Centro de Control 24/7

En 2007 Norvento puxo en marcha o seu propio Centro de Control de Xeración, o CCG Norvento, que desde 2008 está acreditado por Rede Eléctrica de España (REE) de acordo ao RD661/2007.

Aproveitando o noso Centro de Control 24/7, ofrecemos tamén os servizos de monitoraxe e control de calquera instalación segundo requirimentos do cliente, contando para iso cun equipo técnico con ampla experiencia en instalacións eólicas, solares e hidroeléctricas.

Os nosos servizos como Centro de Control inclúen:

  • Control instantáneo de todas as instalacións conectadas.
  • Rearmamento de instalacións segundo procedemento.
  • Avisos e control de equipos de garda 24×7.
  • Xestión de incidencias para a optimización da operación e do mantemento.
  • Realización de informes para distintas administracións, asociacións, etc.
  • Análises de datos, dispoñibilidades, produción, etc. e posterior envío de informe ao cliente.
  • Xestión de descargos, desconexións, limitacións, etc. das instalacións coa distribuidora e con REE.
  • Descarga e control de medidas de contadores.
  • Estudos específicos a pedimento do cliente.
  • Deseño de documentación técnica para tecnólogos.

Despacho Delegado

No ano 2007 Norvento desenvolveu o seu propio Despacho Delegado, a partir do sistema de comunicación para envío de Telemedida en Tempo Real (TTR) a REE de calquera instalación produtora de electricidade a partir de enerxías renovables que teña a obrigación de adscribirse a un centro de control de xeración segundo o RD413/2014.

Desde o Centro de Control Norvento os nosos operadores interaccionan en tempo real, durante 24 h. ao día os 365 días do ano, coas instalacións, os equipos de operación e mantemento, o Centro de Despacho de Rede Eléctrica de España e as empresas de distribución eléctrica.

Actualmente, xestionamos preto de 1.000MW para REE.

Os nosos servizos como Despacho Delegado inclúen:

  • Configuración de variables de conexión de cada instalación nos servidores de Norvento para o envío de TTR a REE.
  • Recepción dos valores de medida desde cada instalación no Centro de Control Norvento e a súa correspondente tramitación a REE.
  • Acceso restrinxido por usuario e contrasinal a unha interface pública para a visualización en tempo real dos parámetros tramitados con REE.
  • Asistencia técnica localizable en réxime 24×7 que satisfai o requirimento de REE.
  • Envío de incidencias de comunicación entre instalación e Centro de Control Norvento.
  • Comunicación de consignas de limitación vía mail e telefónica personalizada.
  • Liñas e/ou redes de comunicación entre o Centro de Control Norvento e Rede Eléctrica.
  • Envío de consignas ás instalacións automáticas ou manuais (segundo cliente).