Unha fábrica de última xeración que produce solucións pioneiras para a independencia enerxética e tecnolóxica

As nosas solucións superan os estándares comerciais e tecnolóxicos actuais: aeroxeradores para autoconsumo e repotenciación de parques eólicos, equipos avanzados de almacenamento en baterías e convertidores de electrónica de potencia de última xeración. E todo sen renunciar á sustentabilidade: emisións cero e economía circular como base. Norvento Enerxía Factory Zero -neFO- representará un novo modelo de produción e prevé cumprir co nivel outstanding dos estándares BREEAM.

Este proxecto está dotado con 27,5 millóns de euros por parte da Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA) e conta co financiamento do Fondo Europeo de Innovación no marco da Convocatoria “Innovation Fund 2023 Net Zero Technologies (InnovFund – 2023 – NZT)” na categoría “InnovFund – 2023 – NZT – Manufacturing – Clean-tech manufacturing”.

Contacto: nefoproject@norvento.com

Financiado pola Unión Europea. Así e todo, os puntos de vista e opinións expresados son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea nin os de CINEA. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables dos mesmos.

As nosas tecnoloxías

Pensados para autoconsumo e indicados para a repotenciación de parques eólicos, os nosos aeroxeradores están deseñados para garantir a máxima eficiencia e aproveitar a infraestrutura existente, o que permite asegurar a produción continua de enerxía renovable en áreas onde se necesitan sistemas máis grandes ou non encaixa outra tecnoloxía.

Os máis potentes e compactos convertidores a nivel mundial dentro dos sectores renovable e industrial, con vocación multipropósito: impulsan proxectos dende hidróxeno verde ata almacenamento a gran escala. Convertidores para autoconsumo, uso industrial e microrredes máis avanzados en electrónica de potencia.

Solucións avanzadas que garanten a seguridade enerxética e a integración de renovables.

Impacto económico e social do proxecto neFO

Detrás da innovación, as persoas: máis de 700 empregos xerados

Espérase que o proxecto neFO multiplique as compras a provedores locais e rexionais, fortalecendo a cadea de subministración a nivel galego, ademais de mellorar as iniciativas educativas para o desenvolvemento de habilidades específicas no sector.

  • 303 empregos directos de alto valor engadido.
  • 237 indirectos entre 2024 e 2027.
  • 84 empregos inducidos, ao redor do 25% do emprego indirecto.
  • X10 en compra de produción a provedores locais durante longo prazo.

Autosuficiencia enerxética

Fomentamos a competitividade e autosuficiencia da industria europea a través da innovación nos nosos produtos e promovendo o impulso á cadea de subministración local.

Impacto tecnolóxico que beneficia ao medioambiente

O noso proxecto neFO pecha o ciclo da innovación, servindo de marco para a fabricación dunha serie de produtos tecnolóxicos de vangarda, neutros en carbono. Pero non só iso, senón que neFO alimentarase dun sistema DC que empregará as máis avanzadas innovacións para facer dela unha fábrica autosuficiente e cero emisións grazas ás enerxías renovables:

  • Alimentación a través de enerxía fotovoltaica.
  • Unidades de almacenamento a través dun sistema de enerxía cero.
  • Complementamos a demanda con fontes renovables das nosas propias instalacións.

187.000 toneladas de CO₂ serán evitadas anualmente

Equivalen a 1,8 millóns de toneladas de CO₂ reducidas nos seus primeiros dez anos. O equivalente a plantar 180 millóns de árbores.

  1. Centro de Innovación Norvento Enerxía [CIne]
  2. Norvento Enerxía Factory Zero [neFO]
  3. Cidade de Lugo

Síguenos nas redes sociais de Norvento TECHnPower para estar ao día do proxecto neFO e da nosa innovación tecnolóxica

 

LINKEDIN
INSTAGRAM
FACEBOOK
X