• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 21 Decembro 2023

Norvento achega a eficiencia e o aforro enerxético a 2.000 alumnos galegos

  • A través dunha formación impartida durante o primeiro trimestre do curso pola acción social que pon en marcha cada ano xunto a Sotavento.
  • O obxectivo desta iniciativa foi concienciar a nenos e mozos da realidade enerxética na que vivimos, os retos que supón xerar a enerxía que consumimos e o impacto que isto ten sobre o medio.
  • Esta edición tivo unha gran acollida entre o alumnado e docentes, especialmente nalgunhas localidades ás que a iniciativa chegou por rimeira vez, como Barro (Pontevedra).

Norvento Enerxía puxo en marcha un ano máis a acción social que realiza xunto a Sotavento, a cal buscou concienciar a 2.000 escolares galegos da realidade enerxética da sociedade na que vivimos.

A través dunha serie de accións que consistiron en visitar máis de 20 centros escolares de varias provincias galegas durante o primeiro trimestre do presente curso e de que centos de alumnos coñezan o parque experimental de Sotavento en Xermade (Lugo), Norvento e Sotavento abordaron xunto a nenos e mozos de entre 11 e 16 anos diversas realidades como o funcionamento do noso sistema eléctrico, ou a variedade de fontes de enerxía que o alimentan.

En liña co obxectivo de Norento de achegar coñecemento sobre as enerxías renovables á sociedade, a empresa fomentou esta actividade divulgativa co fin de propiciar a creación entre os escolares dunha opinión crítica e formada acerca da nosa realidade como conxunto, caracterizada por un excesivo consumo e dependencia dos combustibles fósiles e uns cada vez máis preocupantes problemas ambientais derivados das transformacións enerxéticas.

Mediante material dinámico e accesible para os máis novos, como infografías, calculadoras enerxéticas ou esquemas apoiados por talleres con instalacións enerxéticas a escala real, un equipo multidisciplinar de educadores de Sotavento con formación específica en enxeñería e pedagoxía adaptados aos coñecementos previos do alumnado impartiron estas formacións.

Gran acollida e chegada a novas localidades

Trátase do terceiro ano consecutivo que Norvento pon en marcha esta acción social dirixida principalmente aos centros educativos dos municipios onde realiza a súa actividade, acumulando máis de 5.000 alumnos formados en hábitos de aforro, eficiencia enerxética e respecto ao medio ambiente.

Esta última edición, cultivou unha gran acollida entre o alumnado e o profesorado asistente, un aspecto que se fai patente nos centos de valoracións positivas que recibiu a actividade. Destaca moi especialmente o caso do IES de Barro (Pontevedra), onde a acción social recalou por primeira vez este ano, e no cal a actividade tivo un gran recibimento, coa visita dos alumnos de 4º de ESO ás instalacións de Sotavento, e a de os formadores á clase dos máis pequenos do centro.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Pablo Fernández Castro, presidente de Norvento Enerxía, recibe o premio APD ao mellor directivo do ano Norvento Enerxía reforza a súa alianza con Alpiq para a representación de seis dos seus parques eólicos en Galicia >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}