Enxeñería enerxética avanzada para edificios e instalacións de Enerxía Cero

Os edificios e instalacións de enerxía cero son edificios cuxo consumo de enerxía neta é nulo ao longo do ano. Para iso empregan un sistema enerxético de fontes 100% renovables que lles permite xerar a súa propia enerxía, almacenala e empregala para cubrir a demanda que o seu uso require.
Deseñamos, fabricamos e comercializamos a nivel global equipos e solucións tecnolóxicas de fotovoltaica e almacenamento enerxético, de alto valor engadido:
En Norvento Enerxía traballamos tanto en novos edificios como en instalacións xa existentes, ofrecendo un servizo integral chave en man que cobre desde a fase de deseño de concepto ata a xestión do proxecto. Integramos enerxías limpas e sistemas de almacenamento, optimizando os fluxos de enerxía e minimizando as necesidades enerxéticas. Todo iso considerando a adecuada simbiose co deseño arquitectónico do edificio.
Colaboramos con arquitectos, consultores, construtores, promotores e empresas de enxeñería para que os sistemas enerxéticos dos seus edificios respondan ás necesidades da nova era enerxética e a unha arquitectura innovadora e sostible.
As nosas tecnoloxías pódense adaptar a múltiples aplicacións: sedes de empresas, edificios públicos e comerciais, plantas industriais, hospitais, estacións de servizo, granxas, centros turísticos, portos marítimos e deportivos, minas, centro de datos, instalacións illadas, centros de proceso de datos, e cargas críticas, entre moitas outras.

Dá un paso cara á sustentabilidade total abastecendo con 100% renovables os consumos das túas instalacións.
O noso fluxo de traballo:
- Deseño Conceptual. Dámosche apoio co noso know how. Implicámonos cos ideólogos do proxecto na súa definición conceptual, contribuíndo cunha visión centrada na enerxía.
- Enxeñería ao detalle. Levamos a cabo unha profunda análise de viabilidade e deseño da instalación. Temos en conta todos os teus requisitos, os recursos naturais dispoñibles, e desenvolvémolo a solución ata o último detalle.
- Equipos: Xestionamos a adquisición de todos os compoñentes. Seleccionamos equipos e tratamos cos provedores asegurando calidade en tempo, forma e custo.
- Custo: Supervisamos e levamos a cabo a solución escollida. Asumimos a responsabilidade de entregarche as chaves do proxecto unha vez estea perfectamente operativo.

CASO DE ESTUDO. Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne), unha contorna de Enerxía Cero
En Norvento levamos ao límite as nosas capacidades tecnolóxicas e plasmámolas na súa nosa sede, Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne), edificio desconectado da rede eléctrica e 100% renovable.
Coñece ao detalle o sistema enerxético integral de CIne.
Queres un edificio único cunha pegada de carbono mínima?
As iniciativas de eficiencia enerxética abordan só unha parte do problema da sustentabilidade. Un compromiso maior utilizando enerxía renovable xerada in situ pode facer que se consiga unha sustentabilidade real e completa.
Sexas un arquitecto, un desarrollador, unha firma de enxeñería, unha construtora, un usuario final ou o/a propietari0/a dun edificio que aspira a ser de Enerxía Cero, chámanos. Podemos axudarche con servizos de consultoría, enxeñería de detalle e co deseño e a execución do proxecto ao completo.