En Norvento, traballamos da man dos nosos clientes para abordar as súas necesidades enerxéticas e impulsar a súa descarbonización.

O noso equipo especializado e altamente cualificado, estuda pormenorizadamente cada caso para ofrecer as mellores solucións, sempre á vangarda da enerxía, e á medida de cada cliente. A nosa proposta diferencial consiste en proporcionar as solucións máis adecuadas e coa tecnoloxía que mellor se adapte a cada caso específico, de forma eficiente e sostible, para avanzar na transición enerxética de empresas e institucións, tanto públicas como privadas.

O noso expertise e traxectoria de máis de 40 anos, aválannos á hora de desenvolver solucións avanzadas integrais en toda a cadea de valor dun proxecto enerxético: desde a súa concepción ata a súa posta en marcha e mantemento.

A nosa presenza na práctica totalidade da cadea de valor enerxética permítenos ter unha visión global e achegar un alto valor engadido aos servizos prestados, ofrecendo o noso apoio como colaborador estratéxico nun sector clave para todo o ámbito comercial e industrial a nivel mundial.

Os retos da enerxía aválannos. Acordo estratéxico con Vidrala, para apoialos no seu Plan de Descarbonización.

Desde Norvento mantemos un acordo estratéxico con Vidrala, empresa líder no sector da fabricación de envases de vidro na Península Ibérica, para reducir a súa dependencia de fontes de enerxía fósil, impulsar o seu autoconsumo e mellorar o consumo enerxético en todas as súas plantas.

A avaliación de tecnoloxías para avanzar na súa transición enerxética a través de solucións como a electrificación, o hidróxeno e as enerxías renovables, forman parte de todas as accións para converter as súas fábricas de vidro nas máis sostibles e enerxeticamente eficientes do mundo para 2024. O noso papel para Vidrala encádrase dentro da consultoría estratéxica, enxeñería, proxectos EPC e xestor dos activos enerxéticos nos que a compañía investirá nos próximos anos.

Entre os avances xa desenvolvidos está unha das fábricas de Vidrala: Crisnova, localizada en Caudete (Castela-A Mancha). Esta planta, que produce cerca de 900 millóns de envases de vidro ao ano, conta cunha instalación de autoconsumo cunha potencia de 12 MW de xeración renovable e permitirá reducir a emisión de 9.000 toneladas anuais de CO2 á atmosfera. Axudamos á transición ecolóxica da gran industria.

Algúns dos nosos traballos en descarbonización

Para o noso cliente Estrella Galicia, o noso equipo altamente especializado realizou estudos de viabilidade de solucións de integración de xeración renovable, tanto no mix térmico como eléctrico, levando a cabo unha análise en detalle dos seus procesos produtivos e residuos xerados.

Así mesmo, Norvento realizou a Enxeñería de xeración enerxética -electricidade, calor e frío industrial- da nova planta de Estrella Galicia no parque empresarial de Morás (Arteixo, A Coruña), co obxectivo de lograr unha instalación cero emisións a base de optimizar e mellorar a eficiencia dos sistemas de xeración e integración de renovables.

A nosa sede principal, o Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne), situado en Lugo, é un edificio de enerxía cero, desconectado da rede eléctrica e de gas que se abastece integramente con enerxías renovables.

Isto é posible grazas a unha microrrede eléctrica intelixente 100% desenvolvida por Norvento, e que combina enerxía eólica a partir do noso aeroxerador de media potencia nED100, paneis fotovoltaicos, un sistema de xestión da auga da choiva e das augas grises, enerxía xeotérmica para chans radiantes e grupos de coxeración de biomasa, así como un sistema de baterías capaz de asegurar a permanente subministración mesmo en períodos de escasa produción das renovables. O edificio CIne é a proba de que, cun equilibrio adecuado de tecnoloxías, é posible cubrir toda a demanda enerxética dun consumidor sofisticado só con enerxías renovables.