• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 11 Xuño 2019

Norvento avanza cos traballos de construción dos novos parques eólicos de Galicia nos prazos previstos

Lugo, 11 de xuño de 2019.- Os traballos de construción dos seis novos parques eólicos de Norvento en Galicia avanzan segundo o previsto para que, tal e como establece a normativa, estean listos para entrar en operación antes do 31 de decembro de 2019. 

Norvento ten actualmente en construción seis parques eólicos en Lugo asociados aos proxectos que obtiveron retribución na poxa de maio de 2017 para un total de 128 MW de potencia. Sitúanse concretamente en sete municipios na Mariña Central, na provincia de Lugo: Abadín, A Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, Trabada, A Pontenova e Lourenzá. 

Nestes momentos, a maior parte dos traballos céntranse na construción das subestacións de evacuación e na instalación das torres dos aeroxeradores. Despois virá o transporte e montaxe do resto de compoñentes, como as góndolas e as pas. Desta forma, Norvento confirma que cumprirá os prazos para a posta en marcha dos parques, que segundo as bases legais da poxa de maio de 2017 deberán estar listos para entrar en operación antes de que conclúa 2019. 

Os aeroxeradores foron fornecidos polos fabricantes Vestas e SiemensGamesa e presentan unha alta eficiencia cunha potencia unitaria de entre 3.3 e 3.6MW, empregando rotores de ata 136 metros de diámetro. O conxunto dos novos proxectos que Norvento ten en construción producirá aproximadamente durante un ano unha cantidade de enerxía equivalente ao consumo eléctrico dun municipio de 90.000 habitantes, igual ao tamaño de Pontevedra. 

Con estes proxectos Norvento mantén o seu compromiso con Galicia e coa sustentabilidade ambiental, xa que a electricidade xerada evitará a emisión á atmosfera de 4 millóns de toneladas de CO2 equivalentes durante toda a vida dos parques. 

Segundo estimacións da compañía durante a fase de construción os proxectos xerarán ingresos próximos aos 3 millóns de euros para os concellos que os acollen, que chegarán a través de taxas municipais por licenza e polo imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO). Así mesmo, xerarán outros 12 millóns de euros para administracións locais e autonómicas durante o resto da súa vida útil en concepto de imposto de bens e inmobles, de actividades económicas e do coñecido como canon eólico. 

Unha vez en marcha, os novos parques de Norvento controlaranse e xestionaranse tanto desde os centros de control situados nos parques como desde a sede da compañía inaugurada en 2018, o coñecido como Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne) en Lugo, que representa un dos edificios máis avanzados de Europa en independencia e autoxeración enerxética con renovables. 

Durante os próximos meses, Norvento seguirá mantendo, como ata o de agora, unha estreita colaboración e intercambio informativo coas diferentes corporacións municipais onde se sitúan os parques, así como co resto de autoridades do territorio e a propia Xunta. 

Acerca de Norvento 

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Con presenza en diversos mercados internacionais, Norvento conta hoxe cun total 750 MW de plantas de xeración renovable en operación, construción e desenvolvemento, tanto en España como noutros mercados. 

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Inicio de la instalación de los aerogeneradores en los nuevos parques eólicos de Norvento Autorizado el Parque Eólico Olerón promovido por Norvento >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}