Convertidor e sistema de control de última xeración

 

Norvento Gridmaster Converter (nGM) ofrece compatibilidade demostrada con todo tipo de tecnoloxías e situacións:

  • Xeración convencional.
  • Motores e transformadores de gran tamaño.
  • Enerxías renovables (fotovoltaica, eólica).
  • Electrolizadores (sistemas de elevadísimo THDi).
  • Cargas electromecánicas non lineais: bombas, compresores.
  • Redes de distribución e sistemas illados (pobos, granxas, industrias, illas).
  • Sistemas altamente distorsionados e con problemas de subministración.

 

Modular e escalable entre 50 kVA – 1MVA

Os equipos nGM están dispoñibles en módulos de 50-100-200 kVA. O seu hardware e software operan en completa harmonía cando varios equipos son paralelizados, comportándose como un só de maior tamaño, aumentando a fiabilidade de todo o sistema. Esta capacidade dótalles dunha adaptabilidade a calquera necesidade DC e AC, con e sen transformador.

 

As múltiples interfaces de nGM facilitan a integración do almacenamento de enerxía en microrredes e instalacións eléctricas, proporcionando unha solución case lista para usar.

Conversión de enerxía e control de microrrede todo nun: máxima fiabilidade e as máis avanzadas funcionalidades.

 

Solución completa baseada en electrónica de potencia sustentada por almacenamento. Un mesmo equipo integra capacidades de xestión e axuste de microrredes, modo de operación Grid Following certificado, modo Grid-Forming de última xeración, filtrado activo de harmónicos e unha ampla gama de servizos auxiliares altamente configurables.

Os equipos nGM inclúen modernos sistemas de protección altamente configurables que foron deseñados conforme aos estándares internacionais máis relevantes.

Os nosos sistemas incorporan utilidades de monitorización remota do convertidor e a microrrede a través de interfaces web, gráficas, históricos, e múltiples tipos de rexistros.

O nGM está dispoñible xunto a baterías e en solucións contenerizadas (nBESS, 20/40 pés) ou skid.

AC

  • Potencia nominal 50 kV a 800 kVA, a través de módulos paralelizables.
  • Tensión nominal 400 V / 480 V.
  • Frecuencia nominal 50 Hz / 60 Hz.
  • Máxima protección para as baterías mediante o illamento galvánico entre circuitos DC y AC.
  • Contactor e interruptor-magnetotérmico integrados.

DC

  • Rango de tensión DC: 540 – 830 V.
  • Contactor, fusibles, precarga e seccionador integrados.
  • Comunicacións con BMS de diferentes fabricantes de baterías.

Rango de operación, rendemento e consumos

  • Funcionamento permanente a potencia nominal e 40 ºC ambientais.
  • Rendemento ponderado europeo: carga 96.46 %, descarga 95.47 %.
  • Consumo de potencia en stand-by: 80 W.
  • Ultracondensadores que permiten operar varios minutos sen alimentación.

Método de refrixeración

Ventilación forzada

Interface con outros elementos da microrrede/instalación

Modbus, CAN, Ethernet

Monitorización

Ethernet, Web, App

A nosa funcionalidade GFM resolve hoxe problemas que aínda son obxecto de discusión e estudo en foros académicos e industriais de primeiro nivel.

  • Capacidade completamente paralelizable.
  • Black-Start síncrono (self-synchronized) de distintos sistemas en paralelo.
  • Constante de inercia configurable (0.02s < H < 8s).
  • Droop configurable (0 .. 10%).
  • Xestión de Cenit e Nadir.
  • Rango de pasividade superior a 3500 Hz.
  • Calidade de onda excepcional (THDu < 0.5%).
  • Compatibilidade con cargas de elevada distorsión harmónica.
  • Dominio de transitorios de enerxización.
  • Dominio de curtocircuítos francos, sen desconexión, proporcionando transitoriamente 2pu de corrente. Corrente de falta ultra-rápida (1-3ms).
  • Curva de curtocircuíto programable no tempo.
  • Modos avanzados: UPS, fonte programable.
  • Transición ‘ao-voo’ entre modos GFW ⇆ GFM, sen pasos por cero.

  • Modo de operación certificado fronte a estándares europeos.
  • Maxima precisión en control de potencia activa e reactiva.
  • Amplo rango de servizos auxiliares.
  • Idóneo para redes con SCR > 5.
  • Transición ‘ao-voo’ entre modos GFW ⇆ GFM, sen pasos por cero.
  • Soporte de frecuencia e tensión en operación normal e en ocos de tensión.
  • Estratexias de cumprimento de códigos de rede FRT: UVRT, OVRT.
  • Inxección de corrente rápida e precisa, de natureza configurable (activa/reactiva).
  • Modo hibridado con corrección activa de harmónicos de tensión / corrente e desequilibrios.
  • Compatible con cargas non lineais.
  • Servizos auxiliares de rede e mercados de flexibilidade.
  • Protección anti-illa activa homologada.

  • Xestión de SOC.
  • Calibración de baterías.
  • Peak shaving.
  • Optimización de curva de consumo (energy arbitrage).
  • Xestión de potencia programable (programmable power Schedule).
  • Maximización de renovables.
  • Axuste inmediato a grupos electróxenos.
  • Xestión de alarmas.
  • Transicións on-grid ⇆ off-grid.
  • Monitorización web de toda a microrrede.

  • Seguridade e EMC: IEC 62477-1:2022 + + CORR:2024, IEC 61000.
  • Antivertido UNE 217001 en combinación con medidor Norvento nAnalyzer.
  • CISPR 11 + AMD1 + AMD2:2019.
  • NTS (SEPE,SENP).
  • UNE-EN 50549-2:2019.
  • UNE 217002: 2020.

Exemplos de uso

Ejemplos de uso