• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 9 Maio 2024

Todos a unha

Sociedade, enerxía e futuro

Avanzando cara a un Futuro Sostible: Desafíos e Oportunidades na Transición Enerxética

Na encrucillada existente entre os avances da sociedade moderna e o cuidado do medio ambiente, erixiuse un desafío monumental: a transición cara a un futuro enerxético sostible. Este imperativo global esíxenos reconsiderar a nosa relación coa enerxía, redefinir as nosas prácticas e repensar o noso papel na preservación do planeta.

A adopción masiva de fontes de enerxía renovable, como a solar e eólica, é fundamental para reducir a nosa dependencia dos combustibles fósiles e mitigar os efectos da acción humana. Esta interacción co noso planeta pon en risco os propios límites planetarios. Este concepto desenvolto en 2009 por un grupo de científicos dirixidos por Johan Rockström, director do Stockholm Resilience Centre, e Will Steffen, investigador principal no Australian National University; describe os nove procesos biofísicos fundamentais que regulan o funcionamento do sistema terrestre e que, unha vez cruzados, poderían poñer en perigo a estabilidade da contorna planetaria. Estes límites representan os limiares a partir dos cales existe un risco significativo dun cambio abrupto e irreversible no sistema da Terra, o que podería resultar en condicións ambientais menos favorables para o desenvolvemento humano e a vida en xeral. E o cambio climático só é un deles. Ademais de este, e a perda de biodiversidade, hai indicios de que estamos preto de superar outros límites, como a acidificación dos océanos, a alteración do ciclo do nitróxeno e o fósforo, e a perda da capa de ozono estratosférico.

Imaxe 1. Límites planetarios Fonte: Nature (Nature) ISSN 1476-4687

Todos os cambios necesarios para conseguir avanzar como civilización, e pasar a unha neutralidade climática respecto ao consumo, uso e obtención da enerxía, require uns cambios profundos e que nos enfoquen a unha sustentabilidade real da humanidade no noso planeta azul.

Sen embargo, este camiño cara á sustentabilidade non está exento de obstáculos. Un dos principais desafíos que enfrontamos é a resistencia e os conflitos asociados coa implantación de infraestruturas renovables. A oposición local, as preocupacións estéticas e os desafíos regulatorios poden obstaculizar o progreso, pero non poden detelo. É crucial abordar estas preocupacións con empatía, transparencia e compromiso, involucrando ás comunidades no proceso de toma de decisións e brindando información clara sobre os beneficios a longo prazo da enerxía limpa.

Exemplos do chamado “NIMBY” polo seu acrónimo en inglés (not in my backyard) nacido nos 80 en Estados Unidos coa relación dos residuos nucleares, hoxe afecta á implantación de renovables. Esta oposición de comunidades locais afectadas por proxectos, principalmente eólicos, leva á confrontación en canto á localización, pero non se produce unha oposición propiamente dita á tecnoloxía. Prodúcese por motivos ambientais, de impacto estético ou de costume de uso dunha zona concreta, que afecta a esa comunidade. As medidas para xestionar estes conflitos derivados de relacións coa incidencia económica, a participación na concesión de permisos, son fundamentalmente traballar os vínculos con estas comunidades antes da execución do proxecto, poñer sobre a mesa os seus intereses en reunións e debates cos promotores, e facer un bo seguimento da información local e en liña, evitando as famosas e omnipresentes fakenews.

Ademais, a transición enerxética require unha revisión profunda dos nosos sistemas e estruturas existentes. Os gobernos deben comprometerse con políticas audaces que fomenten o investimento en enerxías renovables, promovan a eficiencia enerxética e establezan obxectivos ambiciosos de redución de emisións. É imperativo que as institucións gobernamentais traballen en colaboración co sector privado, a sociedade civil e a comunidade científica para desenvolver estratexias integrais e coordinadas que impulsen o cambio a escala global.

Pero máis aló dos cambios nas estruturas executivas, a transición cara a un futuro sostible tamén esixe unha transformación cultural e do pensamento. Como sociedade, debemos adoptar un enfoque holístico cara á enerxía, recoñecendo a súa interconexión con todos os aspectos das nosas vidas. Desde as nosas eleccións individuais ata as nosas políticas colectivas, cada acción conta na construción dun mundo máis limpo e equitativo. Ao estar inmersos nesta transición, debemos tomar conciencia da necesidade dun cambio de paradigma, rápido e buscando a substitución e electrificación cada vez maior do noso sistema enerxético, xa que esas son as vías máis eficaces para baixar o noso ritmo de produción de gases de efecto invernadoiro. Pero, ademais dun cambio tecnolóxico e de sistema, debemos implantar eses cambios na consciencia colectiva.

Todo é enerxía, os nosos desprazamentos, o consumo das nosas casas e elementos tecnolóxicos. Actualmente o 56% da poboación mundial vive en cidades e concéntrase cada vez máis en grupos de poboación en crecemento. De acordo con datos da ONU en 2050, máis do 66% dos 10.000 millóns de persoas que poboarán o planeta farano en grandes urbes. As novas realidades en canto á organización urbana demostran que as cidades sostibles do futuro deberán organizarse en torno a un uso reducido de vehículos privados, con máis zonas verdes e mellores conexións de transporte público. Un enfoque que pasou a estar de plena actualidade durante a pandemia de Covid-19 en 2020, na cal nos vimos expostos á redución do acceso a certos servizos básicos.

Xa existen modelos reales de este planteamento. Un exemplo é a cidade de Portland, en Estados Unidos. A caída dun 20% do tráfico rodado tras a implementación dun perímetro de 20 minutos de acceso ás principais interconexións diarias dos cidadáns, levou ao incremento de 1.200 millóns de dólares no comercio local, e un descenso no consumo enerxético de combustibles fósiles (con unha importante redución de emisións asociada).

Imaxe 2. Esquema da cidade de 15 minutos. Fonte: nómada urbana

E que futuro buscamos neste camiño?

As sociedades do futuro serán probablemente tan distintas á actual, como agora nos parecen as do pasado. Cambios na cultura e na política, nas relacións supranacionais e no noso día a día. Pero temos por seguro que o futuro é net zero, e a neutralidade climática, un dos piares da humanidade que vén, por unha cuestión de pura supervivencia da nosa especie. Hoxe vivimos os primeiros pasos de esta transición enerxética, pero o futuro pode achegar novas solucións e tecnoloxías que nos axuden a cambiar materiais escasos e complexos, por novos materiais que se integren nunha economía circular e que permitan avanzar a modelos enerxéticos o menos contaminantes posible. Ata entón debemos aceptar a nosa realidade actual e proxectar os cambios, coas súas estratexias a longo prazo, pero aplicando solucións gradualmente, cambiando os combustibles fósiles por outras vías de obtención de enerxía, fundamentalmente eléctrica, e transixindo cara a unha convivencia con unha realidade social de cambio e adaptación.

É hora de actuar con determinación e visión, porque o futuro do noso planeta depende diso.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Smart Grids Estamos preparados? >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}