• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 31 Marzo 2021

Ventaxas dos aeroxeradores de media potencia

Os aeroxeradores de media potencia, polas súas características técnicas pódense integrar facilmente en diversos proxectos de xeración de enerxías renovables, proxectos de autoconsumo e xeración distribuida, sempre e cando se den unhas condicións de vento óptimas. Este tipo de aeroxeradores non superan os 100 KW de potencia e poden operar tanto conectados á rede de distribución, a redes febles, en sistemas off-gris desconectados da rede, como parte dunha microrrede ou rede eléctrica intelixente ou operando en sistemas híbridos con outras tecnoloxías como fotovoltaica, biogás, diésel con ou sen sistemas de almacenamento, etc.

Norvento desenvolve e fabrica o seu propio aeroxerador de media potencia, nED100, de 100 kW que integra os últimos avances da tecnoloxía eólica e está especialmente deseñado para adaptarse aos requerimientos específicos da xeración distribuida. Entre as posibles aplicacións nas que se pode integrar este tipo de tecnoloxía, encontramos as seguintes:

Empresas

nED100 pódese instalar en calquera empresa con altos consumos eléctricos: explotacións agropecuarias, empresas mineiras, electrolineiras, empresas do sector hostaleiro e industrial, centros comerciais, centros educativos, etc. Xerar parte da súa demanda eléctrica permítelles diversificar os ingresos debido ao aforro na factura eléctrica, mellorar as ratios de eficiencia e competitividade dos seus produtos ou servizos no mercado e mellorar a súa imaxe corporativa.

Imaxe 1 | Aeroxerador nED100 instalado nunha explotación agropecuaria en Reino Unido

Polígonos Industriais

Os polígonos industriais son os espazos idóneos para seguir impulsando a transformación do modelo enerxético actual cara un modelo máis distribuido xa que neles emprázanse os grandes consumidores de enerxía. O uso de aeroxeradores como nED100 permite paliar a saturación do sistema ante demandas crecentes de enerxía eléctrica –grazas ao seu avanzado sistema de regulación e control–. A súa integración nas áreas onde se encontra a maior actividade industrial adoita ter un reducido impacto ambiental e favorece a redución dos custos da enerxía, a competitividade industrial, a sostenibilidade e a dependencia enerxética da industria. Así mesmo, fomenta a economía circular ao aproveitar todos os recursos dispoñibles e o desenvolvemento local participativo.

Imaxe 2 | Aeroxerador nED100 no Polígono Industrial As Gándaras, Lugo

Comunidades illadas

Adoita tratarse de emprazamentos sen acceso á rede eléctrica ou con acceso a redes de moi baixa calidade e caras, polo xeral, moi dependentes de combustibles fósiles e con climas extremos. A maioría das necesidades enerxéticas proceden de pequenas poblacións e industrias situadas en rexións de países en vías de desenvolvemento, en illas ou en ubicacións illadas de rexións máis desenvolvidas. A limitación de acceso e a pouca dispoñibilidade de maquinaria para executar os proxectos conleva que se requiran tecnoloxías de fácil montaxe e mantemento para acadar levar a cabo proxectos máis rentables. Neste aspecto, Norvento está inmerso nun proxecto de I+D+i, xunto con outras empresas, para desenvolver solucións capaces de facilitar a implantación de enerxía renovable nas rexións que haxa escaseza de medios loxísticos. Entre estas solucións encóntrase a execución dun sistema de celosía autoelevable capaz de permitir o izado da totalidade dos compoñentes do aeroxerador nED100 e así eliminar a necesidade e o emprego de guindastres para a súa instalación completa.

Imagen 3 | Sistema de celosía autoelevable capaz de permitir o izado da totalidade dos compoñentes do aeroxerador nED100

Solucións como nED100, de fácil instalación e mantemento e especialmente deseñado para soportar climas extremos – pode soportar temperaturas dende os -10ºC ata os 40ºC, ráfagas máximas de vento de 52,2-59,5m/s e uns niveis de humidade ≤95% –, permiten o acceso á enerxía eléctrica a estas rexións con infraestruturas eléctricas deficientes sen necesidade de desenvolver ou expandir as infraestructuras de distribución existentes. Polo seu deseño e características técnicas é capaz de mellorar a calidade e seguridade do suministro eléctrico ao reforzar e estabilizar a rede á que se conecta (pode arrincar sen apoio dunha rede externa e permite manter a conexión mesmo tras unha caída de tensión da rede). Por outro lado, grazas á súa configuración –sen caixa multiplicadora de velocidades e sen sistemas hidráulicos–, consegue minimizar o número de actuación de mantemento, o que conleva un importante impacto positivo nos custos operativos do proxecto.

A integración desta tecnoloxía contribúe a reducir o custo da enerxía que consumen (principalmente diésel), aumentar a súa independencia enerxética, dispoñer de enerxía de maneira fiable, segura e sen interrupcións e lograr beneficios medioambientais.

Entidades públicas

 As entidades públicas teñen un papel clave no camiño cara a este modelo máis distribuido xa que teñen nas súas mans o poder fomentar o uso e implementación de novas tecnoloxías para xeración renovable. Por un lado, co desenvolvemento de políticas enerxéticas e axudas públicas en favor do uso deste tipo de tecnoloxías e, en coherencia con este esforzo, levando a cabo directamente proxectos para uso público que as integren. A tal efecto, tamén poden fomentar a participación cidadá creando concienciación social e apoiando iniciativas de comunidades enerxéticas locais onde, de novo, a tecnoloxía eólica de media potencia pode xogar un papel importante pola súa adaptabilidade, niveis de produción e características técnicas.

Dentro das entidades públicas é interesante facer mención aos portos. Estas infraestruturas adoitan dar servizos a múltiples consumidores e contan cunha elevada demanda enerxética (guindastres-pórtico, contedores frigoríficos, iluminación, etc.). Polo xeral, os portos adoitan ter un importante potencial para o desenvolvemento de proxectos renovables eólicos xa que contan con suficiente espazo físico, escasa rugosidade do terreo, baixo cizallamento do vento, velocidade do vento constante e escasa turbulencia. Un exemplo témolo no Porto de Shoreham onde Norvento instalou dous aeroxeradores nED100 conseguindo aumentar os aforros do porto, reducir as emisións de CO2 e compensar as caídas de tensión –grazas á electrónica de potencia de nED100 con soporte de ocos de tensión–.

Imaxe 4 | Aeroxeradores nED100 instalados no Porto de Shoreham (Reino Unido)

Calquera medida encamiñada ao fomento deste tipo de xeración eléctrica terá un impacto directo na balanza comercial do país, na modernización e diversificación da estrutura económica, no desenvolvemento sostible, na mellora das ratios de eficiencia enerxética –permite reducir as perdas do sistema de transporte e distribución ao facer chegar a produción aos puntos de consumo– , na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e na diversificación das fontes de enerxía.

O camiño non fixo máis que comezar, pero aínda quedan moitos kilómetros por percorrer ata chegar a Santiago e conseguir a “Compostela”. As ventaxas da integración da tecnoloxía eólica de pequena e media potencia son patentes, pero aínda temos que asistir a un apoio máis firme das institucións a este tipo de tecnoloxías; con novos mecanismos de apoio, incentivos á inversión ou liñas de financiación que permitan a total partida desta tecnoloxía.

Descarga o catálogo

Máis información acerca dos nosos aeroxeradores nED100

Silvia Álvarez

Silvia é Licenciada en Economía, especialidade Internacional, pola USC. Conta cun Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica e outro especializado na Unión Europea. Desenvolveu a súa carreira profesional en negocios internacionais e exportación e en Norvento forma parte do grupo de Desenvolvemento de Negocio.

Contacta con Silvia
Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Cargadores inalámbricos: o futuro da mobilidade Fusión Nuclear | O Proxecto ITER >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2026
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}