• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 13 Xuño 2018

Blockchain

Posibilitará o intercambio de enerxía e servizos de rede sen límites nin fricción

Desde a segunda revolución industrial, onde levou a cabo a electrificación da industria, das cidades e dos territorios en xeral, o modelo do sistema eléctrico non cambiou substancialmente. A aparición de novas tecnoloxías como o almacenamento, as microrredes e a enerxía distribuída, está a favorecer unha disrupción sen precedentes no sector que permitirá reescribir o modelo de sistema eléctrico e conseguir eficiencias ata o de agora impensables. A xestión destes sistemas compostos por pequenos axentes de xeración e consumo distribuídos vólvese complexa e é onde entran en xogo novas tecnoloxías como o Blockchain ou cadea de bloques.

Blockchain é unha innovación de software que permite almacenar información encriptada de forma segura, permitindo realizar transaccións de valor a través dunha rede autónomamente e sen a necesidade dun intermediario central para verificar e aprobar este intercambio. A primeira transacción de enerxía con Blockchain produciuse en Nova York en abril de 2016. Dous anos despois, 122 organizacións en todo o mundo están involucradas nesta tecnoloxía e uns 40 proxectos foron despregados ata a actualidade, proxectos como o de Grid Singularity.

En máis detalle, o Blockchain funciona como un «libro contable» no que se rexistran transaccións que poden representar rexistros de transaccións enerxéticas, divisas, información, etc. Esta cadea de bloques está distribuída e sincronizada entre todos os nodos da rede, os cales se encargan de verificar e rexistrar ditas transaccións. Calquera modificación do Blockchain necesita o consenso dos nodos participantes, o que supón unha gran innovación ao non requirir dun intermediario centralizado que identifique e certifique a información, tales como empresas distribuidoras de enerxía, operadores do mercado ou entidades bancarias. Estas transaccións son transparentes e, debido á súa natureza distribuída, o Blockchain reduce custos e tempos de transaccións, así como engade un altísimo nivel de seguridade ante hackers. Ademais da ausencia dunha entidade que opere un mercado de intercambio de enerxía ou doutros servizos necesarios na rede eléctrica, a tecnoloxía Blockchain permite a implementación e execución dos chamados contratos intelixentes, que posibilitan transaccións entre as partes sen que se coñeza a súa identidade nin os detalles dos acordos por ningún terceiro.

O Blockchain pon en manifesto unha verdade incómoda que enfronta á industria de subministración de enerxía tradicional: nalgunha etapa, será máis barato e máis efectivo autoabastecerse ou comprar directamente a enerxía de veciños, que confiar na rede eléctrica convencional, para así proporcionar enerxía limpa, fiable e barata. A chegada da tecnoloxía do Blockchain pode ser comparada coa chegada do desenvolvemento da internet nos anos 90, é dicir, será un sistema que cambiará a nosa forma de entender os negocios e a sociedade, non obstante, esta nova tecnoloxía aínda ten retos por diante, como mellorar a súa escalabilidade e a eficiencia das transaccións. E por suposto, un marco regulatorio adecuado para espremer todo o potencial da tecnoloxía.

Brais Varela Romero

Brais é Enxeñeiro Industrial pola Universidade de León e membro do equipo de Electricidade e Control de Norvento. Contacta con Brais

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Microrredes Big data, I.A. e hiperconectividade >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}