• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 6 Outubro 2019

A Xefa Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo presencia o uso do sistema máis innovador de transporte de pas, empregado por Norvento por primeira vez en España, chamado bladelifter

  • Norvento empregou para a construción dos seus parques eólicos en Lugo, por primeira vez en España, o transporte de pas mediante bladelifter, un novo método que permite reducir significativamente o impacto ambiental. 
  • Os novos parques de Norvento que terán capacidade de xerar 128,25 MW e evitarán a emisión de 4 millóns de toneladas de CO2 ao ano, finalizaranse nos próximos días.

Lugo, 11 de outubro de 2019.- Pilar Férnández López, Xefa Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, presenciou hoxe o uso do sistema máis innovador de transporte de pas, empregado por Norvento por primeira vez en España, chamado bladelifter. Iván Nogueiras Pérez, Director Xeral de Norvento, acompañou e guiou a Xefa Territorial durante a súa visita. 

O principal motivo da visita da Xefa Territorial foi coñecer de primeira man o emprego, por primeira vez en España, do transporte de pas mediante bladelifter. Este novo método permite, grazas ao uso de maquinaria especial, reducir significativamente o impacto ambiental, xa que o transporte das pas pode ser realizado por estradas e camiños máis estreitos, con curvas máis pechadas. Isto evita modificacións na contorna que en ocasións son inevitables, como o ensanche de estradas, apertura de novos viais, retirada de postes de comunicacións, ou ocasionais cortas dalgunhas árbores emprazadas nas marxes da estrada. 

Así, redúcese a necesidade de obra civil e o impacto ambiental na construción dos parques eólicos. A técnica tamén permite transportar pas de maiores dimensións. Ata o de agora, esta técnica empregárase noutros países para o transporte de pas de ata 60 metros de lonxitude: agora, a cifra aumenta ata os 80 metros. 

Grazas a este método, Norvento acelerou a construción dos seus novos parques eólicos na provincia de Lugo, minimizando o seu impacto ambiental, sendo un dos primeiros promotores que utilizan esta técnica non só en España e Portugal, senón tamén en toda Europa. Norvento colaborou con Vestas e Laso, tecnólogo do aeroxerador e transportista, respectivamente, no emprego do transporte de pas mediante bladelifter. 

Últimos días da construción dos 6 novos parques de Norvento en Galicia 

Prevese que a montaxe dos dous últimos aeroxeradores dos seis novos parques de Norvento en Galicia finalice nos próximos días, meses antes da data de vencemento da execución dos proxectos. Norvento traballou nos últimos meses na finalización dos novos parques eólicos en Lugo, o que supón un total de 128,25 MW de potencia. Os parques, situados en Abadín, A Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, Trabada, A Pontenova e Lourenzá, estarán listos para operar antes do 31 de decembro e producirán unha cantidade de enerxía anual equivalente ao consumo eléctrico dun municipio de 90.000 habitantes.

Desta maneira, Norvento mantén o seu compromiso co desenvolvemento sostible en Galicia, evitando a emisión de 4 millóns de toneladas de CO2 equivalentes durante a vida útil dos parques. Ademais, a construción e operación dos proxectos supoñerán numerosos beneficios para os municipios que os acollen: durante a súa vida útil, xeraranse aproximadamente 19 millóns de euros para administracións locais e autonómicas en concepto de impostos. 

Os novos parques estarán controlados e xestionados tanto desde os centros de control situados nos propios parques como desde a sede da compañía situada en Lugo, o Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne), un dos edificios máis avanzados de Europa en independencia e autoxeración enerxética mediante renovables, e que funciona totalmente desconectado da rede eléctrica mediante enerxías limpas.

Iván Nogueiras Pérez, Director Xeral de Norvento, destaca que “tras anos de traballo, alégranos entrar na última fase de construción destes proxectos, meses antes do vencemento do prazo. Sen dúbida, a aposta constante pola innovación e a eficiencia, como exemplifica o uso do transporte mediante bladelifter, foi clave para conseguilo”. 

Acerca de Norvento 

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Con presenza en diversos mercados internacionais, Norvento conta hoxe cun total 750 MW de plantas de xeración renovable en operación, construción e desenvolvemento, tanto en España como noutros mercados. 

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento consigue apoyo a su proceso de internacionalización Norvento termina el montaje de sus 6 nuevos parques eólicos >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}