O noso último fito corporativo foi o proxecto de enxeñería eólica, N6, a construción de seis novos parques eólicos nos municipios lucenses de Abadín, A Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, Trabada, A Pontenova e Lourenzá.

Os parques supoñen un total de 128MW de potencia e producen unha cantidade de enerxía anual equivalente ao consumo eléctrico dun municipio de 90.000 habitantes.

A nosa previsión con estes novos parques é axudar a evitar a emisión de 4 millóns de toneladas de CO2 durante a súa vida útil. Doutra banda, a súa construción e operación supoñen numerosos beneficios para os municipios que os acollen, xerando aproximadamente 19 millóns de euros para as administracións locais e autonómicas en concepto de taxas e impostos.

Os novos parques están a ser monitorados e xestionados tanto desde os centros de control situados nas propias instalacións como desde o noso Centro de Control situado na sede da compañía en Lugo, o Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne).

Os nosos 6 novos parques eólicos evitarán a emisión de 4 M de toneladas de CO2 na provincia de Lugo

VISITAR WEBDOC N6

As nosas

instalacións
eólicas

 

Sitúase entre os municipios de Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto en Lugo, España. Está composto por 10 aeroxeradores Vestas V136 de 136m de rotor e 82 metros de altura, totalizando unha potencia de 36MW.

Sitúase nos municipios de Abadín e A Pastoriza en Lugo, España. Está composto por 10 aeroxeradores Gamesa G132 de 132m de rotor e 84m de altura, totalizando unha potencia de 34,65MW.

Sitúase nos municipios de Mondoñedo e A Pastoriza en Lugo, España. Está composto por 3 aeroxeradores Vestas V136 de 136 metros de rotor e 82 metros de altura, totalizando unha potencia de 9,9 MW.

Sitúase no municipio de Mondoñedo en Lugo, España. Está composto por 5 aeroxeradores Vestas V126 de 126 metros de rotor e 87 metros de altura, totalizando unha potencia de 18 MW.

Sitúase nos municipios de Mondoñedo e Abadín en Lugo, España. Está composto por 3 aeroxeradores Vestas V126 de 126 metros de rotor e 87 metros de altura, totalizando unha potencia de 9,9 MW.

Sitúase nos municipios de Trabada, Riotorto, Lourenzá, A Pontenova e Mondoñedo en Lugo, España. Está composto por 6 aeroxeradores Vestas V136 de 135 metros de rotor e 82 metros de altura, totalizando unha potencia de 19,8 MW.

Sitúase entre os municipios de Abadín e Muras en Lugo, España. Está composto por 31 aeroxeradores de 660 kW, totalizando unha potencia de 20,5 MW. A instalación eólica dispón dun edificio onde se sitúan a subestación e o centro de operación e mantemento, construído con materiais autóctonos que lle ofrecen a máxima integración na contorna.

Sitúase próximo ao Parque Eólico de Montouto, co que comparte algunhas das súas instalacións. Está composto por 15 aeroxeradores de 1.600kW Ecotecnia E-74, totalizando unha potencia de 24MW. Durante a súa construción minimizouse o ancho dos camiños, a superficie das plataformas dos aeroxeradores e os desmontes, e realizouse unha perfecta revexetación da zona.

Sitúase no concello de Muras, Lugo, España. Está composto por 31 aeroxeradores de 1.600 kW Ecotecnia E-74, de 60 metros de fuste e 74 metros de rotor, totalizando unha potencia de 49,6 MW. A instalación eólica dispón dun edificio onde se sitúan a subestación e o centro de operación e mantemento. O edifico é de arquitectura vangardista e está perfectamente integrado na contorna.

Situado en Vilalba na provincia de Lugo, España. Integra a primeira unidade producida do Aeroxerador nED100 de Norvento. Co seu 100kW nominais, abastece á planta de ensamblaxe de aeroxeradores de Norvento con inxección a rede dos excedentes.

Situada en Cervo, no norte da provincia de Lugo, España. É unha zona costeira con ventos fortes, e o emprazamento permitiu poñer a proba as melloras de deseño dos aeroxeradores nED100, dos que dúas unidades atópanse instalados en Cervo, actualmente sumando unha potencia nominal de 200kW.

O Porto de Shoreham é un próspero porto comercial situado na costa sur de Inglaterra. Este eco-porto sempre está a buscar formas de mellorar a súa eficiencia e reducir a súa pegada de carbono. Desde a instalación de dous aeroxeradores nED100, o porto reduciu nun 50% o seu consumo de electricidade proveniente da rede.

Os dous aeroxeradores nED100 situados na granxa Slagnaw, Castle Douglas, Escocia, úsanse para proporcionar electricidade a unha explotación leiteira. A electricidade úsase para arrefriar leite e auga as 24 horas. Desde a instalación de dúas nED100, a granxa reduciu nun 40% a factura do seu subministrador eléctrico.

A nosa sede e laboratorio, situado en Lugo, España, benefíciase da enerxía eólica provista polo noso aeroxerador de media potencia nED100, entre outras tecnoloxías renovables integradas, que fan desta instalación un edificio de enerxía 0 punteiro a nivel europeo.

Norvento conta cunha carteira de instalacións destinadas á xeración distribuída de electricidade en Reino Unido nas que actúa como promotor e como produtor independente de electricidade. Todas elas empregan a tecnoloxía de aeroxeradores nED100, e fornecen electricidade a consumos industriais, agropecuarios ou infraestruturas tales como portos.

No seguinte mapa podes ver os nED100 instalados en Reino Unido.

Accede ao mapa