• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 11 Decembro 2017

Un mundo de enerxía imperceptible

Parte da nosa contorna, asumindo a súa esencia sen alteralo.

Podemos considerar a segunda metade do século XX como a da exuberancia da escala no que se refire a enerxía. A escala vai asociada ao impacto: visual, social, demográfico ou ambiental. E é que a xeración de enerxía produciuse en grandes centrais que, aínda que afastadas en xeral dos núcleos urbanos, necesitan grandes superficies para o seu despregamento. A enerxía producida por estas plantas transmítese a través de liñas de alta tensión que ocuparon as nosas paisaxes durante anos.

Aínda que a xeración distribuída asoma aínda timidamente como cambio de paradigma, os desenvolvementos tecnolóxicos centráronse na redución do custo da enerxía, aínda que a medida que este empeza a ser máis e máis baixo os proxectos enfróntanse a outros requisitos. Arquitectos, enxeñeiros e científicos traballan a distintos niveis en conseguir un paso máis: que as fontes de xeración se camuflen coa contorna e mesmo que a transmisión de enerxía sexa invisible.

A fotovoltaica integrada en edificios, coñecida como BIPV polas súas siglas en inglés (Building-Integrated Photovoltaics), xa é unha realidade dende hai décadas. Con todo, as tecnoloxías relacionadas evolucionan constantemente en busca de solucións máis funcionais, económicas, eficientes e que consigan camuflarse mellor na contorna. Entre esas solucións innovadoras atópanse as células solares altamente transparentes. Nesa liña, investigadores da Universidade Estatal de Michigan desenvolveron un concentrador solar luminiscente transparente capaz de producir enerxía sen interromper a vista. Esta solución, aínda nun período temperán de desenvolvemento, podería implementarse nun futuro en xanelas de edificios, coches ou en pantallas de dispositivos electrónicos como teléfonos móbiles.

Xa son realidade tamén aplicacións relacionadas coa transmisión de enerxía de maneira imperceptible á vista. A empresa WiTricity comercializa tecnoloxía de transmisión de enerxía eléctrica sen cables baseada no axuste resonante de dous dispositivos, de acordo a desenvolvementos do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT). Entre as súas aplicacións atópanse a recarga de vehículos eléctricos, a recarga de compoñentes electrónicos como ordenadores e teléfonos móbiles e a industria médica ou militar. Imaxinas un mundo con subministración inalámbrica e ubicuo de electricidade?

Sobre esta e sobre outras tecnoloxías disruptivas trataremos no noso blogue durante 2018.

Inmaculada Saboya Bautista

Inmaculada é Doutora en Enerxía Eléctrica pola Universidade Pontificia de Comillas e membro do equipo de Microrredes de Norvento. Contacta con Inmaculada

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Enerxía sen ataduras Nanotecnoloxía e grafeno >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}