• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 1 Outubro 2020

E mañá, que?

Entrevista a Rebekka Popp “Para minimizar o impacto negativo en comunidades e traballadores que provoca o peche de minas e centrais eléctricas de carbón é necesario un proceso de transición ben xestionado”

Este mes, seguindo a liña editorial de 2020 sobre desafíos polo clima, tratamos un desafío económico: a reestruturación de antigas zonas mineiras. Entrevistamos a Rebekka Popp, investigadora na oficina de E3G de Berlín.

Que rexións europeas foron e serán as máis afectadas polo peche de minas de carbón?

Hai unhas 108 rexións en Europa con infraestruturas relacionadas co carbón e unhas 237.000 persoas traballan na minería e centrais eléctricas de carbón. Os estados membros con máis potencia instalada de centrais de carbón son Alemaña, Polonia, Italia, República Checa e España. As persoas empregadas neste tipo de infraestruturas son máis en Alemaña e países do centro e leste de Europa como Polonia, República Checa, Romanía e Bulgaria.

A era do carbón está a terminar. O impacto da crise do COVID-19 no sector eléctrico ha empeorado a situación económica do carbón. Unha análise recente concluía que o 80% dos 140 GW de carbón da Unión Europea xa son pouco competitivos en 2020. Ademais, co Pacto Verde Europeo, a Comisión Europea deixou claro que a UE persegue unha ambición climática maior e aumentou os seus obxectivos de redución de emisións para 2030, o que implica unha redución rápida e finalmente, a eliminación paulatina do carbón.

Para minimizar o impacto negativo en comunidades e traballadores do peche de minas e centrais eléctricas de carbón é necesario un proceso de transición ben xestionado (unha Transición Xusta) que se base nunha estratexia de transición que perfile o desenvolvemento futuro da rexión e que se desenvolva @teniendo en cuenta a todos os afectados polos cambios.

É importante que os gobernos a nivel nacional actúen como guías neste proceso cun plan de eliminación paulatina do carbón en liña co Acordo de París. Unha análise mostra que todos os países da UE teñen que eliminar o carbón en 2030 para conseguir limitar o quecemento global a 1,5 graos. A eliminación do carbón na UE avanza rapidamente e países como España conseguirán non depender do carbón para mediados dos anos 2020 ou mesmo antes, con todo, países cunha gran dependencia do carbón como Bulgaria, República Checa, Alemaña, Polonia e Romanía planean usar carbón ata máis aló de 2030. Alemaña está a empezar a implementar un proceso de transición nas súas rexións mineiras, pero outros países non están a axudar ás súas rexións para construír un futuro sen carbón, o que provoca unha situación na que as forzas do mercado deixan fóra ao carbón a expensas dos traballadores e comunidades afectadas.

Que alternativas hai para a rehabilitación ambiental de antigas zonas mineiras?

A rehabilitación ambiental e a reconversión de infraestruturas utilizadas na minería de carbón e actividades relacionadas é un dos maiores desafíos das rexións mineiras en transición. Pode contribuír a crear un ambiente seguro e saudable e abrir novas oportunidades económicas que atraian novos negocios e postos de traballo á rexión.

O aprendido de reconversións e recuperacións de instalacións de minas de lignito no leste de Alemaña mostran que un marco legal fiable (que existe na maioría dos países europeos), institucións fortes que teñan apoio político e un investimento suficiente son os factores necesarios para o éxito. A aprendizaxe mutua e as experiencias compartidas entre rexións con desafíos similares poden proporcionar inspiración e axudar a desenvolver solucións.

Os gobernos xogan un papel moi importante para garantir que os custos da rehabilitación non recaian sobre os contribuíntes nin os concellos locais. En base ao principio contaminador-pagador, as compañías mineiras deberían de ser responsables de afrontar e cubrir os custos da degradación ambiental e facer que espazos antigamente utilizados para a minería e industrias relacionadas estean dispoñibles para usos futuros.

Tras a explotación dos recursos locais, que queda aos habitantes dunha antiga rexión mineira de carbón? Como se poderían solucionar problemas como a perda de postos de traballo?

As rexións mineiras de carbón son moi diferentes unas doutras, cada unha é única, coas súas capacidades e os seus desafíos. As perspectivas futuras dunha rexión dependen de moitos factores, incluíndo o tipo de carbón, o grao de urbanización, a prosperidade económica xeral da rexión e a existencia dun plan nacional de eliminación do carbón.

As estratexias de transición rexionais son básicas para preparar as rexións para un futuro sen carbón e afrontar as consecuencias do peche dunha mina ou dunha central. Estas estratexias teñen que ser dirixidas por todos os interesados da rexión afectada xa que os propios habitantes da rexión son os que mellor coñecen as súas fortalezas e debilidades e como queren ser no futuro.

Os estudos demostran que o potencial da enerxía renovable en moitas das rexións mineiras da UE é moi elevado xa que se benefician dunha infraestrutura xa existente, terreos, habilidades e herdanza industrial, o que pode crear mesmo máis postos de traballo que os perdidos no sector do carbón. Hai tamén exemplos de rexións que demostran como os investimentos verdes poden crear mesmo máis empregos que os que ofrece o sector do carbón. Por exemplo, unha combinación de investimentos en eficiencia enerxética de edificios, instalacións fotovoltaicas e produción de baterías para vehículos eléctricos poderían levar á creación de novos postos de traballo como na rexión mineira polaca de Belchatow.

Ten a UE programas para as rexións mineiras? Quen se beneficia deles?

A Plataforma para a Transición de Zonas de Minería de Carbón estableceuse en 2017 e aglutina a todas as rexións mineiras de Europa para que compartan as súas experiencias e exemplos a seguir na transición. A secretaría da plataforma tamén proporciona ferramentas e directrices para organizar os procesos de transición rexionais.

Baixo a presidencia de Ursula von der Leyen, a Comisión Europea ha convertido a Transición Xusta nunha prioridade política e propuxo a creación dun Mecanismo de Transición Xusta que inclúe un Fondo de Transición Xusta. O fondo abrirase a todos os estados membros para axudar a rexións con carbón, turba, lousa e actividades industriais intensivas relacionadas co carbón para recortar drasticamente as súas emisións pechando infraestruturas de combustibles fósiles. Este enfoque amplo é necesario xa que alcanzar a neutralidade de carbono implica que todos os estados membros reduzan as súas emisións en todos os sectores da economía como a enerxía, vivenda, transporte ou gandería.

Para recibir o financiamento, os estados membros teñen que preparar plans de transición rexionais, proceso que acaba de empezar iniciándose xa conversacións nalgunhas rexións nas que non se estaba levando a cabo ningún plan, o que é un gran logro aínda que queda por ver se o fondo axudará a que a UE sexa neutral en carbono en 2050 como moi tarde. Mentres que o fondo non obrigue aos países que o reciban a instaurar un plan de eliminación paulatina do carbón, mantense o risco de que non leve a cabo unha transición real. A cantidade investida no fondo e as súas modalidades negociaranse entre o Parlamento Europeo e os estados membros no Consello. Independentemente da cantidade final investida, hai tamén outros fondos no orzamento da UE para apoiar a transición enerxética das rexións mineiras da UE.

Referencias

  • [Informe da Comisión Europea] – EU Coal Regions Opportunities and Challenges Ahead
  • [Artigo do Rocky Mountain] – How to Retire Early Making Accelerated Coal Phaseout Feasible and Just
  • [Publicación de E3G] – A Just Transition for all or Just a Transition
  • [Publicación de Climate Analytics] – Implications of the Paris Agreement for Coal Use in the Power Sector
  • [Publicación Ember] – Just Transition or Just Talk?
  • [Noticias Comisión Europea] – Energy Transition can Provide Alternative for Jobs at Risk in Coal Regions
  • [Caso de estudo de Instrat] – Green jobs in coal regions. Case study: Bełchatów
  • [Comisión Europea] – EU Coal Region Resources
  • [Publicación E3G] – Briefing Summary. The Just Transition Fund: 4 Benchmarks for Success

Rebekka Popp

Rebekka é investigadora na oficina de Berlín de E3G. E3G é un think tank independente sobre cambio climático. O seu traballo céntrase na Transición Xusta cara á neutralidade de carbono na UE, en particular no sector do carbón e industrial. Co seu traballo quere reforzar o papel da Transición Xusta na lexislación europea e nos procesos políticos de Alemaña e países do Centro e Leste de Europa.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Gases Renovables Concienciación e eficiencia. Entrevista a Timothy Goodson >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}