Norvento ofrece tanto a empresas como a entidades do sector público solucións innovadoras no ámbito do biogás, aglutinando a xeración eléctrica e térmica e as súas diferentes aplicacións, a partir de tecnoloxías que abarcan este gas renovable.

O noso coñecemento e experiencia acumulada de máis de 20 anos no sector dos gases renovables, así como os nosos acordos a nivel internacional con tecnólogos de referencia, permítennos integrar solucións avanzadas para impulsar a valorización enerxética dos subprodutos orgánicos, contribuíndo coa nosa proposta a ofrecer a empresas do sector primario, de procesado e de produción de alimentos, e a calquera infraestrutura xeradora de subproductos con elevada carga orgánica, a posta en valor dos seus residuos.

Coñecedores dos múltiples desafíos no campo tecnolóxico e da tramitación que implica a materialización destes proxectos, acompañamos os nosos clientes en todas as fases da proposta, converténdonos no seu aliado estratéxico en materia de enerxía.

Estudos de viabilidade

Durante a fase de viabilidade, poñemos especial énfase na caracterización do recurso dispoñible, avaliación dos escenarios viables e a selección da aplicación enerxética máis adecuada (eléctrica, térmica ou venda de biometano á rede gasista) en función das condicións existentes e os obxectivos do cliente.

Xestión de servizos administrativos, legais y financeiros

Facémonos cargos de todos os trámites administrativos, legais e financeiros que acompañan o desenvolvemento dun novo proxecto ou instalación existente de biogás ou biometano, atendendo ao contexto normativo de cada emprazamento. Incluímos a prospección de liñas de financiamento e subvencións.

Deseño e enxeñería a medida de cada cliente

Poñemos especial atención en todos os detalles técnicos no noso deseño e enxeñería para que as nosas plantas se integren á perfección nas instalacións dos nosos clientes, buscando a modularidade e a flexibilidade na operación, tendo en conta as condicións que este nos marca, anticipándonos a calquera tipo de incidencia.

Equipo Experto en proxectos EPC

O noso equipo de especialistas en proxectos chave en man apóiase nunha extensa rede de tecnólogos e unha ampla capacidade de integración de solucións construtivas que nos permite executar chave en man estas instalacións de forma moi competitiva.

Operación e mantemento de instalacións

En Norvento poñemos a disposición do cliente, durante toda a vida útil do proxecto, un conxunto de servizos de operación e mantemento, que aseguran unha planta totalmente funcional que se mantén dentro das marxes previstas de produción.

Todos os nosos proxectos están dotados dun sistema avanzado de monitorización SCADA conectado ao Centro de Control 24/7 de Norvento para garantir a correcta monitorización da planta.

Norvento axúdache a avaliar se a túa empresa conta coa capacidade de valorizar unha fonte de materia orgánica como enerxía renovable.

Seremos o teu socio clave á hora de implementar un modelo de economía circular no teu negocio, que contribuirá á descarbonización da túa actividade e a protexerte fronte á volatilidade dos prezos dos combustibles fósiles e a electricidade.

Coñece algúns dos nosos proxectos de biogás

En Norvento fomos pioneiros en España en desenvolver un proxecto de biogás para autoconsumo na industria cárnica. Para o noso cliente Frigoríficos Bandeira, líder no seu sector, impulsamos a valoración enerxética dos subprodutos dunha das súas instalacións, co obxectivo de obter o 80% da súa demanda de enerxía eléctrica e o 100% da térmica, que abasteza á súa infraestrutura de procesado de carne animal.

Buscando implementar un modelo circular, a planta axústase cunha depuradora para a fracción líquida do digestato. En total, espérase producir uns 8.000 MWh netos de biogás. Co noso proxecto, o noso cliente verá reducida significativamente a súa factura enerxética, así como a minimización no custo da xestión dos seus residuos.

A nosa plataforma para o desenvolvemento de I+D e validación de tecnoloxías asociada ao biogás, atópase acoplada a unha explotación gandeira situada en Xustás (Lugo). Nesta instalación investigamos diferentes alternativas de codixestión de subprodutos para os nosos clientes e facemos probas piloto de procesos de fermentación novos que permiten obter maiores eficiencias na produción de biogás, e mesmo hidróxeno verde (fermentación escura) como formas alternativas á hidrólise.