Carreira e talento
Se che gustan os retos, a enxeñería e es un apaixonado da enerxía e a sustentabilidade, Norvento pode constituír unha oportunidade laboral interesante e de proxección para a túa carreira profesional.

Equipo
O noso equipo confórmano persoas con alta cualificación académica, profesional e persoal. Estamos aliñados cos Principios de Norvento e poñémolos na práctica no noso día a día. Buscamos a xeración de confianza e proximidade nas nosas relacións profesionais e poñemos o foco na sustentabilidade como piar do noso traballo e tamén das nosas vidas.
Contorna de traballo
En Norvento integrarasche nun ambiente de traballo esixente. Sempre buscamos achegar o mellor de nós mesmos e non nos conformamos cun traballo feito sen esforzo. Cremos en mellorar cada día e na aprendizaxe dos proxectos realizados con ilusión e dedicación.
O ambiente tamén é sereno, xa que traballamos en base a acordos e fomentando a autonomía das persoas. O bo clima de traballo de Norvento mantense grazas ao bo talante dos equipos que conforman a organización, e da contorna de flexibilidade, proximidade e facilidades que se nos ofrecen.

A nosa cultura
corporativa
O espírito de superación e a perseveranza, a atención ao detalle como resultado dunha excelencia constante, están presentes ao longo de toda a súa historia e foron fundamentais para o éxito de Norvento.
A cultura que rexe a organización de Norvento Enerxía é herdanza e reflexo dos valores presentes desde a orixe da empresa en 1981.
Os nosos
principios
Responsabilidade e compromiso
Asumimos a nosa responsabilidade coa empresa e co medio ambiente. Temos pleno compromiso con accións que sexan adecuadas para a empresa. Asumimos os obxectivos da empresa como propios.
Espíritu cooperativo. Somos un equipo
Somos colaboradores. Fomentamos a boa comunicación, a proximidade humana, escoitamos aos nosos compañeiros e poñémonos no seu lugar para axudarlles a resolver os seus problemas, sexan do noso equipo ou doutro.
Iniciativa. Somos proactivos.
Se hai oportunidade de conseguir algo relevante para a empresa valoramos como facelo, consultamos aos nosos responsables directos e propoñemos poñela en marcha.
Innovación e vangarda
Buscamos alternativas, rompemos o coñecemento pre-establecido dentro e fóra da empresa. Sempre aprendendo e mellorando o que xa hai.
Visión de negocio e valor para o cliente
Temos sempre en mente como engadir valor aos nosos clientes, tanto internos como externos. Ao traballar por unha meta facémolo coa perspectiva de que o noso cliente resulte plenamente satisfeito.
Tenacidade e perseverancia
Enfrontámonos aos problemas con astucia e coraxe, buscando alternativas sen rendernos.

Oportunidades de carreira
En Norvento crécese coa empresa e preséntanse continuamente oportunidades de desenvolvemento profesional que nos impulsan a retarnos a nós mesmos e a seguir evolucionando mediante a adquisición de coñecemento e experiencia. Se queres crecer, en Norvento terás a opción.
Consulta as nosas ofertas de traballo
Se consideras que algunha das nosas ofertas de traballo encaixa contigo, segue a seguinte ligazón para inscribirche nela. Se o desexas, tamén podes enviarnos o teu CV ao noso departamento de Persoas: rrhh@norvento.com