Operación
e Mantemento
Integral

Desde o noso Departamento de Operación e Mantemento prestamos servizos en máis de 200 plantas de xeración renovable.
Norvento Tecnología atesoura 40 anos de experiencia na Operación e Mantemento Integral (OPM) de plantas de xeración con enerxías renovables, avalados pola consecución duns altos índices de dispoñibilidade.
Nesta área, a nosa empresa abarca todos os procesos, desde a montaxe, a posta en marcha e o mantemento de plantas de xeración renovable, tanto eólica, fotovoltaica, bioenerxía, minihidráulica… como tamén de liñas eléctricas e antenas de medición de recurso. Todas as nosas instalacións caracterízanse polos seus elevados índices de dispoñibilidade, froito da aplicación dos máis estritos estándares de calidade e procura da excelencia no mantemento.
A central de O&M está situada en Vilalba, á beira da nosa fábrica nED Factory. O noso persoal está destinado nas instalacións que operamos, tanto propias de Norvento como de clientes externos aos que prestamos servizos.

Servizos O&M
Traballos principais de mantemento realizados nas plantas de xeración renovable: eólica, hidroeléctrica, biomasa, biogás, solar fotovoltaica.
- Correctivo: Procura e reparación de avarías
- Preventivo: Traballos programados de conservación das instalacións (engraxamentos, apertes, cambios de aceites…)
- Preditivo: Traballos de inspección e seguimento previo ás avarías (estudo de vibracións, analíticas de aceites, termografías…)
- Grandes correctivos: Manobras de reparación de avarías importantes, normalmente con necesidade de medios de elevación externos (cambios de pas, multiplicadoras, xeradores, transformadores…)
- Mantemento eléctrico
- Equipos retén
- Loxística de mantemento
- Asesoría técnica
- Soporte á enxeñería
Servizos de garda con asistencia continua ás instalacións
- Inspeccións e diagnóstico de anomalías
- Traballos de mantemento preventivo e emisión de informes
- Traballos de mantemento correctivo en descargos
- Traballos de preditivo mediante termografía IR e estudo asociado
- Montaxe de torres meteorolóxicas de celosía e tubulares
- Mantementos correctivos e preventivos en altura
- Inspeccións e elaboración de informes de estado
- Desmonte e derribas controlados
- Descargas e análises de medición
Certificados
A nosa división de Operación e Mantemento está rexistrada como instalador autorizado de baixa e alta tensión e coa cualificación empresarial para reparacións eléctricas de alta tensión.
Tamén está certificada como empresa instaladora autorizada de liñas de seguridade persoal, como empresa instaladora e mantedora de instalacións térmicas en edificios e realiza verificacións e inspeccións periódicas en instalacións de Alta Tensión segundo o RD3337/2014.
Ademais, o seu Sistema Integrado de Xestión atópase certificado de acordo ás seguintes normas.
· Calidade de acordo coa norma UNE-EN ISO 9001:2015
· Ambiental de acordo coa norma UNE-EN ISO 14001:2015
· Seguridade e Saúde segundo a norma internacional ISO 45001:2018