• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • nXL
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 26 Maio 2017

BALANCE DE NORVENTO TRAS O RESULTADO DA POXA ELÉCTRICA PARA A PRODUCIÓN ENERXÉTICA DE FONTES RENOVABLES

  • Norvento, que se adxudicou 128,6 MW na última poxa, terá en funcionamento máis de 450 MW en España nos próximos anos, principalmente eólicos. Ademais, outros 228 MW están en desenvolvemento fóra de España. 
  • Norvento expresa a súa satisfacción pola adxudicación e considéraa un sólido soporte para o seu negocio de parques enerxéticos.
  • As prioridades a curto prazo de Norvento son o desenvolvemento dos 128 MW adxudicados, e seguir impulsando a promoción do negocio de autoconsumo industrial a nivel internacional e en España, nas condicións permitidas polo actual marco lexislativo.
  • Norvento dará prioridade a Galicia no desenvolvemento dos 128,6 MW adxudicados. A compañía considera que a comunidade ten agora a oportunidade de afianzar o seu papel no sector eólico nacional.

Madrid, xx de maio de 2017.- Norvento, empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral, fai balance dos resultados da última poxa convocada pola Secretaría de Estado de Enerxía para a asignación do réxime retributivo específico para novas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables.

En primeiro lugar, Norvento expresa a súa satisfacción pola adxudicación de 128,6 MW nesa poxa, que supoñen un sólido soporte para o seu negocio tradicional de parques enerxéticos. Xa está a traballar para cumprir cos prazos fixados polo Ministerio, e seguirá traballando para consolidar a súa posición como un dos principais referentes da industria española de renovables. 

A compañía dará prioridade a Galicia no desenvolvemento deste lote adxudicado, onde xa conta con parques eólicos cos permisos administrativos correspondentes. Norvento considera que a rexión ten agora a oportunidade de consolidar o seu papel no sector eólico nacional. Para aproveitala ao máximo é necesario axuntar os esforzos de empresas e administracións públicas, dentro dun marco de actuación óptimo para os proxectos. 

Norvento contaba xa con 110 MW operativos no noso país, e 369 MW en diferentes fases de desenvolvemento. Polo tanto, tras esta adxudicación, contará con máis de 450 MW operativos en España nos próximos anos, principalmente eólicos. Fóra de España, a compañía conta ademais con outros 228 MW eólicos en distintas fases de desenvolvemento (Brasil e Polonia). 

Doutra banda, Norvento considera que a poxa é un paso importante cara á tan necesaria transición enerxética do noso país, baseada nun modelo económico-produtivo baixo en carbono e, polo tanto, sostible. Con todo, falta outro paso: un marco regulamentario que permita o desenvolvemento do autoconsumo industrial. 

Nestes momentos a prioridade e os esforzos da compañía xa están centrados, por unha banda, en desenvolver os 128,6 MW adxudicados e outros xa en diversas fases de desenvolvemento; e, por outro, en seguir impulsando o negocio da xeración distribuída ou autoconsumo industrial a nivel internacional e, en España, nas condicións que permite o actual marco regulamentario, mediante o emprego ademais de tecnoloxía propia. É precisamente aí onde Norvento cre que existe unha grande oportunidade de mercado, como é o do consumo enerxético medio (autoconsumo industrial), no que pretende expandirse cos seus proxectos e tecnoloxía. Este será o segundo gran piar do seu crecemento, xunto co negocio tradicional dos parques enerxéticos.

Desde unha perspectiva global, respecto ao papel das enerxías renovables, Norvento cree que o sector e as empresas que o representan, nas que se inclúe, deben seguir apostando pola innovación e a mellora constantes para ser cada vez máis competitivos. Deste xeito, reforzarase o seu papel exportador e de internacionalización, de indubidable valor para a economía española. A compañía seguirá traballando para consolidar a súa posición entre as principais referencias da industria española de renovables, onde está presente en toda a cadea de valor e en gran parte das tecnoloxías de xeración. Aposta firmemente pola I+D e o desenvolvemento de tecnoloxía propia para o deseño e implantación de proxectos enerxéticos 360.

Por último, Norvento desexa subliñar que a procura da excelencia, a profesionalidade, o rigor e o compromiso a longo prazo foron e seguen sendo valores presentes na empresa desde a súa fundación no ano 1981. A empresa valora especialmente o meticuloso traballo realizado polo equipo implicado na preparación dos proxectos para esta última poxa, que é un exemplo vivo destes valores.

Sobre Norvento

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. Recentemente, foi adxudicataria de 128,6 MW na última poxa realizada pola Secretaría de Estado de Enerxía o pasado 17 de maio.

A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

A empresa opera actualmente noutros cinco mercados internacionais (Reino Unido, Brasil, Estados Unidos, Polonia e Italia), ademais de España.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento consigue 128 MW en la subasta de renovables La Xunta autoriza el parque eólico de Boutareira >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • nXL
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2026
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • nXL
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}