• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 1 Agosto 2019

Estabilización de rede con baterías

Asumindo a función das plantas baseadas en combustibles fósiles

A capacidade instalada en proxectos de baterías conectadas aos nosos sistemas eléctricos multiplicouse por máis de 15 nos últimos 5 anos segundo a Axencia Internacional da Enerxía. Por que está a ocorrer? Existen dúas razóns fundamentais: por unha banda, a necesidade por parte dos sistemas eléctricos de que así sexa e por outro, os avances tecnolóxicos que fan que os sistemas de almacenamento, que combinan baterías con electrónica de potencia, sexan economicamente accesibles.

Os sistemas de almacenamento son un elemento clave para a transición enerxética, que nos leva dende fontes de enerxía como o carbón, gas natural ou nuclear, cara a fontes como a eólica ou fotovoltaica que carecen da posibilidade de modular a súa produción e escoller cando esta ocorre. A realidade técnica é que cada vatio adicional de eólica ou solar o sistema eléctrico require unha xestión máis complexa, que en caso de non producirse podería resultar nun corte da subministración. Isto ocorre porque os desequilibrios temporais entre produción e consumo son absorbidos pola inercia das masas rotativas nas nosas centrais convencionais, o que se manifesta en pequenas variacións de frecuencia. Cando as enerxías renovables desprazan ás convencionais o sistema perde parte da súa inercia e estas variacións son máis abruptas e difíciles de xestionar.

A presenza masiva de eólica e solar nas redes requirirá, e xa require, accións adicionais sobre as propias redes para asegurar a capacidade destas de manterse en equilibrio. Unha das formas de que redes con alta presenza de eólica e solar sexan capaces de operar de forma equilibrada é a presenza de sistemas de almacenamento que absorben de forma instantánea excedentes ou compensan a falta de produción renovable. Esa é unha das funcións do proxecto Hornsdale Power Reserve, no Sur de Australia, construído por Tesla e que representa unha capacidade de almacenamento de 129 MWh, capaz de entregar ata 100 MW cada instante. O servizo de equilibrado que este sistema de almacenamento presta á rede eléctrica australiana está remunerado polo operador, xerando ingresos para a compañía propietaria. Sen dúbida un marco retributivo adecuado como o que permitiu implantar este sistema en Australia é clave para a aparición destes proxectos en países nos que a penetración de fontes renovables como solar ou eólica está en crecemento.

Non pensemos que a única forma na que o almacenamento contribuirá a posibilitar unha gran presenza de renovables son os grandes sistemas de baterías. Nun futuro próximo numerosas industrias contarán con sistemas de almacenamento, mesmo o farán os particulares, sexa a través de baterías parte dos seus sistemas de autoconsumo ou a través das baterías dos seus vehículos eléctricos. A agregación de todos estes pequenos sistemas de almacenamento e a súa operación coordinada será fundamental para asegurar o equilibrio entre xeración e demanda nun mundo no que afortunadamente teremos moitas máis renovables contribuíndo á xeración de enerxía.

Por tanto, poñamos un ollo en ter moitas máis fontes de xeración renovable, pero non deixemos de poñer outro nos sistemas de almacenamento que o farán tecnicamente factible.

Queres saber por que están a ter éxito os sistemas de almacenamento con baterías? Entra no noso blogue nuns días e poderás ler un post completo respecto diso escrito polo noso experto Gerardo Medrano!

Gerardo Medrano Arana

Gerardo é enxeñeiro industrial especializado en teoría de control e sistemas eléctricos. Forma parte do grupo de Electrónica de Potencia de Norvento onde colabora no desenvolvemento de convertidores para baterías e aeroxeradores. Traballou tamén con outros fabricantes en España, Alemaña e Australia en tarefas de deseño e conexión a rede. Contacta con Gerardo

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Xeración distribuida e intelixente O éxito dos sistemas de almacenamento con baterías >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2026
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}