• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 12 Febreiro 2019

Parques eólicos flotantes a gran escala

Enerxía barata e constante sen impacto visual dende terra

A ninguén se lle escapa que o potencial do vento existente sobre a superficie do mar deberá ser aproveitado se queremos un futuro enerxético moito máis renovable. A existencia de bos emprazamentos en terra en termos de recurso eólico dispoñible para novos parques é limitada, ao que se pode engadir que o vento no mar adoita ser máis constante e presentar un fluxo máis laminar. Non obstante, nalgúns países, como é o caso de España, a profundidade do leito mariño crece moi rápido ao saír ao mar, o que fai imposible cimentar un aeroxerador nel.

É por iso polo que expertos de numerosas disciplinas están a avanzar no desenvolvemento de sistemas flotantes para extraer enerxía eólica. Existen varios proxectos de I+D onde empresas, universidades e centros de investigación traballan xuntos para conseguir plena viabilidade económica da eólica offshore flotante, isto é que produza electricidade polo menos igual de barata que outras fontes renovables. Algúns deles recibiron e reciben soporte financeiro por parte de Demowind 1 e 2, que distribúe fondos do programa Horizonte 2020 da Unión Europea.

Un dos cabalos de batalla fundamentais é o sistema empregado para xerar flotabilidade. Un deseño óptimo debe conseguir estabilidade para o aeroxerador, insensibilidade á ondada, lonxevidade, e por suposto economía na súa fabricación e despregamento. Existen distintos conceptos de plataforma flotante, como a desenvolta por Flowocean, a de Ideol, ou a de X1 Wind. O deseño patentado por Flowocean consiste nunha plataforma que sostén dous aeroxeradores simultaneamente, que é semisumerxible e que utiliza tecnoloxía TLP (Tension Leg Plataform).

https://www.youtube.com/embed/Fw-u9P2V1Vk?enablejsapi=1&wmode=opaque

Pola súa banda a plataforma de Ideol, que pode ser construída en formigón ou aceiro en localizacións próximas á planta, ten forma de anel e permite sen modificacións soportar todo tipo de turbinas eólicas. Finalmente, destacar a patente X1 Wind, cuxa idea conceptual é do enxeñeiro español Carlos Casanova e que consiste nunha plataforma moi lixeira (tamén semisumerxible e con TLP), que evita o uso de torres nos aeroxeradores e na que o vento que incide sobre as pas do aeroxerador faino por detrás (downwind). Este innovador proxecto, que recibiu fondos do programa Horizonte 2020 e que está apoiado por InnoEnergy, ten previsto despregar un prototipo na costa de Gran Canaria.

https://www.youtube.com/embed/U-7WBA4hBp0?enablejsapi=1&wmode=opaque

Para abaratar as devanditas plataformas flotantes é clave reducir a masa dos aeroxeradores. Iso require optimizar o deseño destes, nalgúns casos pasando por novas tecnoloxías, por exemplo a que se desenvolve no proxecto Compact Holistic Efficient Floating Turbine, liderado pola empresa británica Magnomatics e no que Norvento participa achegando o seu coñecemento no deseño e proba de xeradores eléctricos. Neste caso, a tecnoloxía é altamente disruptiva e podería reducir a masa do xerador eléctrico drasticamente, reducindo esixencias estruturais doutros elementos como o chasis ou a torre e polo tanto alixeirando tamén estes.

Aínda que con moitos proxectos en camiño, existen a día de hoxe unicamente uns poucos exemplos de parques de enerxía eólica off-shore flotante no mundo, como o de Fukushima, ou o de Hywind Scotland, este último cun asombroso factor de capacidade do parque do 65%. Algúns expertos vaticinan que chegará de forma comercial ás nosas costas en 2025, e auguramos un enorme percorrido con vastas extensións de mar cubertas por aeroxeradores e sen apenas, ou ningún, impacto visual nas nosas costas. Enerxía barata e inocua para o consumidor.

Inmaculada Saboya Bautista

Inmaculada é Doutora en Enxeñería pola Universidade Pontificia de Comillas e membro do equipo de Microrredes de Norvento. Contacta con Inmaculada

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Conexión de xeradores e o Código de Rede Europeo Cinco pasos a seguir (dende abril!) para asegurar que as renovables cumplan parte do novo código de rede >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}