Centro de Control de Xeración de Norvento.
Servizo personalizado ao cliente

Grazas aos nosos servizos en Control de Xeración os nosos clientes gozan de reducidos custos de operación e mantemento, mellor integración na rede, maior dispoñibilidade e eficiencia, maior seguridade na realización de traballos especiais de mantemento e acceso en tempo real a información sobre a súa instalación.
Centro de Control 365/24
En 2007 Norvento puxo en marcha o seu propio Centro de Control de Xeración, o CCG Norvento, que desde 2008 está acreditado por Rede Eléctrica de España (REE) de acordo ao RD661/2007.
Aproveitando o noso Centro de Control 365/24, ofrecemos tamén os servizos de monitoraxe e control de calquera instalación segundo requirimentos do cliente, contando para iso cun equipo técnico con ampla experiencia en instalacións eólicas, solares e hidroeléctricas.
Os nosos servizos como Centro de Control inclúen:
- Control instantáneo de todas as instalacións conectadas.
- Rearmamento de instalacións segundo procedemento.
- Avisos e control de equipos de garda 24×7.
- Xestión de incidencias para a optimización da operación e do mantemento.
- Realización de informes para distintas administracións, asociacións, etc.
- Análises de datos, dispoñibilidades, produción, etc. e posterior envío de informe ao cliente.
- Xestión de descargos, desconexións, limitacións, etc. das instalacións coa distribuidora e con REE.
- Descarga e control de medidas de contadores.
- Estudos específicos a pedimento do cliente.
- Deseño de documentación técnica para tecnólogos.

Despacho Delegado
No ano 2007 Norvento desenvolveu o seu propio Despacho Delegado, a partir do sistema de comunicación para envío de Telemedida en Tempo Real (TTR) a REE de calquera instalación produtora de electricidade a partir de enerxías renovables que teña a obrigación de adscribirse a un centro de control de xeración segundo o RD413/2014.
Desde o Centro de Control Norvento os nosos operadores interaccionan en tempo real, durante 24 h. ao día os 365 días do ano, coas instalacións, os equipos de operación e mantemento, o Centro de Despacho de Rede Eléctrica de España e as empresas de distribución eléctrica.
Actualmente, xestionamos preto de 1.000MW para REE.
Os nosos servizos como Despacho Delegado inclúen:
- Configuración de variables de conexión de cada instalación nos servidores de Norvento para o envío de TTR a REE.
- Recepción dos valores de medida desde cada instalación no Centro de Control Norvento e a súa correspondente tramitación a REE.
- Acceso restrinxido por usuario e contrasinal a unha interface pública para a visualización en tempo real dos parámetros tramitados con REE.
- Asistencia técnica localizable en réxime 24×7 que satisfai o requirimento de REE.
- Envío de incidencias de comunicación entre instalación e Centro de Control Norvento.
- Comunicación de consignas de limitación vía mail e telefónica personalizada.
- Liñas e/ou redes de comunicación entre o Centro de Control Norvento e Rede Eléctrica.
- Envío de consignas ás instalacións automáticas ou manuais (segundo cliente).