• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 30 Agosto 2023

Demanda do transporte

Transporte

Historicamente, a enerxía estivo vinculada ao desenvolvemento da humanidade e moi especialmente no caso do transporte. Coa invención da máquina de vapor de James Watt en 1768, deu comezo a revolución industrial e con ela a evolución dos medios de desprazamento utilizados ata a data.

A primeira locomotora propulsada a través dun sistema de vapor alimentado por carbón, chegaba ao mercado a principios do século XIX, conseguindo transportar 40 toneladas de carga a unha velocidade punta de seis quilómetros por hora.

Dende esta primeira locomotora cunha capacidade de carga de 40 toneladas, ata os grandes buques portacontedores que navegan hoxe en día, e que poden transportar ata 60.000 toneladas (Barco New Panamax con 15.000 TEUs), houbo un gran desenvolvemento da industria do transporte e dos medios combustibles para abastecela. O carbón deu paso aos derivados do petróleo e actualmente están a cobrar forza no mercado outros tipos de combustibles como o gas, a electricidade ou o hidróxeno, que se poden obter en gran parte a través das enerxías renovables.

Este tipo de enerxías axudan a reducir de forma exponencial a pegada de carbono que a globalización trae consigo, debido ao aumento da demanda do transporte tanto de persoas como de mercadorías, a nivel mundial.

Tendo en conta únicamente o gasto en transporte durante as últimas décadas a nivel europeo, o cal só se viu minguado por acontecementos mundiais ineludibles (crise do 2008 e a pandemia do COVID-19), pódese observar como a “tendencia ao movemento” é imparable.

Gráfica 1. Evolución do mercado da loxística de 2007 a 2021 en Europa. Fonte: DVZ (Deutsche Verkehrs-Zeitung).

Actualmente, e derivado entre outros factores desta tendencia á alza no consumo de servizos como o transporte, os países membros das Nacións Unidas (ONU) puxeron o foco en aprobar leis que cumpran as resolucións do Acordo de París de 2015 en materia de redución de emisións. A Lei 7/2021 do 20 de maio sobre o cambio climático e transición enerxética é un exemplo diso.

Hoxe en día, en España, -segundo o BOE publicado o 21 de maio de 2021-, o sector do transporte por estrada supón o 25 % das emisións de gases de efecto invernadoiro do país, sendo unha das principais barreiras para a súa descarbonización o desenvolvemento insuficiente das infraestruturas de recarga eléctrica.

Por iso, desde o sector público está a traballarse en ampliar a rede de puntos de recarga en todo o territorio nacional. Actualmente hai instalados uns 21.500 puntos de recarga, dos cales aproximadamente o 65% son de carga rápida, fronte aos 45.000 cargadores de acceso público que se fixou o Estado como obxectivo inicial a cumprir en 2023 (segundo indicado pola Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións) e os 240.000 que segundo o anuario da mobilidade eléctrica espéranse alcanzar en 2030.

Esta promoción de puntos de recarga, xunto coas penalizacións a nivel de impostos e restricións de acceso ás grandes cidades, fai atractiva a adquisición de medios de transporte privados e públicos, de viaxeiros e/o mercadorías, cambiando radicalmente as tendencias de transporte por estrada no territorio nacional. Isto vese reflectido de igual maneira na venda de vehículos en todo o mundo, cun despregamento paulatino, pero que non alcanza os obxectivos fixados internacionalmente.

Gráfica 2. Ventas Globais de Vehículos eléctricos. Ano 2022. Fonte: IEA

En canto ao sector aéreo, este faise fundamental para a economía mundial polo seu papel chave no comercio, turismo e investimento. Hoxe máis que nunca, búscanse alternativas sostibles que eviten volver aos cocientes de emisións prepandemia, nos que a aviación producía ao redor de mil millóns de toneladas de carbono, un 3% de todas as emisións a nivel mundial.

Cambiar esta tendencia neste tipo de transportes supón todo un reto, xa que a introdución de combustibles sostibles no sector aeronáutico será no que máis repercuta a taxa de pegada de carbono sobre os prezos do transporte que, previsiblemente, deberá ser asumido polo consumidor final. As asociacións de consumidores consideran que un bo investimento no desenvolvemento e produción destes combustibles, é vital para evitar que as recargas caian directamente sobre o usuario.

O transporte marítimo está especialmente vinculado ao movemento de bens consumibles a nivel mundial. Representa preto do 90% do tráfico mundial de mercadorías e do 2.5% do total de emisións de carbono á atmosfera, segundo a Organización Marítima Internacional (OMI). Para tratar de reducir o impacto deste tráfico, a OMI desenvolveu unha serie de medidas de obrigado cumprimento para todos os operadores marítimos a partir de xaneiro de 2023.

Con todas estas medidas, a OMI quere chegar a reducir a intensidade das emisións de carbono do transporte marítimo en polo menos un 40% para finais de 2030, e conseguir un ambicioso obxectivo final: unha política de emisión cero de gases de efecto invernadoiro (GEI) en 2050, así como o compromiso de garantir a adopción de combustibles alternativos con emisións nulas en CO2.

Gráfica 3. Emisións globais de CO2 dosector transporte entre 1990 e 2021 por rexións. Fonte: European Comision

Inevitablemente, todos estes cambios levarán consigo grandes investimentos. As industrias e sectores comerciais acusan aos distintos organismos vinculados de tratar de paliar o aumento das emisións co pago de tasas polas mesmas, tales como os rexistros de residuos, declaracións de plásticos non reutilizados ou aplicación de restriccións de conducción e aparcamento de vehículos non eléctricos, en lugar de dedicar recursos á investigación e achega de combustibles a través de enerxías renovables alternativas con menor emisión de partículas contaminantes.

Sexa como for, as boas políticas ambientais contemplan inevitablemente a concienciación dos usuarios dos medios de desprazamento e dos patróns de consumo das industrias e consumidores finais. Utilizar combustibles alternativos, producidos cos recursos renovables que son moitas veces fonte inesgotable de enerxía, é vital para o desenvolvemento sostible do noso planeta.

Cristina González Jañez

Responsable de loxística na Área de Operacións

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Demanda enerxética: industrial, comercial e residencial Obxectivos de Descarbonización >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2026
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}