• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 16 Xullo 2020

Norvento abre a porta ao almacenamento enerxético industrial con baterías co lanzamento do nGM

  • Deseñado e fabricado integramente en Galicia, o Norvento Gridmaster Converter (nGM) é froito de 3 anos de I+D intensivo no campo da electrónica de potencia.
  • O nGM é un convertedor electrónico de potencia que permite integrar sistemas de almacenamento enerxético mediante baterías na industria.
  • Así mesmo, incorpora a capacidade de integrarse en instalacións desconectadas da rede eléctrica funcionando como controlador intelixente de microrredes, unha característica nova no mercado.
  • O produto xa está dispoñible tras instalarse en varios proxectos piloto, entre os que se atopan explotacións gandeiras desconectadas de rede en Galicia

Imaxe do novo Norvento Gridmaster Converter, ou nGM

Lugo, 16 de xullo de 2020.- Norvento, compañía española de tecnoloxías renovables, anunciou o lanzamento dun novo produto de electrónica de potencia orientado a sistemas de almacenamento enerxético de escala industrial. O convertedor electrónico denominado Norvento Gridmaster Converter ou nGM permite xestionar o intercambio de enerxía entre a rede e un sistema de baterías, sendo capaz de operar tanto en instalacións conectadas á rede eléctrica principal como desconectadas desta. Espérase que os proxectos de almacenamento enerxético con baterías experimenten un notable desenvolvemento proximamente, de maneira similar ao que está a experimentar en ámbito da mobilidade. 

Desta maneira, Norvento reforza as súas capacidades no campo do almacenamento enerxético, que cada vez terá maior protagonismo no sector debido ao seu papel complementario en proxectos de enerxías renovables. Neste sentido, espérase que este protagonismo creza tanto en grandes instalacións de xeración como no ámbito do autoconsumo, a enerxía distribuída, os proxectos de microrredes e en sistemas illados en lugares nos que non resulta fácil acceder á rede eléctrica, como explotacións gandeiras remotas, sistemas de bombeo para regadío, ou electrificación rural en países en vías de desenvolvemento económico. 

O convertedor nGM é altamente versátil e dispón de funcionalidades que lle permiten adaptarse tanto a instalacións en rede como desconectadas dela, ao integrar un sistema que pode asumir o control de diversos elementos dentro dunha microrrede, como outras fontes de xeración renovable ou a interconexión coa rede. Ademais, é capaz de cubrir un rango de potencias moi amplo grazas á súa concepción modular, algo que lle permite integrar sistemas de almacenamento desde 50 kW ata 2 MW. A súa concepción realizouse para unha operación autónoma con supervisión remota en tempo real a través de tecnoloxía da internet das cousas ou IoT, o que simplifica notablemente o seu mantemento. 

Norvento Gridmaster Converter (nGM), un “cerebro” para sistemas desconectados da rede 

O produto non só serve de interface entre a rede eléctrica e o sistema de almacenamento, senón que ademais permite xestionar de maneira intelixente outros equipos, como solar fotovoltaica, eólica, grupos diésel, ou o interruptor de conexión a rede. Para iso, incorpora un controlador que controla en todo momento eses elementos e envíalles comandos para optimizar a operación destes e asegurar a calidade da enerxía fornecida pola rede en todo momento. 

Algúns exemplos de uso son granxas, minas, industrias illadas, sistemas híbridos de autoconsumo con baterías e fotovoltaica, estacións de recarga de vehículos eléctricos, ou instalacións que requiran dunha subministración fiable e de alta calidade, como fábricas con procesos críticos, hospitais e centros de procesamento de datos. 

O produto foi deseñado e será fabricado integramente en Galicia na factoría de Norvento en Vilalba (Lugo), esperando servir tanto ao mercado nacional como estranxeiro. 

Juan Alberto Marrero, responsable da unidade de Electrónica de Potencia de Norvento, destaca que “os plans de integración renovable existentes esixirán cada vez máis capacidades de almacenamento enerxético, tamén a nivel industrial. Este produto ofrece unha maneira moi fiable e sinxela de facelo posible. Esperamos ademais poder chegar con el ao mundo da electrificación rural en países en desenvolvemento”.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento lanza el Norvento Gridmaster Converter Norvento participa en el Proyecto Neosuccess >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}