A nosa extensa experiencia no desenvolvemento tecnolóxico de solucións de electrónica de potencia, acoplado ao coñecemento do sector da produción de enerxía eléctrica e das tecnoloxías asociadas aos gases renovables, posiciónanos como un partner único para a materialización de proxectos de hidróxeno verde.

Co noso proxecto piloto CIne H2 na sede corporativa de Norvento demostraremos a viabilidade do espectro de aplicacións do hidróxeno verde, como son a mobilidade, o axuste coa rede gasista e a súa re-electrificación mediante a integración dunha pila de combustible.

Tamén participamos activamente no desenvolvemento de tecnoloxía asociada á produción de hidróxeno verde, como son as técnicas de xeración alternativas á electrólise (fermentación escura) ou o desenvolvemento de electrónica de potencia e solucións de automatización e control para electrolizadores.

Proxecto CIne H2 + H2hidróxeno

O noso proxecto de hidróxeno verde máis avanzado terá lugar nas inmediacións da nosa sede de Lugo. CIne H2 consistirá na construción dun edificio anexo ás nosas instalacións, que aproveitará os excedentes de enerxía do complexo, para avaliar a viabilidade das diferentes aplicacións e usos posibles do hidróxeno. Con esta produción, darase subministración ás necesidades da propia sede en momentos de baixo recurso renovable.

Ademais, grazas ao proxecto H2idróxeno, que Norvento desenvolverá como parte dun acordo con Nedgia, filial de distribución de gas de Naturgy, faremos posible o levar hidróxeno verde á rede gasista de Lugo.

Este proxecto pioneiro pretende demostrar a viabilidade do hidróxeno renovable como alternativa de descarbonización da enerxía térmica.

Os retos da enerxía aválannos.
Proxecto I+D+i ZEPPELIN

Formando parte dun consorcio liderado por Aqualia, e con partners como Repsol, Reganosa e Redexis entre outros actores destacados do sector da enerxía, desde Norvento participamos no proxecto Zeppelin, que nace co obxectivo de achar solucións tecnolóxicas innovadoras, eficientes e circulares de produción e almacenamento de hidróxeno verde. En Norvento lideramos a investigación e optimización da produción de H2 a partir de técnicas microbiolóxicas, investigamos e optimizamos o proceso de fermentación escura, o de electrólise microbiana e o upgrading de hidróxeno verde.