Os nosos convertidores nXL, a solución óptima para os teus proxectos a gran escala

Concibidos cunha vocación multipropósito, os convertidores nXL poden funcionar como interface bidireccional entre a rede eléctrica e sistemas de almacenamento enerxético baseados en batería (BESS), grandes plantas fotovoltaicas (PV), electrolizadores para a produción de hidróxeno verde (H₂) e para facilitar o fluxo de enerxía eléctrica a buques de gran tamaño durante a súa estancia en portos (OPS). Ademais, tamén teñen a capacidade de operar como STATCOM puro, filtro activo e integrarse en catenarias ferroviarias para a xestión enerxética.

Desenvoltos pola unidade de Electrónica de Potencia de Norvento TECHnPower, un equipo con máis de 20 anos de experiencia no deseño de convertidores de media e alta potencia para turbinas eólicas multi-MW “on-shore” e “off-shore”, BESS, PV central e tracción, a gama de equipos nXL representa un salto tecnolóxico de vangarda cara á máis alta potencia e a gama máis compacta de convertidores a nivel mundial dentro dos sectores renovable e industrial.

O seu deseño compacto, alta eficiencia e adaptabilidade a contornas ambientais complexas converten á familia nXL nunha opción ideal para proxectos a gran escala que buscan optimizar o uso de enerxía renovable e almacenamento enerxético.

Solución robusta, eficiente e adaptable a calquera rede e contorna

Densidade de potencia

A familia de convertidores con maior densidade de potencia do mercado. Estación de ata 9 MVA en 20 pés.

Redundancia

Internamente nXL está baseado en dous sistemas idénticos e independentes traballando en paralelo. Ante un erro eventual dun deles, o outro segue operando sen problemas.

Alta eficiencia

Grazas ao uso de compoñentes e materiais de última xeración e á implementación dos máis novos algoritmos de control, nXL presenta un dos maiores rendementos do mercado a plena, media e baixa potencia.

Uso nos ambientes máis extremos do planeta

Grazas ao seu sistema de refrixeración estanco, a familia de convertidores nXL é apta para zonas desérticas, áreas de alta corrosión próximas ao mar ou de temperaturas moi baixas, e ata en zonas con partículas condutoras presentes no aire, como minas e zonas volcánicas.

Mantemento mínimo

Eliminouse a totalidade de filtros de aire, o que permite que os novos equipos teñan unha mínima necesidade de mantemento.

Funcionamento en redes moi débiles

Implementando para iso unha adaptación en liña do control en función das características de cada rede eléctrica.

Capex optimizado

Solución optimizada loxísticamente que permite unha mínima pegada “on-site”.

Conversión de potencia de nova xeración: máxima densidade, compatibilidade e fiabilidade baixo todo tipo de condicións

Tensións DC de ata 1500 V a plena potencia

100% compatible cos sistemas DC futuros de ata 2000 V.

Densidade de potencia máxima de 622 kVA/m³

Proporcionando ata 9 MVA nunha única unidade de conversión de potencia.

Solución compacta

Pode ensamblarse nun “skid” de 20 pés de lonxitude, permitindo así a creación dunha solución de 20 pés de ata 9 MVA, incluíndo transformador de MV e cela de MV.

Funcionamento ata 50 ºC e 4000 m

Ata 40 ºC e 2000 m sen redución de potencia. “Derating” a partir de 40 ºC debido unicamente ao transformador de MV.

Instalación sinxela, segura e eficiente

Deseñados para unha sinxela localización en campo, todos os compoñentes pesados desta nova familia de convertidores van sobre bandexas extraíbles con rodamentos ou sobre guías telescópicas. Deseñado para unha alta dispoñibilidade cun MTTR optimizado.

Cumprimento dunha extensa lista de códigos de rede

Incluídos os máis esixentes a nivel mundial, como Alemaña, Australia, Sudáfrica ou EEUU. Todo iso grazas á plataforma de control nCCU de Norvento TECHnPower, deseñada para poder xestionar de maneira eficiente os novos módulos do semiconductor Full-Sic de alta tensión do mercado, que requiren a maior velocidade de procesamento.

Novidoso sistema propio de refrixeración COOLnAirtight

Ideado por Norvento TECHnPower, ofrece protección IP65 completa ao sistema mediante refrixeración líquida para compoñentes clave e recirculación interna de aire frío, sen intercambio co exterior.

Tecnoloxía de vangarda para Utility-Scale

  1. Semiconvertidor 1
  2. Semiconvertidor 2
  3. Refrixeración
  4. AC Output

Aplicacións do nXL

Movilidade

  • Carga de vehículos eléctricos.
  • Soporte eléctrico a grandes buques en porto (OPS).
  • Xestión enerxética de catenarias de tracción.

Renovables

  • Inversor PV para grandes plantas.
  • PCS para almacenamento en baterías a gran escala.
  • Rectificador activo para xeración de H2 verde vía electrolizadores.
  • Axuda á estabilización da rede: STATCOM puro e filtro activo.

Autoconsumo e eficiencia enerxética

  • Respaldo durante cortes de enerxía.
  • Redución de custos enerxéticos.
  • Aforro de ata 30% de gastos operativos grazas ao uso de renovables.

Grandes demandantes de enerxía eléctrica

  • Centros de datos.
  • Centros de xeración.
  • Microrredes.
  • Industriais / Behind-the-Meter (BtM).
  • Servizos públicos / Fronte ao Medidor (FoM).
  • Illas ou territorios remotos.
  • Minería.

Desenvolvemento de solucións fóra da rede

  • Electrificación rural.
  • Socorro en casos de desastre.
  • Aplicacións militares.
  • Soporte en black-out para hospitais e outras infraestruturas críticas.

Queres coñecer todas as posibilidades da nosa gama de convertidores Multi-MW nXL?

 

Contacta cun especialista de Norvento TECHnPower