• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 28 Febreiro 2023

A enerxía fotovoltaica no mundo

Sen Sol non hai vida

Toda vida na Terra depende do Sol e, cada vez máis, a enerxía eléctrica que necesitamos e utilizamos no noso día a día provén dunha fonte renovable como o é a enerxía fotovoltaica (cun peso superior ao 10% na xeración de enerxía eléctrica total no ano 2022 no noso país). Este mes de febreiro dedicamos o noso Blogue a esta fonte de enerxía e o seu punto de situación a nivel nacional, europeo e global.

O descubrimento do efecto fotovoltaico, entendido como a produción de corrente eléctrica entre dous materiais expostos a unha radiación electromagnética, foi documentado por primeira vez en 1839 por Edmond Becquerel. Con todo, non foi ata finais do s. XIX cando Heinrich Hertz observa por primeira vez o efecto fotoeléctrico, do que dependen as células solares actualmente, e que sería explicado por Albert Einstein en 1905. Non é ata 1954 cando se empezan a fabricar as primeiras células comerciais de silicio nos Laboratorios Bell (EEUU), e desde entón a posición do silicio no mercado das células solares é hexemónica, en boa medida grazas aos avances da industria microelectrónica.

A partir dese momento da historia, foron varios os acontecementos que aceleraron o desenvolvemento e mellora de placas solares: a carreira espacial, onde se utilizou a enerxía solar para alimentar satélites, así como a primeira (1973) e segunda (1979) crise do petróleo, que provocaron un cambio importante na política enerxética mundial, poñendo de novo o foco nas incipientes tecnoloxías solares.

A primeira instalación fotovoltaica conectada á rede en España data de 1984, cando se instalou unha planta piloto de 100 kWp en San Agustín de Guadalix, manténdose durante case 10 anos como a única instalación fotovoltaica no noso país. Non sería ata 1993 cando se realizaron novas instalacións, correspondentes a instalacións residenciais de moi pequeno tamaño. Aos poucos as instalacións fotovoltaicas fóronse sucedendo, aínda que quedándose estas no ámbito demostrativo ao non atoparse este tipo de xeración aínda regulado en España nin ser atractiva en canto aos seus custos.

Sería en 1998 cando se empezaron a suceder distintos cambios regulatorios que impulsaban esta tecnoloxía renovable, dende o RD 2818/1998 e ata o RD 661/2007, sendo este último o que supuxo un impulso sen precedentes para este tipo de tecnoloxía. Tras este gran crecemento no noso país, sucedéronse unha serie de acontecementos que frearon o impulso á xeración fotovoltaica, empezando pola crise que comezaba a finais de 2008 así como distintos cambios normativos que frearon o seu desenvolvemento (impostos sobre a xeración, “imposto ao sol”, entre outros).

Actualmente, tomando datos de 2021, a enerxía solar fotovoltaica atópase entre as tecnoloxías renovables con maior peso a nivel mundial, cunha potencia instalada de 940 GW[1]. O seu crecemento anual posiciónaa como a primeira tecnoloxía renovable (en gran parte pola menor complexidade de instalación e de tramitación), pasando a nivel mundial de 70,47 GW instalados en 2011 aos 940 GW anteriormente mencionados en 2021. O últimos cinco anos, a potencia fotovoltaica global instalada creceu en máis dun 200% desde os 306,5 GW instalados en 2016 ata os actuais anteriormente xa mencionados.

Se trasladamos as cifras anteriores a nivel europeo (EU-27), a potencia instalada pasa dos 106,7 GW en 2017 a 159,9 GW en 2021[2], aumentando a cociente un 48,9%. Profundando un nivel máis e levando estas cifras ao noso país, observamos un crecemento contido ata o 2018, cunha potencia acumulada de 4,77 GW, que se acelera nos últimos anos ata alcanzar os 19,11 GW en 2022, como podemos ver na gráfica mostrada a continuación.

Gráfica 1. Potencia acumulada solar fotovoltaica en España dende 2010 ata 2022 (en MW)

A potencia instalada nos últimos 4 anos (2019-2022) no noso país (14,3GW), supuso triplicar a potencia fotovoltaica total instalada ata ese momento.

España ocupa o octavo posto a nivel mundial en capacidade fotovoltaica instalada e o segundo posto a nievel europeo. O país que ocupa o primeiro posto é China, con 377,1 GW, seguido de Estados Unidos con 122,1 GW.

Gráfica 2. Potencia acumulada solar fotovoltaica en 2021, por país (en GW). Fonte: REN21

O acusado crecemento que observamos no noso país na gráfica anterior, nos últimos 4 anos, débese ao impulso ao autoconsumo e ao fomento de axudas e subvencións desde as principais entidades europeas, estatais e rexionais ao redor da xeración de enerxía renovable. A este claro impulso derivado dos obxectivos de descarbonización marcados desde Europa súmase o descenso do custo de xeración con esta tecnoloxía, que permite ter uns prazos de retorno cada vez máis baixos.

Este custo de instalación evolucionou nos últimos 10 anos desde o 4.104 $/kW en 2011, ata os actuais 857 $/kW (2021). O descenso que observamos no prezo medio por kW permite obter unha maior rendibilidade das instalacións, fomentando así a súa instalación. A tecnoloxía actualmente utilizada procede, principalmente, de China, quen domina desde hai varios anos o mercado mundial de paneis fotovoltaicos e investidores.

Gráfica 3. Evolución do custo medio de instalacións fotovoltaicas a nivel mundial dende 2010 ata 2021 (en US $/kW)

Igualmente cabe mencionar que, unido ao descenso dos custos, tamén se produciu un continuo aumento da eficiencia das células solares, dende o 6% das primeiras ata superar amplamente o 20% hoxe en día, e, en xeral, unha mellora da tecnoloxía que segue imparable na actualidade.

En 2020 a produción fotovoltaica realizou unha contribución total ao PIB de 4.686 millóns de €. Cunha contribución directa de 4.024 millóns (89,7%) e una contribución inducida de 483 millóns (10,3%).

A día de hoxe, é a tecnoloxía que máis crece no noso país polo baixo impacto ambiental que supón cando a comparamos con outro tipo de instalacións, o abaratamento da propia tecnoloxía e o alto recurso do que se dispón (unhas 2.500 horas de sol anuais). España é un país que conta coas condicións propicias para o desenvolvemento desta tecnoloxía, o que nos axudará na consecución dos obxectivos europeos e en avanzar na transición enerxética na que nos atopamos a nivel mundial.


[1] SolarPower Europe. (2022). Cumulative installed solar PV capacity worldwide from 2000 to 2021 (in megawatts). Statista. Statista Inc. Accessed: February, 2023. http://www.statista.com/statistics/280220/global-cumulative-installed-solar-pv-capacity/

[2] EurObserv’ER (2022). Cumulative solar photovoltaic capacity in the European Union (EU-27) from 2017 to 2021 (in megawatts). Statista. Accessed: February 2023 http://www.statista.com/statistics/497540/connected-and-cumulated-photovoltaic-capacity-in-the-european-union-eu/

Daniel Blanco Moa

Enxeñeiro senior do equipo de Intelixencia Enerxética de Norvento Enerxía

 

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< A enerxía eólica no mundo Outras renovables no mundo >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}