• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 24 Setembro 2019

Norvento emprega por primeira vez en España un novo método de transporte de pas de aeroxeradores que reduce significativamente o impacto ambiental

  • É a primeira vez en España que se utiliza o transporte especial de pas mediante o método coñecido como bladelifter. 
  • Norvento está a empregalo durante a construción dos seus novos parques eólicos en Lugo. 
  • Ao inclinar as pas durante o transporte mediante maquinaria especial redúcese significativamente o impacto ambiental e evítanse modificacións no trazado de estradas e ocasionalmente cortas de árbores.

Lugo, 23 de setembro de 2019.- Norvento, compañía española de tecnoloxías de enerxías renovables, introduciu en España o transporte especial de pas de aeroxeradores mediante bladelifter. Esta nova técnica loxística consiste en transportar a pa cunha inclinación de ata 65 graos, en lugar de facelo horizontalmente, levantándoa mediante o uso de maquinaria especialmente deseñada para este fin. 

Grazas a esta técnica, o transporte das pas dos aeroxeradores pode ser realizado por estradas e camiños máis estreitos con curvas máis pechadas. Isto permite prescindir de modificacións na contorna que en ocasións son inevitables, como o ensanche de estradas, apertura de novos viais, a retirada de postes de comunicacións, ou ocasionalmente a corta dalgunhas árbores emprazadas nas marxes da estrada. Desta forma redúcese a necesidade de obra civil e o impacto ambiental na construción dos parques eólicos. 

Esta técnica é clave para os grandes proxectos de xeración eólica planificados en España, xa que permitirá transportar pas de maiores dimensións; ata o de agora, esta técnica empregouse noutros países para o transporte de pas de ata 60 metros de lonxitude, agora ven incrementadas as posibilidades ata os 80 metros. 

Con este método, Norvento acelerará a construción dos seus novos parques eólicos na provincia de Lugo e minimizará o seu impacto ambiental, converténdose nos primeiros proxectos que utilizan esta técnica en España e Portugal e algúns dos primeiros en toda Europa. Norvento, promotor destes proxectos, colaborou con Vestas e Laso, tecnólogo do aeroxerador e transportista respectivamente.

Avance dos novos parques eólicos de Norvento en Galicia 

Esta técnica de transporte emprégase en parte dos 6 novos parques que Norvento está a construír na provincia de Lugo, froito de adxudicación de 128 MW de potencia na poxa de maio de 2017 do Ministerio de Enerxía. Os parques, situados en Abadín, A Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, Trabada, A Pontenova e Lourenzá, estarán listos para operar antes de que finalice o ano e producirán unha cantidade de enerxía anual equivalente ao consumo eléctrico dun municipio de 90.000 habitantes. 

Desta maneira, evitarase a emisión de 4 millóns de toneladas de CO2 equivalentes durante a vida útil dos parques. Doutra banda, a súa construción e operación suporán cuantiosos beneficios para os municipios que os acollen: durante a vida útil dos proxectos, xeraranse preto de 19 millóns de euros para administracións locais e autonómicas en impostos. 

Iván Nogueiras, Director Xeral de Norvento, destaca que “investimos constantemente na protección do medio ambiente. A innovación xoga un papel moi destacado nesta tarefa, polo que sempre que se desenvolva unha tecnoloxía que nos permita reducir o impacto na comunidade nas que operamos, estudarémola e aplicaremos sempre que nos sexa posible”. 

Acerca de Norvento 

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Con presenza en diversos mercados internacionais, Norvento conta hoxe cun total 750 MW de plantas de xeración renovable en operación, construción e desenvolvemento, tanto en España como noutros mercados. 

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Dos de nuevos parques eólicos de Norvento ya producen sus primeros kWh Norvento pionero en España en usar bladelifter para transportar palas >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}