• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 29 Novembro 2017

O autoconsumo fotovoltaico permite aforrar ás granxas avícolas ata un 17% anual na súa factura eléctrica 

  • Unha granxa tipo cun consumo de 1.800 MWh/ano e unha factura duns 210.000 € anuais podería aforrar máis de 36.000 € ao ano co autoconsumo e amortizar o investimento nuns 7 anos. 
  • Os datos extráense de proxeccións reais realizadas por Norvento, empresa española especializada en enerxías renovables e autoconsumo industrial, baseadas en varios proxectos para granxas avícolas en proxectos en desenvolvemento e planificación en España.

Lugo, 29 de novembro de 2017.- Os sistemas de xeración eléctrica baseados en enerxía renovable fotovoltaica para autoconsumo permiten ás granxas avícolas optimizar considerablemente os custos da súa factura eléctrica, mesmo tendo en conta as diferentes cargas fiscais vixentes no mercado español.

Norvento, empresa española con ampla experiencia en enerxías renovables e tecnoloxías para o autoconsumo industrial, realizou un estudo con proxeccións reais para calcular o aforro enerxético que suporía o uso de enerxías renovables na actividade das granxas avícolas.

En concreto, os estudos realizados por Norvento toman como referencia unha granxa tipo cun consumo enerxético de algo máis de 1800 MWh anuais, un gasto de 210.000 € na súa factura anual e un investimento económico na adopción da tecnoloxía fotovoltaica de aproximadamente 285.000 €. Esta instalación conseguiría un aforro anual do 17% da súa factura eléctrica. Traducido a euros, o aforro alcanzaría os 36.000 € anuais.

Isto conseguiríase grazas á capacidade da granxa para autoproducir o 20% da enerxía que necesita para a súa actividade, grazas a unha superficie de aproximadamente 1.600 m² de paneis fotovoltaicos de última xeración (policristalinos), cunha capacidade de produción de enerxía das máis elevadas. Desta forma, incluíndo a carga fiscal que establece a lexislación vixente en España (o chamado imposto ao sol) para o autoconsumo, o retorno do investimento produciríase a partir do sétimo ano. 

O patrón de consumo das granxas avícolas é especialmente compatible para este tipo de instalacións, dada a súa similitude co patrón de xeración dos paneis fotovoltaicos. É polo tanto posible obter un alto nivel de autoconsumo da electricidade producida, o que ten un impacto positivo directo na rendibilidade dos proxectos. Nun caso así, máis do 99% da electricidade producida consumiríase na propia granxa. 

Así, a adopción do autoconsumo enerxético, logrado neste caso con tecnoloxía fotovoltaica, proporciona varios beneficios aos propietarios das instalacións:

  1. Aforro económico na factura eléctrica: poder reducir a enerxía consumida supón un aforro directo no gasto enerxético, que as explotacións poden destinar a diferentes medios estratéxicos.
  1. Protección contra a volatilidade dos prezos de mercado: este ano, a seca e outros fenómenos naturais terán un gran impacto no mercado enerxético. Segundo os analistas, as facturas de electricidade poderían alcanzar máximos históricos a finais de ano. Dispoñer dunha fonte de enerxía renovable que non dependa da rede permite ás explotacións protexerse preventivamente destas perturbacións do mercado.
  1. Sustentabilidade na cadea de subministración: A través da inversión en enerxías renovables e autoconsumo, os gandeiros e empresarios do sector cumprirán cos requisitos cada vez máis esixentes da industria, como a sustentabilidade na cadea de subministración. Así o esixen cada vez máis os diferentes actores implicados, como os produtores cárnicos, as grandes cadeas de distribución, as marcas alimentarias, os consumidores etc.

Resumo técnico

Norvento elaborou unha proxección baseada na granxa tipo, cun consumo enerxético constante de 1.814 MWh ao ano. Isto supón un custo aproximado de 210.000 € ao ano, e con picos de consumo de ata 550 kW (o que supón un custe adicional de 3.000 € ao ano por penalizacións). O obxectivo neste exemplo é recuperar o investimento en 7 anos e conseguir un aforro anual do 20% da enerxía consumida da rede (neste caso, uns 36.000 € anuais de media).

A solución desta proxección basearíase na instalación de tecnoloxía fotovoltaica de última xeración cun investimento necesario de aproximadamente 285.000 € para cubrir unha superficie de 1.600 m2, obtendo así unha rendibilidade total do 13%.

Detalles técnicos da granxa típica

  • Consumo enerxético anual: 1.814 MWh ao ano.
  • Custos enerxéticos iniciais: 210.000 €.
  • Custos enerxéticos con autoconsumo: 174.000 €
  • Aforro total: 17% na factura eléctrica, o que equivale a 36.000 €.
  • Tecnoloxía: instalación de 803 paneis fotovoltaicos policristalinos de 330 Wp.
  • Investimento estimado: 285.000 €.
  • Retorno do investimento obtido en 7 anos 
  • Porcentaxe de enerxía obtida mediante xeración fotovoltaica: 20%.

Aforro potencial para unha granxa avícola cun gasto enerxético anual de 210.000 €

Sobre Norvento

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Cunha presenza activa en cinco mercados internacionais (Reino Unido, Brasil, Estados Unidos, Polonia e Italia), Norvento conta con máis de 700 MW en funcionamento e desenvolvemento.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento en EMEX 2017 Norvento en el Foro Tecnolóxico de Emprego >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}