En redes débiles con pobre calidade de subministración.
  3. Hibridación con outras tecnoloxías, sendo o complemento perfecto para a fotovoltaica e almacenamento enerxético logrando a máxima eficiencia na utilización de diferentes recursos.
  4. Illado, como única fonte de enerxía.

Malia ser o gran descoñecido, o autoconsumo eólico non precisa atención por parte dos nosos clientes e intégrase en diversas instalacións sen grandes necesidades de espazo físico. Pasarás a ser consumidor de enerxía renovable xerada no punto de consumo ou complementarás as túas instalacións de xeración renovable xa existentes aproveitando un novo recurso natural.

En Norvento contribuímos desta maneira para alcanzar un consumo enerxético o máis eficiente posible para os nosos clientes.

Coñece algúns dos nosos proxectos con eólica

Instalación dun nED100 en Telde (As Palmas), de fácil integración en parques empresariais. Abastecerá a demanda enerxética dunha estación de servizo, con 2 cargadores de vehículo eléctrico, un restaurante e un edificio de oficinas.

Instalación de dous aeroxeradores nED100 no Porto de Shoreham (Sussex, Reino Unido) para autoconsumo nas propias instalacións portuarias, reducindo os custos de electricidade asumidos polo cliente.

A través do noso equipo de profesionais altamente especializados e a nosa ampla experiencia en proxectos EPC, asesorámoste para integrar esta tecnoloxía nas túas instalacións, ofrecendo todos os servizos necesarios para a súa montaxe e posta en marcha.

Ademais, a nosa traxectoria como tecnólogos permítenos contar cunha visión moi especializada neste tipo de solucións. O noso nED é un claro exemplo. Adaptámonos así ás necesidades dos nosos clientes, achegando as mellores solucións avanzadas e adaptadas á súa situación coa nosa propia tecnoloxía, ou outras solucións que se adapten aos requirimentos e condicións específicas de cada caso.

Poñemos á túa disposición toda a nosa experiencia, nacional e internacional, no desenvolvemento de proxectos de autoconsumo eólico, contando xa con numerosos casos de éxito:

UK

  • 1 nED100 en Blackburn Rig (Escocia)
  • 1 nED100 en Braco Castle (Escocia)
  • 1 nED100 en Caeronnen (Gales)
  • 1 nED100 en Clackmae (Escocia)
  • 2 nED100 en Cousland (Escocia)
  • 1 nED100 en Covanhill Farm (Escocia)
  • 1 nED100 en Glen Iron (Escocia)
  • 1 nED100 en Hillmoor Field (Gales)
  • 1 nED100 en Haydon Farm (Inglaterra)
  • 1 nED100 en Leffenwyne (Escocia)
  • 1 nED100 en Maesmedrisiol (Gales)
  • 1 nED100 en North Biggart (Escocia)
  • 1 nED100 en Pencwm Mawr (Gales)
  • 1 nED100 en Pomathorn (Escocia)
  • 1 nED100 en Rhos Fach (Gales)
  • 2 nED100 en Shoreham (Inglaterra)
  • 2 nED100 en Slagnaw Farm (Escocia)
  • 2 nED100 en Springfield Farm (Escocia)
  • 1 nED100 en Ty Gwyn Farm (Gales)
  • 1 nED100 en Winllan Bach (Inglaterra)
  • 2 nED100 en KellyBank (Escocia)

España e Portugal

  • 1 nED100 en OPER CANARIOS (Telde, Las Palmas)
  • 1 nED100 en ITC (Las Palmas)
  • 1 nED100 en CEDER-CIEMAT (Lubia, Soria)
  • 1 nED100 en Propetan (Carnota, A Coruña)
  • 2 nED100 en Cervo, Lugo

 

  • 1 nED100 en Parque Eólico Experimental
de A Pastoriza (Pastoriza, Lugo)
  • 1 nED100 en Factory de Norvento en Vilalba, Lugo
  • 1 nED100 en CIne, sede de Norvento no Parque Empresarial As Gándaras, Lugo
  • 7 nED100 en la Isla de Corvo, Azores (Próximamente)