• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 1 Agosto 2018

Redes intelixentes e Internet das cousas

Optimizará a xestión dos activos de xeración, transporte e distribución existentes, maximizando a súa produtividade e vida útil

Se botamos a vista atrás darémonos conta de que a maior parte das redes eléctricas en Europa teñen máis de 30 anos e foron construídas baixo a premisa de fluxos de enerxía que circulaban dende as grandes centrais ata o consumidor. Fluxos circulando unidireccionalmente. O sistema eléctrico así concibido funcionou ao longo dos anos de forma moi eficiente e cuns índices de calidade elevados. Sen embargo, nos últimos anos atopámonos inmersos nun profundo cambio, un cambio de paradigma do sistema eléctrico. Poderiamos chegar a dicir que estamos nunha auténtica revolución. Se analizamos cales son as causas que nos están levando a estes cambios atopámonos que sobre o que pivota a transformación do sistema está baseado na necesidade de protexer ao planeta, reducindo as emisións de efecto invernadoiro e a necesidade de utilizar fontes de enerxía alternativas, limpas e inesgotables. É dicir, conseguir un sistema enerxético low-carbon. E este gran obxectivo supuxo o punto de inicio para que a maioría dos países empecen a adoptar unha serie de medidas e cambios que permitan alcanzar os obxectivos previstos.

As redes intelixentes ou Smart Grids son unha condición necesaria para poder cumprir cos obxectivos de penetración das enerxías renovables, así como a integración de novos axentes no sistema como pode ser o vehículo eléctrico ou sistemas de almacenamento. E que é unha rede intelixente? É aquela que é capaz de integrar e coordinar de forma eficiente as necesidades e comportamento de todos os xeradores, operadores de rede e usuarios finais. É dicir, pasamos dese modelo unidireccional inicial a un sistema bidireccional onde os fluxos de enerxía circulan tanto do xerador ao consumidor como viceversa. Este novo esquema lévanos á aparición de novos roles para os cidadáns como é a de prosumidores (a unión de produtor e consumidor). É dicir, pasamos de ser meros consumidores pasivos a poder participar no sistema como elementos activos da rede. Na opinión da UE esta figura permitirá aos consumidores participar directamente na obtención da súa subministración enerxética a partir de fontes renovables.

Para poder conseguilo, é necesario implantar unha serie de avances tecnolóxicos tanto a nivel dos elementos que compoñen a rede como no que se refire ás tecnoloxías de comunicación. As infraestruturas eléctricas terán que dispoñer de elementos que permitan mellorar o control sobre as redes de transporte e distribución, así como sistemas avanzados de medición como, por exemplo, os contadores intelixentes ou Smart Meters cuxa implantación a nivel nacional está a realizarse na actualidade. Outro elemento clave é o referente á xestión enerxética. O desenvolvemento e implantación de sistemas intelixentes de xestión permitirán operar o sistema da forma máis eficiente, non só a nivel de sistema global senón a nivel de usuario. Por exemplo, poderemos coñecer o prezo da electricidade en cada momento o que nos permitirá adoptar medidas de eficiencia enerxética. O impacto que o Internet das Cousas (IoT) xa está a ter no sector enerxético é similar ao que está a ter noutros sectores industriais. Segundo Rifkin no seu libro The Zero Marxinal Cost Society o IoT permitirá a converxencia da enerxía, as comunicacións e o transporte.

Resumindo: considero que as redes intelixentes contribuirán a conseguir os 3D: Descarbonización, Descentralización e Dixitalización. Espérase que as redes intelixentes se desenvolvan de maneira considerable durante esta década. Algúns analistas predín que en 2020 multiplicaranse por 3,5 os investimentos en Smart Grids respecto ás realizadas en 2012 e conseguirase pasar da venda exclusiva de kWh a proporcionar produtos e servizos enerxéticos.

Entrando lixeiramente en aspectos máis técnicos e simplemente a modo de apuntamento, as microrredes son parte do concepto de redes intelixentes. A modo de analoxía considero ás microrredes como o primeiro chanzo no concepto de Smart Grid. O CERTS define a microrrede como unha agregación de cargas (incluíndo polígonos industriais, parques tecnolóxicos, grandes centros de lecer e zonas urbanas ou rurais, etc.) e microxeradores operando como un sistema único que abastece tanto enerxía eléctrica como térmica. É dicir, unha microrrede estará formada por fontes de xeración (renovables principalmente), sistemas de almacenamento de enerxía e cargas conectadas que poden funcionar tanto de forma conectada á rede como de forma illada. O desenvolvemento e implantación de microrredes, ademais de incrementar o índice de penetración das enerxías renovables no sistema eléctrico, conlevará múltiples vantaxes sobre o panorama enerxético actual. O emprego de microrredes de forma extensiva favorecerá a redución das perdas por transmisión de enerxía, grazas ao achegamento dos sistemas de xeración aos puntos de consumo. As microrredes ademais introducen nas redes locais de media tensión sistemas de xeración propios, de maneira que cunha correcta formulación dos criterios de control internos conseguirase un comportamento máis estable e eficiente da rede local. Por último, a nivel dos consumidores asociados á microrrede foméntase a independencia enerxética dos mesmos, aspecto que repercute positivamente na factura eléctrica.

Imaxe – Microgrid Atenea do CENER

Mónica Aguado Alonso

Dra. Enxeñeira Industrial. Directora do Departamento de Integración en Rede do Centro Nacional de Enerxías Renovables (CENER). Más de 20 anos de experiencia investigadora tanto a nivel nacional como internacional en proxectos de I+D tanto no ámbito privado como público. A súa actividade investigadora centrouse nos sistemas eléctricos de potencia tanto dende a perspectiva do comportamento do mesmo en réxime transitorio como da problemática da integración en rede das enerxías renovables incluíndo os sistemas de almacenamento e as redes intelixentes. Liderou e participou en numerosos proxectos de I+D. Durante estes anos desenvolveu o seu labor profesional tanto no sector privado como no público. Compaxinou o seu labor como Profesora Titular da área de Enxeñería Eléctrica da Universidade Pública de Navarra coa dirección do Departamento de Integración en Rede de CENER.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Big data, I.A. e hiperconectividade Transmisión inalámbrica de electricidade >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}