A nosa área de Enxeñería, con máis de 40 anos de experiencia no sector, é referente no ámbito da consultoría e enxeñería das enerxías renovables. En Norvento, somos capaces de cubrir as necesidades de enxeñería das diferentes áreas do grupo, á vez que traballamos para satisfacer as demandas dos nosos clientes máis esixentes.

Norvento Ingeniería participou no deseño e desenvolvemento de todas as nosas instalacións en operación (hidráulica, eólica, solar), totalizando máis de 3.000 MW proxectados. O noso equipo traballa nas distintas fases do ciclo de vida dos proxectos, partindo desde a súa concepción inicial, ata o desenvolvemento da enxeñería de detalle e estudos ambientais, así como na dirección de obra e asistencia técnica durante a posta en marcha das instalacións.

Norvento Ingeniería está comprometida a colaborar cos nosos clientes para conseguir os seus obxectivos de descarbonización e de loita contra o cambio climático. Contamos cunha ampla visión de toda a cadea de valor da enerxía, que nos permite ofrecer solucións integrais en servizos de consultoría e Enxeñería, tanto de xeración centralizada como de autoconsumo e xeración distribuída con diversas tecnoloxías (eólica, solar, gases renovables, hidroeléctrica, biomasa, almacenamento…)

O noso compromiso coa sociedade e o ambiente lévanos á procura de solucións innovadoras e sostibles.

Grazas a un equipo de traballo multidisciplinar, formado por máis de 40 técnicos orientados cara á excelencia e a singularidade, achegamos solucións creativas e personalizadas aos nosos clientes, avaladas por máis de catro décadas de experiencia traballando coas principais empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica en España.

Norvento Ingeniería desenvolveu máis de 1.100 MW de potencia eólica en todo o mundo, participando na prospección de emprazamentos e estudos iniciais de viabilidade, no desenvolvemento da enxeñería (básica e de detalle) destes proxectos, na realización de estudos ambientais, e na dirección das obras e asistencia durante a posta en funcionamento destas instalacións.

Os nosos servizos abarcan practicamente todas as tecnoloxías de xeración de enerxía eléctrica de orixe renovable (eólica, hidroeléctrica, solar, biomasa, gases renovables, xeotermia…):

  • Consultoría técnica e regulatoria
  • Servizos de due diligence técnica
  • Estudos de recurso eólico e micrositing
  • Estudos de viabilidade técnica, económica e financeira e asesoramento ao investimento
  • Eficiencia enerxética
  • Xestión de permisos, autorizacións, legalizacións e subvencións oficiais
  • Enxeñería básica, proxectos de execución e Enxeñería de detalle
  • Xestión integral de proxectos
  • Dirección de obra
  • Control de Calidade e Coordinación de Seguridade e Saúde
  • Supervisión de execución, probas e posta en marcha
  • Eficiencia enerxética

Na nosa dilatada traxectoria no sector, realizamos proxectos de enxeñería eléctrica para as principais compañías distribuidoras e produtoras de enerxías renovables, en relación ao desenvolvemento de liñas eléctricas de alta tensión, subestacións de alta tensión, redes de media e baixa tensión e instalacións de almacenamento, ofrecendo servizos como:

  • Estudos de alternativas de trazado de liñas de transmisión
  • Enxeñería básica e de detalle de liñas de transmisión aéreas e subterráneas de hasta 400 kV
  • Enxeñería básica e de detalle de subestacións eléctricas de hasta 400 kV
  • Tramitación administrativa e xestión de permisos
  • Xestión de puntos de interconexión e asesoramento en acordos PPA
  • Estudos de conexión a rede de centrais de xeración (cumprimento do Código de Rede Europeo de Conexión – RFG)
  • Monitorización e control

Contamos cunha experiencia de máis de 70 Estudos de Impacto Ambiental e 50 servizos de Seguimento Ambiental en fase de obra e explotación de proxectos de enerxías renovables.

Ofrecemos servizos orientados á xestión ambiental, urbanística e de xestión da propiedade:

  • Autorizacións ambientais integradas
  • Definición de condicionantes ambientais e urbanísticos para a implantación de centrais de xeración de enerxía
  • Estudo de alternativas de trazado de liñas de transmisión
  • Estudos de impacto ambiental
  • Estudos e prospeccións de flora e fauna
  • Estudos de efecto sombra tremelucente ou intermitente (shadow flicker)
  • Estudos de sinerxías e efectos acumulativos
  • Estudos de integración paisaxística (infografías)
  • Seguimento e vixilancia ambiental de proxectos en obra e en explotación
  • Deseño e execución de plans de restauración e recuperación ambiental
  • Proxectos sectoriais e tramitacións urbanísticas
  • Xestión da propiedade

Coñece algúns dos nosos proxectos de Enxeñería

O equipo de Intelixencia Enerxética de Norvento, pertencente á nosa área de enxeñería, colaborou con Estrella Galicia no desenvolvemento da Enxeñería eléctrica da súa fábrica de bebidas de Morás (Arteixo, A Coruña), onde desenvolveu a proposta de enxeñería conceptual, enxeñería básica, xestión de compras e dirección de obra do proxecto.