• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 14 Xullo 2020

Enerxía e desenvolvemento

Continuamos ca liña editorial de 2020: desafíos polo clima. Retomamos cun novo colaborador un desafío económico á hora de transitar a un sistema enerxético sostible que xa tratamos  nun post anterior: enerxía para o desenvolvemento, sen pexar o avance das economías máis pobres. Falamos con Manuel García Domínguez, director de Smart Energy Concept para África Occidental, para que nos de o seu punto de vista acerca deste reto.

Cales son as principais diferenzas do sector enerxético en economías emerxentes en comparación con outras máis desenvoltas?

Tomemos Benín como exemplo. Como moitos países africanos a súa economía depende da exportación de materias primas, un ou dous produtos, neste caso do algodón e os anacardios. A xeración, transporte e venda de enerxía está controlada pola SBEE, sociedade estatal moi fráxil dende o punto de vista financeiro e de xestión.

O 85 % da enerxía do país é importada. E a produción propia baséase en combustibles fósiles. O estado das redes é moi pobre. Son abundantes os cortes e o 50 % da poboación non ten acceso ás redes. Ademais, ao ser importada, é cara.

Isto impide o desenvolvemento dunha industria téxtil propia nun país que depende fundamentalmente da exportación do algodón, a pesar de contar con factores competitivos claves como o acceso á materia prima, o custo da man de obra, unha posición xeográfica próxima aos mercados americanos e europeos, fronte aos grandes produtores asiáticos.

Outro factor endémico que considerar é a corrupción e a debilidade dos estados para garantir marcos xurídicos estables. Cabe sinalar tamén as carencias da banca local, cuxa percepción dos proxectos de enerxías renovables aínda non é entendida como unha necesidade senón como un luxo.

Estas circunstancias son extrapolables a practicamente todos os países de África occidental. A parte positiva é que se están liberalizando os mercados para aqueles lugares aos que non chegan as redes estatais. O reto é mobilizar financiamento internacional para impulsar o acceso da poboación á enerxía.

“Garantir o acceso a unha enerxía asequible, segura, sostible e moderna para todos” é un dos obxectivos de desenvolvemento sostible das Nacións Unidas. Que accións específicas se están levando a cabo a nivel mundial para acadar ese obxectivo?

No marco de África un xogador determinante está a ser a cooperación internacional institucional de Estados Unidos e Europa. Existen claras razóns xeoestratéxicas para que ambas as potencias apostasen polo soft-power da cooperación para garantirse a influencia na rexión e o acceso ás materias primas (O 80 % das reservas mundiais de coltán están en RDC, a bauxita en Guinea e así poderíamos continuar).

Isto estase traducindo en que todas as axencias de cooperación están a orientar a gran maioría dos recursos ao financiamento de proxectos de enerxías renovables. Exemplos: só en Benín a Cooperación Norteamericana, Millennium Challenge Agency (MCA), está financiando a custo perdido proxectos fotovoltaicos por valor de 375 M USD.

Sen embargo, o reto é atopar empresas que coñezan os mercados africanos e con capacidade para executar os proxectos en termos de calidade, custo e prazos. Outro exemplo, MCA dotou un programa similar en Senegal con 500 M USD e non foi capaz de executalo. Ao cabo de dous anos, MCA retirou o financiamento.

De que maneira a cooperación público-privada podería axudar a alcanzalo?

A liberalización do sector é un feito. A única diferenza entre os diferentes países é a velocidade de execución. A falta de recursos dos gobernos é endémica. O único camiño posible e que está empezando a desenvolverse é a cooperación-público privada a través de modelos BOT, BOO… Os marcos legais son cada vez máis sensibles a este tipo de cooperación dentro do mundo das renovables. A ONU, as axencias de cooperación… a aposta é moi importante.

Agora o reto está en atraer ao financiamento internacional e atopar empresas capaces de executar os proxectos. Desgraciadamente, as empresas españolas son grandes descoñecidas en África máis aló de colaboracións puntuais.

O desenvolvemento de enerxías renovables, pode ser motor de crecemento económico?

As enerxías renovables e as telecomunicacións son os dous factores críticos de éxito para o desenvolvemento económico e social. Un só exemplo; en África Central ás 19 horas é de noite. Como pode estudar un neno sen luz? As renovables van cambiar o perfil de África xunto cas telecomunicacións. Pensemos no que supón que 1000 millóns de cerebros teñan acceso á educación, a emprender… o que vai supoñer liberar toda esa capacidade de coñecemento para o desenvolvemento da humanidade.

Como afecta o acceso á electricidade ao desenvolvemento dos países?

A historia da humanidade está ligada á capacidade do home para xestionar a enerxía. Todo empezou co lume, a roda permitiu xestionar mellor a enerxía animal, o arado romano permitiu unha agricultura máis eficiente e creou o imperio romano. A eólica permitiu o descubrimento de América a través do desenvolvemento de embarcacións capaces como as carabelas que permitiron atravesar o Atlántico, o regulador de Watt e a revolución industrial, a enerxía nuclear…Todos os grandes imperios están ligados a grandes avances na xestión da enerxía, e tamén a súa caída. A evolución da humanidade pódese ler en clave de xestión da enerxía.

É divertido pensar que moita xente considera as enerxías renovables como algo novo. Pasamos do paleolítico ao neolítico cando aprendemos a utilizar mellor a enerxía do sol e da auga a través da agricultura intensiva. Os vikingos foron en realidade uns señores que aprenderon a ser máis eficientes na utilización da enerxía eólica e iso permitiulles saquear Europa. Don Quixote vía nos muíños a xigantes e quizais non estaba tan equivocado…

Manuel García

Manuel é Enxeñeiro Superior Industrial pola ETSII da UPM, MBA polo Instituto de empresa (IE), Máster en xestión das Telecomunicacións pola ETSIT da UPM e Diplomado en Estratexias e Políticas da Enerxía por Science Po (Paris). Traballou en grandes multinacionais e proxectos en Europa, América, África e países árabes exercendo postos de alta dirección. Na actualidade é director de Smart Energy Concept para África Occidental. Traballou como voluntario de Médicos sin Fronteiras durante 4 anos en diferentes países en guerra e epidemias.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Enerxía para o desenvolvemento Como abastecer unha gandería cunha microrrede >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2026
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}