Sistemas de Monitorización e Control Norvento

Scada Energy 
Management Systems

Desde a Unidade de Norvento Tecnología encargámonos do deseño, desenvolvemento de proxecto, execución, posta en marcha e mantemento de Sistemas de Monitoraxe e Control de instalacións de enerxías renovables e autoconsumo como edificios, plantas eólicas ou instalacións de produción fotovoltaica.

As nosas altas capacidades e tecnoloxías permítennos deseñar e levar a cabo a implementación específica da instalación e os requirimentos dos nosos clientes, garantindo o óptimo nivel de produción de enerxía.

Os Sistemas de Monitoraxe e Control de Norvento favorecen a toma de decisións máis eficientes, simplificando o mantemento e diagnóstico de máquinas e procesos industriais e solucionando incidencias a distancia.

Centro de Control Norvento 365/24

As solucións de software e sistemas SCADA que desenvolvemos están conectados ao noso Centro de Control Norvento que opera as 24 horas do día os 365 días do ano. O noso equipo humano altamente cualificado xestiona na actualidade máis de 900 MW renovables.

  • Unidades de terminal remota (que conectadas a cada equipo recompilan a información).
  • O sistema de comunicación (pode ser cable de rede ou fibra óptica na maioría dos casos).
  • A interface (o software co que se controla o sistema).

Sistemas Ad-hoc

A nosa experiencia e know- how garanten a mellor solución para cada problema particular. Levamos 40 anos sendo o partner tecnolóxico experto de múltiples empresas industriais.

 

Sistemas flexibles e escalables

Os nosos sistemas son flexible e escalable, permitindo agregar recursos adicionais facilmente en función da evolución de cada negocio e necesidades concretas.

Algúns exemplos de clientes que confían na tecnoloxía de Norvento para o control dos seus procesos e a monitoraxe da xeración de enerxía:

As máis sofisticadas funcionalidades para a competitividade máis avanzada.

  • Integración en todo tipo de procesos industriais
  • Monitoraxe da planta ou instalación: consumo, xeracións, accionamentos, previsións…
  • Interface HMI. Panel de control para comunicación interna e externa con calquera equipo
  • Control da calidade da produción
  • Estandarización de procesos. Obtención de información da xestión xeral de forma detallada, o mantemento ou o diagnóstico das fases e información loxística
  • Control e supervisión de todos os sistemas remotos.
  • Xeración de datos históricos sobre o funcionamento dos sistemas remotos
  • Mantemento preventivo
  • Interface gráfica do operador. Xeración de datos para unha visión sintética de todos os sistemas, en forma de gráficas, histogramas ou representacións tridimensionales, entre outras.
  • Análise da evolución global do proceso.
  • Compartición de datos históricos en tempo real a todos os niveis para comparación con outros períodos de tempo.
  • Xestión de máis de 200.000 variables por servidor
  • Sistemas de supervisión configurados para monitorear calquera fallo dos servidores
  • Correctivos vinculados a defectos de deseño ou instalación
  • Recepción e emisión de múltiples sinais tanto de entrada como de saída, inmunidade a ruídos, e resistencia ante vibracións e impactos.
  • Xestión de permisos. Asignación a cada usuario un nivel de acceso que lle permita monitorar ou manipular certos datos e control dos accesos ao sistema (quen, cando e onde).
  • Sistema de alarmas. Avisos en tempo real aos operarios sobre calquera problema con rexistro das incidencias integrado.
  • Modelos de conexión a redes altamente distribuído e escalable.
  • Realización de cálculos aritméticos complexos
  • Procesamento dos datos, xeración e descargas de informes
  • Arquitectura aberta para posibles melloras ou evolución de necesidades
  • Sistema de seguridade. Protección da confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos datos do servizo.