• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 29 Maio 2024

Estamos preparados?

Eventos climáticos disruptivos

O cambio climático é, sen dúbida, un dos retos máis apremiantes do noso tempo. A acumulación constante de gases de efecto invernadoiro na atmosfera, principalmente CO2, está levando a cambios drásticos no noso clima, presentando unha serie de elementos climáticos disruptivos que impactarán nas nosas vidas nas próximas décadas. A nosa relación co clima é máis estreita do que poida parecer en principio, xa que todo o noso sistema alimentario, os nosos propios ritmos circadianos e as relacións sociais e culturais, como certas celebracións, baséanse en sistemas máis ou menos estables ao longo de décadas e séculos. Todo isto está a cambiar e obríganos a entender o valor real deste cambio. Imos tentar expoñer estes fenómenos, ofrecendo exemplos históricos e discutindo posibles solucións para un futuro máis sostible.

Aumento das Temperaturas Globais.

Un dos efectos máis notorios e amplamente discutidos do cambio climático é o aumento das temperaturas globais. Dende a era preindustrial, a temperatura media global aumentou aproximadamente 1,1°C, segundo o Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático (IPCC). E as proxeccións non son alentadoras: se non se toman medidas significativas, poderiamos ver un incremento de ata 4°C para finais deste século (IPCC, 2018). Este aumento de temperatura non é só un número nun gráfico; os seus efectos son palpables e devastadores. As ondas de calor son máis intensas e frecuentes, os glaciares e capas de xeo estanse derritindo a ritmos alarmantes, e os incendios forestais estanse volvendo máis comúns e destrutivos. A onda de calor de 2003 en Europa, por exemplo, foi unha traxedia que se cobrou a vida de máis de 70,000 persoas (Robine et al., 2008).

E a afectación á nosa contorna non é menor: o blanqueamento dos corais, que proporcionan o 25% da diversidade mariña, con só o 1% da superficie dos océanos, é un problema moi grave. Ademais, as zonas costeiras limítrofes aliméntanse dos peixes que viven nelas, e a relación coa economía, o turismo e a propia cadea trófica pon en perigo a vida destas rexións, afectando a seguridade de millóns de persoas que viven en zonas costeiras e para a integridade de infraestruturas e hábitats terrestres adxacentes.

Gráfica 1. Variación de temperaturas globais. Ano 2020. Fonte: Ed Hawkins profesor de Ciencias Climáticas na Universidade de Reading, tamén en portada de The Guardian.

Esta imaxe representa as temperaturas rexistradas desde 1850 (rexistros con termómetros da época e onde empeza a industrialización con combustibles fósiles) ata 2019, na cal se poden ver como a cor pasa dun azul máis escuro, relativo a temperaturas máis baixas da media global, a un vermello intenso co aumento dos rexistros por encima da media.

Historicamente, houbo períodos de temperaturas máis cálidas, como o Óptimo Climático Medieval (aproximadamente 950-1250 AD). Con todo, estas variacións eran rexionais e non comparables en magnitude nin no impacto global aos cambios que enfrontamos hoxe. A diferenza agora é a velocidade e a escala global do quecemento, impulsado por actividades humanas, ratificado ano tras ano cun consenso científico do 98% dos estudos gobernamentais emitidos (IPCC, 2023).

Patróns de precipitacións alterados.

O cambio climático tamén está a alterar os patróns de precipitación ao redor do mundo. Como sinalou o climatólogo Kevin Trenberth, “os patróns de precipitación están a cambiar, e podemos esperar ver máis securas e máis inundacións” (Conferencia da AMS, 2013). Un exemplo histórico é a “Dust Bowl” da década de 1930 en Estados Unidos, unha serie de securas prolongadas que devastaron a rexión central do país, desprazando a miles de persoas e causando enormes perdas económicas. Este tipo de eventos, exacerbados polo cambio climático, poden volverse máis frecuentes e severos.

Os cambios nos patróns de precipitación afectan a dispoñibilidade de auga doce, a agricultura e a biodiversidade. O ciclón Idai, que golpeou o sueste de África en 2019, é un exemplo recente de como as alteracións nas precipitacións poden desencadear desastres humanitarios (OMM, 2019). Este ciclón causou inundacións severas e desprazou a millóns de persoas, subliñando a vulnerabilidade de moitas rexións a estes cambios extremos. Esta dispoñibilidade da auga afecta á alimentación planetaria, xa que o ciclo da auga non se pode cambiar. Opcións como a desalinización do mar requiren de inxentes cantidades de enerxía, e uns custos asociados que ao final encarecen os propios alimentos, chegando a provocar desequilibrios territoriais e transnacionales. O concepto de guerra pola auga tan propio de distopías cinematográficas de blockbusteres, é un factor estudado hoxe en día como posible. Isto recóllese no último informe mundial sobre o desenvolvemento dos recursos hídricos de 2024 das Nacións Unidas, publicado pola UNESCO en nome de ONU-Auga, que sinala que as tensións relacionadas coa auga exacerban os conflitos a escala mundial. Para preservar a paz, os Estados deben fortalecer a cooperación internacional e os acordos transfronteirizos.

Derretimento das capas de xeo no mundo.

O derretimiento das capas de xeo e a expansión térmica da auga debido ao quecemento están a provocar un aumento do nivel do mar. A NASA informa que desde 1880 este subiu aproximadamente 20 centímetros, e as proxeccións indican que continuará aumentando significativamente (NASA, 2019). Para entender o impacto potencial, podemos mirar cara atrás, ata o final da última era glacial, fai uns 12.000 anos, cando o derretimiento dos glaciares levou a un aumento significativo do nivel do mar, transformando a xeografía global. Hoxe, moitas cidades costeiras, como Venecia e Miami, xa enfrontan inundacións regulares e proxectan desafíos aínda maiores no futuro (IPCC, 2019).

O aumento do nivel do mar ameaza con desprazar a millóns de persoas, destruír infraestrutura costeira e alterar ecosistemas mariños. As comunidades costeiras de todo o mundo atópanse en primeira liña deste cambio, e sen unha acción significativa, moitas áreas poderían volverse inhabitables nas próximas décadas. E máis aspectos que o xeo esconde, como reservas de metano que poden quentar aínda máis a atmosfera, ou a exposición da roca escura oculta tras o xeo branco. Isto aumentaría a temperatura ao quentarse máis e entrariamos nun círculo vicioso de aumento de temperaturas, agravando o problema.

Os anos 2021 e 2022 estiveron marcados por unha perda masiva de glaciares de montaña, superando nun 20% os rexistros da década anterior. Observouse unha perda case irreversible de 200.000 glaciares en Europa, África, Oceanía, Asia e América. Polo menos a metade destes glaciares poderían desaparecer para o ano 2100.

Gráfica 2. Cambio nas capas de xeo e extensión do Ártico, ano 2015. Fonte: Centro de voo espacial Goddard da NASA.

Eventos climáticos disruptivos e anormais.

O cambio climático está a intensificar fenómenos meteorolóxicos extremos como furacáns, tormentas e ondas de calor. Segundo o climatólogo Michael Mann, “estamos a ver furacáns máis intensos e destrutivos debido ao quecemento global” (Mann, Conferencia da AGU, 2017). O furacán Katrina de 2005 é un recordatorio da devastación que un só evento pode causar. Este furacán resultou en máis de 1.800 mortes e danos económicos estimados en 125 mil millóns de dólares (NOAA, 2005). Co quecemento global, a frecuencia e a intensidade destas tormentas están en aumento, o que representa unha ameaza crecente para as comunidades en todo o mundo.

Ademais da perda de vidas e a destrución de infraestrutura, estes eventos extremos poden provocar crises humanitarias e desprazamentos masivos de poboación. A intensificación destes fenómenos representa unha ameaza constante e omnipresente, que require de estratexias de mitigación e adaptación a longo prazo. Pero, dispoñemos de solucións para enfrontarnos a eles? A pesar destes desafíos, hai moitas accións que podemos tomar para mitigar os efectos do cambio climático e adaptarnos ás súas inevitables consecuencias. Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro é crucial. A transición cara a enerxías renovables, como a solar e a eólica, é esencial para diminuír a nosa dependencia dos combustibles fósiles. Ademais, a electrificación do transporte e a mellora da eficiencia enerxética en edificios poden contribuír significativamente á redución de emisións.

Para adaptarnos aos cambios inevitables, necesitamos construír infraestruturas resilientes. Isto inclúe a construción de diques e barreiras contra inundacións, así como a implementación de sistemas de alerta temperá para eventos extremos. As cidades e comunidades deben planificar e prepararse para os impactos do cambio climático.

A reforestación e a protección de ecosistemas naturais son estratexias efectivas para mitigar o cambio climático. Os bosques actúan como sumidoiros de carbono, e a súa protección é vital para manter o equilibrio do carbono na atmosfera. Iniciativas de reforestación e conservación de bosques poden desempeñar un papel crucial na loita contra o cambio climático.

Aumentar a conciencia pública e educar ás novas xeracións sobre a importancia da sustentabilidade e o cambio climático é fundamental. Programas educativos e campañas de concienciación poden fomentar comportamentos máis sostibles e un maior apoio ás políticas de mitigación e adaptación.

A cooperación internacional e a implementación de políticas globais, como o Acordo de París, son esenciais para abordar o cambio climático de maneira efectiva. Os gobernos deben traballar xuntos para establecer e cumprir obxectivos de redución de emisións e promover un desenvolvemento sostible.

O cambio climático presenta desafíos significativos que afectarán ás nosas vidas nas próximas décadas. Dende o aumento das temperaturas e o nivel do mar ata os cambios nos patróns de precipitación e fenómenos meteorolóxicos extremos, é crucial que tomemos medidas para mitigar estes efectos e adaptarnos aos cambios inevitables. Só a través dunha combinación de mitigación, adaptación e cooperación global poderemos enfrontar estes desafíos e asegurar un futuro sostible para as xeracións vindeiras.

Referencias

IPCC. (2018). Special Report on Global Warming of 1.5°C.

Robine, J. M., et al. (2008). “Death toll exceeded 70,000 in Europe during the summer of 2003.” C. R. Biologies.

Conferencia da AMS. (2013). Declaracións de Kevin Trenberth.

OMM. (2019). Report on Cyclone Idai.

NASA. (2019). Sea Level Change Data.

Mann, M. (2017). Statements at the AGU Conference.

NOAA. (2005). Report on Hurricane Katrina.

IPCC. (2019). Special Report on the Ocean and Cryosphere in a Changing Climate.


Departamento de Medio Ambiente de Norvento Enerxía

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Todos a unha Outside the Earth >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}