- Norvento Enerxía ampliou o proxecto fotovoltaico coa instalación de 129 kWp na cubertas das naves F e G.
- Gracias a esta instalación, MB92 Barcelona poderá satisfacer parte da súa demanda enerxética e a dos seus clientes mediante fontes renovables xeradas nas súas propias instalacións, nun modelo de autoconsumo eficiente e sostible.
Norvento enerxía, empresa xeradora de enerxía renovable, tecnoloxía asociada a productos e solucións enerxéticas avanzadas, ampliou o despregamento fotovoltaico para MB92 barcelona, empresa especializada na reparación, o reacondicionamento e o mantemento de superiates con máis de 30 anos de experiencia e liderado no sector, cunha instalación de 129kWp de potencia nas naves F e G.
A compañía iniciou este proxecto no 2021, coa instalación das primeiras placas fotovoltaicas nas instalacións do Porto de Barcelona. O estaleiro, dedicado exclusivamente a superiates, é líder no Mediterráneo e ofrece servizo anualmente a máis de 90 iates con esloras que oscilan entre os 30 e 180 metros.
Xerando enerxía verde no corazón de Barcelona
Para dar servizo a algunhas das embarcacións técnicamente máis sofisticadas de todo o mundo, MB92 continúa investindo de maneira sostida no reacondicionamento e optimizacón da súa tecnoloxía e instalacións. Por iso, a inversión en sustentabilidade dirixida a minimizar o impacto do estaleiro segue a ser primordial.
Grazas á ampliación do proxecto, MB92 poderá satisfacer unha maior demanda enerxética mediante fontes renovables xeradas nas súas propias instalacións, nun modelo de autoconsumo eficiente e sostible.
Este despregamento está aliñado coa visión de MB92 e a súa dedicación a un enfoque centrado na implementación de prácticas responsables e sostibles en todos os seus emprendementos, consolidándose como pioneiro no seu sector para abordar de maneira proactiva os desafíos ambientais predominantes no mercado. O firme compromiso de MB92 coa sustentabilidade maniféstase non só a través da súa colaboración con Norvento Enerxía, senón tamén co seu compromiso coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible establecida polas Nacións Unidas.
Norvento Enerxía continúa a posicionarse como unha destacada empresa especializada en ofrecer solucións tecnolóxicas integrais para o autoconsumo enerxético industrial. Con máis de corenta anos de experiencia acumulada, demostra un profundo dominio en áreas como a xeración fotovoltaica, eólica e de biogás, xunto coa impementación de sistemas de almacenamento de baterías. A súa competencia abarca tanto sistemas conectados á rede como sistemas independentes, e exténdese ao ámbito da consultoría e enxeñería.
“Tanto a electrificación de peiraos como a instalación de fontes de enerxía renovable son proxectos nos que nós tamén estamos a traballar e que pronto veremos frutificar noutros puntos do recinto portuario” asegurou Lluís Salvadó, presidente do Port de Barcelona.
Marc Hervás, Sustainability Coordinator de MB92 Group, apunta: a empresa realizou notables avances no seu camiño cara á sustentabilidade enerxética nos últimos anos, sendo a redución do uso de combustibles fósiles ou a electrificación dos seus peiraos algúns dos exemplos máis destacados. Ademais, no último ano o estaleiro implementou o cambio dos calefactores diésel a sistemas de aerotermia nos proxectos de pintura.