• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 29 Marzo 2021

Lence, Norvento e Agroamb impulsarán o proxecto RIAZOR, unha innovadora planta de xeración de biogás mediante a xestión circular de residuos agroalimentarios

  • O proxecto, para o que se prevé un investimento de 7,5 millóns de euros evitará a emisión de 37.300 toneladas de CO2 equivalentes durante a súa vida útil. 
  • A planta terá unha capacidade para xestionar máis de 55.000 toneladas de residuos anualmente e presentouse como candidata á primeira convocatoria do ‘Innovation Fund – Small Scale’ da Comisión Europea. 
  • O principal obxectivo desta instalación, que se situará no polígono do CEAO (Lugo), será por en valor os residuos do sector agroalimentario (especialmente, o lácteo), converténdoos en biometano inxectable na rede de gas natural, fomentando un modelo de economía circular sostible e de proximidade.

Lugo, 29 de marzo de 2021.- Lence, grupo líder na elaboración de produtos lácteos, Norvento, compañía do sector das enerxías renovables, e Agroamb, grupo empresarial vinculado ao sector agrario e pioneiro na posta en valor de residuos orgánicos de Galicia, únense na promoción dunha ambiciosa iniciativa, o proxecto RIAZOR, unha innovadora planta de xestión circular de residuos e xeración de biogás que se situará no polígono do CEAO (Lugo).

O proxecto RIAZOR, para o que se prevé investir 7,5 millóns de euros, permitirá por en valor os residuos orgánicos e non perigosos xerados principalmente na industria láctea, aínda que ofrecerá a outras industrias agroalimentarias e organismos públicos locais a oportunidade de xestionar os seus refugallos nunha instalación que combina unha planta de biogás, un sistema de humidais e un sistema biolóxico para a eliminación de cheiros. 

Calcúlase que a planta RIAZOR terá unha capacidade de xestión dunhas 55.000 toneladas de residuos anuais cos que se xerará biogás que será inxectado e comercializado a través da rede nacional de gas natural. O modelo de economía circular e de proximidade no que está baseado posibilitará que o proxecto sexa economicamente sostible pola súa propia actividade mediante a comercialización de enerxía limpa. Estímase que, durante a súa vida útil, a planta evitará emisións de gases de efecto invernadoiro por un volume de 37.300 toneladas de CO2 equivalentes, asociadas á xestión de residuos. 

Así mesmo, o dixestato da planta de biogás permitirá xerar un compost orgánico destinado ao sector primario e un efluente líquido que será tratado nun sistema de humidais situado nas instalacións, asegurando que outros compostos químicos, como o nitróxeno, sexan capturados de maneira eficiente no proceso, ao que tempo que se cumpre cos estándares máis esixentes de calidade da auga para a súa reutilización en aplicacións industriais. Finalmente, a planta contará cun sistema de tratamento biolóxico de cheiros para atrapar compostos olorosos e minimizar o impacto ambiental. 

Unha aposta pola economía circular sostible e de proximidade 

O proxecto RIAZOR presenta unha formulación innovadora única baseado en tres piares: a sustentabilidade, a proximidade e a circularidade, aliñándose coa estratexia europea de impulso á economía verde. Por este motivo, foi presentado á primeira convocatoria do ‘Innovation Fund – Small Scale’ da Comisión Europea. 

O proxecto, que achegará unha solución óptima para o aproveitamento dos residuos da industria láctea, é sostible grazas a un modelo de negocio baseado na xeración de biometano e a súa comercialización a través da rede de gas natural. Os fluxos de materias e enerxía están ademais pechados, polo que se trata dunha planta de residuo cero que, ademais, foi deseñada coa idea de xestionar refugallos próximos, procedentes de empresas locais e organismos públicos das inmediacións.

Carmen Lence, Presidenta de Lence, subliña que “o desenvolvemento desta iniciativa é unha clara mostra da aposta do Grupo Lence pola sustentabilidade como eixo transversal de toda a nosa actividade. O respecto pola contorna é parte do noso ADN e a posta en marcha desta planta constitúe un gran avance xa que nos permitirá pechar un círculo ao conseguir reducir as nosas emisións de maneira significativa, minimizar a nosa pegada de carbono e reutilizar os nosos residuos, o que sen dúbida terá efectos positivos no medio ambiente”. 

Pablo Fernández Castro, Presidente e CEO de Norvento Enerxía, destaca que “o sector agroalimentario é estratéxico para lograr os plans europeos de alcanzar a neutralidade de carbono en 2050. Por iso, a xestión eficiente dos seus residuos é esencial para avanzar cara a unha economía verde e sostible. Alégranos colaborar con referentes como Lence e Agroamb para facer realidade un proxecto tan innovador como é o proxecto RIAZOR”. 

Severiano Ónega, CEO de Grupo Agroamb, recoñece que “nos alegra moito que algo que levamos 20 anos facendo e que aprendemos vendo aos nosos pais, hoxe podámolo trasladar á sociedade da man de líderes no seu sector como Lence e Norvento para facer de Lugo unha referencia no ámbito da sustentabilidade.” 

Acerca de Lence 

Con sede en Lugo, Lence é un grupo familiar dedicado á alimentación desde 1975. Hoxe conta cun persoal de 160 persoas e 3 plantas de produción. É a sexta produtora de España en comercialización de leite UHT. Comercializa lácteos da máis alta calidade a través de Río de Galicia, Leyma Natura principalmente, marcas orientadas a fornecer aos nosos clientes produtos e servizos coa mellor relación calidade/prezo do mercado, o que denominamos como “a compra intelixente”. Traballa con 450 granxas galegas e envasa só en Galicia. Conta co selo “Galega 100%” e Galicia Calidade, ademais do selo Aenor de Benestar Animal. 

Acerca de Norvento 

Norvento é unha empresa española do sector das enerxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), é unha compañía familiar de capital español e leva décadas operando no mercado. A actividade de Norvento no sector das enerxías renovables, abarca tanto a xeración centralizada con grandes instalacións eólicas, como a distribuída con solucións para o sector industrial, así como a fabricación de aeroxeradores de media potencia, convertedores e sistemas de almacenamento de enerxía. Con presenza en diversos mercados internacionais, Norvento conta hoxe con máis de 250 MW de plantas de xeración renovable en explotación, máis de 750 MW desenvolvidos e máis de 1.000 MW en desenvolvemento, tanto en España como noutros mercados 

Acerca de Agroamb 

A orixe familiar e o enraizamento na Terra Chá marcan os valores do Grupo Agroamb. As empresas que o conforman adícanse á produción de cultivos forraxeiros, á prestación de servizos agrícolas (servitización) e pechan o ciclo coa posta en valor de residuos orgánicos do tecido agroalimentario mediante prácticas innovadoras para a obtención de fertilizantes agrícolas. Agroamb é pioneira na implantación dun modelo de economía circular no seu sector e actualmente é membro do Comité Executivo da Rede Española do Pacto Mundial da Nacións Unidas. A súa actividade, na que os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible son unha guía para seguir, foi merecedora de diferentes recoñecementos en materia ambiental como o Premio Europeo de Medio Ambiente á Empresa na categoría de Proceso.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Lence, Norvento y Agroamb impulsarán el proyecto RIAZOR Workshops and visits for students to learn about renewable energy >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}