• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 18 Xuño 2024

Comeza «Fisterra», o proxecto público-privado de I+D galego que en dous anos logrará reducir as emisións do transporte marítimo grazas a un convertidor de electrónica de potencia

  • O proxecto no que participan NORVENTO, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia e a Universidade de Vigo, servirá para desenvolver e fabricar dende Galicia, un convertidor de electrónica de potencia que permitirá reducir drasticamente o consumo de combustibles fósiles nos barcos durante a súa chegada, atracada e saída dos portos.
  • O proxecto está dotado con máis de dous millóns e medio de euros, dos que a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, nunha iniciativa cofinanciada pola UE, achega o 60%.
  • Supoñendo que se alcanza soamente un 10% dos portos europeos, reduciría as emisións de óxido de xofre no equivalente ao que emitirían nun ano máis de 47,8 millóns de coches.

Norvento Enerxía, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e o grupo de investigación Applied Power Electronics Technology da Universidade de Vigo presentaron esta mañá o proxecto de investigación FISTERRA (Fábrica Intelixente e Sustentable mediante Electrónica de Potencia Avanzada e Realidade Aumentada).

O Proxecto Fisterra ten o obxectivo de crear un convertidor de electrónica de potencia que permitirá reducir drasticamente o consumo de combustibles fósiles nos barcos durante a súa chegada, atracada e saída dos portos. Con esta aposta pola innovación, equipos de traballo galegos achegarán unha solución ao reto da descarbonización do transporte marítimo. Trátase dun asunto de gran importancia. O 80% do transporte de mercadorías ten lugar por mar e que supón o 15% das emisións anuais de óxido de nitróxeno (NOx) e o 13% das de óxido de xofre (SOx).

Este proxecto de colaboración público-privada de I+D galego está dotado con 2.659.287,76 de euros. A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia subvenciona o 60% nunha iniciativa cofinanciada pola Unión Europea.

EQUIPOS DE NORVENTO, UVIGO E CTAG

No acto de presentación do proxecto, celebrado este martes no Edificio CIne de Norvento, participaron representantes das tres entidades para explicar en que consistirá o seu traballo dentro do proxecto. Adrián Capelán, subdirector de Tecnoloxía en Norvento, destacou que a empresa se encargará da investigación e creación dun convertidor que incremente notablemente a potencia dos existentes no mercado nos seus centros de fabricación situados en Lugo.

O obxectivo principal da UVIGO, cuxas liñas de acción neste proxecto foron explicadas por Daniel Villanueva, director do Campus Tecnolóxico da institución académica, será o desenvolvemento de estratexias de control para convertidores electrónicos de potencia utilizados en aplicacións de subministración de enerxía eléctrica a barcos cando están en porto. Mediante o uso destas estratexias, preténdese mellorar o rendemento, a robustez, a tolerancia a faltas e a resposta dinámica das instalacións.

O CTAG, segundo detallou Víctor Alonso, director adxunto de Manufacturing & Digital Transformation da entidade, encargarase da implementación dun xemelgo dixital para o deseño dunha liña de produción que permita a creación de procesos de fabricación dende cero e ver como interactuarán co mundo real simulando escenarios. Desta forma optimízanse tempos e custos e incídese na sustentabilidade, ao traballar dende unha contorna virtual de probas.

FASES DE «FISTERRA» E APLICACIÓNS EN OUTROS SECTORES

O proxecto dividirase en catro fases que se desenvolverán entre 2024 e 2026, dando lugar a diferentes fitos dentro dun proceso iterativo. En primeiro termo, investigarase o estado da arte en convertidores multimegavatio, para alcanzar un consenso común entre os socios do prototipo final esperado. Na segunda etapa crearase un xemelgo dixital e deseñarase o primeiro convertidor de proba, mentres que na terceira fase avaliaranse os casos de uso e implementarase o xemelgo dixital creado no segundo fito. Por último, validarase o prototipo nunha contorna controlada e manufacturaranse os convertidores mediante técnicas de fábrica intelixente.

Aínda que este avance está pensado para o seu uso en transporte marítimo, os seus beneficios poden reverter noutros sectores. O sector enerxético poderá conseguir maior autonomía na subministración e fabricación de elementos críticos no desenvolvemento de proxectos enerxéticos. En particular no ámbito portuario, de produción de hidróxeno verde e o aproveitamento da rede de catenarias para o despregamento de infraestrutura de recarga ultrarrápida en vehículos.

CARACTERÍSTICAS DO INNOVADOR CONVERTIDOR MULTIMEGAVATIO

Este convertidor ofrecerá características que ata a data non se detectaron no mercado, innovando en electrónica de potencia e manufactura para transformar o sector marítimo e portuario, facendo énfase na sustentabilidade e eficiencia enerxética. Respecto á competencia, a principal novidade da nova serie nGM radicará en:

Un deseño ultraeficiente baseado nun sistema de refrixeración do convertidor, o que mellorará a resposta dinámica para ofrecer ao redor do dobre do que actualmente se atopa no mercado.

Incorporación de algoritmia punteira para o control e comunicacións do convertidor que reducirán os tempos de resposta.

Funcionalidades adicionais que permitirán as seguintes vantaxes en calquera ecosistema eléctrico: a integración de renovables, compensación reactiva e aumento de fiabilidade e estabilidade de rede en ambos os lados do convertidor.

IMPACTO MEDIOAMBIENTAL E SOCIAL DE FISTERRA

A sustentabilidade é central en FISTERRA, a través dos seguintes cinco obxectivos, dos cales os dous primeiros teñen un impacto directo no transporte marítimo e o resto implican a todos os sectores electrointensivos:

  1. Descarbonización do tráfico marítimo.
  2. Reducir a dependencia dos combustibles fósiles nas operacións portuarias mediante a electrificación.
  3. Minimizar a pegada ambiental durante todo o ciclo de vida dos produtos desenvoltos, dende a fabricación ata o seu despregamento e operación.
  4. Incrementar a achega de enerxías renovables e de combustibles alternativos, como o hidróxeno verde, na produción eléctrica.
  5. Desenvolvemento dunha industrialización sostible e inclusiva grazas á redución de custos que proporcionan este tipo de convertidores multimegavatio, garantindo ademais o acceso eléctrico a nivel global.

A Comisión Europea identificou 319 portos marítimos (dos máis de 1.200 portos comerciais existentes en Europa) que son esenciais para o bo funcionamento do mercado interior e da economía europea. Supoñendo que se alcanza soamente o 10% destes portos, FISTERRA supoñería a descarbonización de, aproximadamente 32 portos, unha redución de máis de 583.000 kg de SO2 anualmente, equivalentes ao que emitirían nun ano, máis de 47,8 millóns de coches.

FISTERRA terá un impacto significativo na competitividade do modelo produtivo de Galicia, integrando tecnoloxías industriais innovadoras, como a fabricación avanzada e intelixente nas cadeas de valor, a través do uso de intelixencia artificial, fabricación aditiva e blockchain, e da implantación de tecnoloxías habilitadoras, como a automatización, robótica, visión artificial, machine learning, deep learning ou iOT.

Os resultados de FISTERRA poden ser explotados comercialmente a nivel internacional, o que reduce a dependencia económica do exterior. FISTERRA tamén potenciará a creación de emprego cualificado en Galicia. Espérase que se efectúen sete novas contratacións, sendo todos perfís técnicos de investigación e de fabricación, con preferencia a mulleres con experiencia previa.

Ao longo destes dous anos de investigación, FISTERRA lanzará resultados e estimacións máis precisas do impacto definitivo que o innovador convertidor multimegavatio reportará ao medio ambiente, a economía e sociedade nacional e internacional.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento Enerxía comeza o traslado dos seus aeroxeradores nED100 cara a illa portuguesa de Corvo A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visita Norvento para coñecer a súa contribución á descarbonización e a actividade industrial en Galicia >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2026
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}