• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 23 Abril 2024

Norvento Enerxía reafirma un ano máis o seu compromiso cos mozos colaborando co Circuíto do Talento da Fundación Princesa de Xirona

  • A compañía galega acompañou de novo a esta iniciativa, que en 2023 recalou en Lugo e que aposta por dar impulso ao desenvolvemento profesional das novas xeracións, nas súas paradas por cinco cidades españolas.
  • Rosa Botas, directora de Persoas de Norvento, participou hoxe como relatora na mesa redonda “Preparados para unha novo paradigma. Que talento buscan as empresas?”, no marco do Congreso organizado por APD na parada de Santander e realizou unha sesión de ‘mentoring’ con 8 novos talentos.
  • Pola súa banda, o director de Operacións da empresa, Juan Morilla, actuou como moderador no coloquio “O Planeta en perigo. Última chamada á Sustentabilidade”, que se celebrou o mes pasado en Cádiz, xunto aos directores de Sustentabilidade de Enagás e Navantia.
  • O equipo de Persoas da compañía estivo presente estes días na Feira de Emprego PICE, que a Cámara de Comercio de Cantabria impulsa na capital da Comunidade, para dar a coñecer a proposta de valor de Norvento ás xeracións que se incorporan á vida laboral.

Norvento Enerxía foi por segundo ano consecutivo empresa colaboradora co Circuíto do Talento da Fundación Princesa de Xirona, unha iniciativa que cada ano percorre cinco cidades españolas para ofrecer múltiples actividades destinadas a conectar aos mozos con diversas oportunidades de crecemento persoal.

Esta proposta, que no 2023 recalou en Lugo e que este ano fixo parada en cidades como Lleida, Salamanca, Cádiz ou Santander, engloba toda unha serie de relatorios, debates, talleres, concertos, exposicións e espectáculos, nos cales empresas locais das cidades onde recala e colaboradoras, como Norvento, contribúen co seu coñecemento e experiencia.

A participación da compañía galega ten como obxectivo principal difundir entre os mozos todas as oportunidades de futuro dispoñibles, especialmente no ámbito da tecnoloxía e, máis concretamente, no sector das enerxías renovables, fomentando así o coñecemento e a exploración de novas perspectivas profesionais.

Na procura do talento junior

Na parada que o Circuíto do Talento fixo na cidade de Santander estes días, a directora de Persoas de Norvento, Rosa Botas, participou como relatora na mesa redonda “Preparados para un novo paradigma. Que talento buscan as empresas?”, organizada no marco do Foro que a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), celebra en cada Parada do Tour. Nesta mesa, Rosa estivo acompañada por representantes de Randstad, o Centro Tecnolóxico CTC e Sayme, e aproveitou para falar sobre a realidade do sector tecnolóxico renovable na captación e desenvolvemento de perfís STEM, ademais de dar a coñecer algúns casos de éxito que Norvento cultivou neste ámbito, como lograr transformar a súa sede CIne nun polo de atracción de talento para Lugo e Galicia.

Posteriormente, mantivo un xantar con oito novos talentos xunto a outros directivos e líderes de empresas nacionais, nunha actividade organizada pola área de Programas de Talento da FPdGi, para ofrecerlles a súa visión como directiva e orientarlles cara ás competencias profesionais que debe atesourar todo membro da denominada “Xeración Talento”.

Do mesmo xeito, o equipo de Persoas de Norvento participou na Feira de Emprego que tivo lugar onte no Palacio de Congresos de Santander, organizada pola Cámara de Comercio de Cantabria. O obxectivo da empresa foi mostrar a todos os mozos que se achegaron ata a caseta que Norvento mantivo no salón, as oportunidades de desenvolvemento profesional que a compañía pode ofrecerlles, tales como o Programa de Talento Junior para recentemente graduados ou mozos profesionais que Norvento leva impulsando varios anos, e que, dadas as sinerxias entre Galicia e Cantabria, poden resultarlles de interese.

Foco na Sustentabilidade

Nesta edición do Tour do Talento, a Sustentabilidade e o coidado do Planeta cobraron unha gran relevancia. Así, Juan Morilla, director de Operacións de Norvento Enerxía, actuou como moderador na mesa “O Planeta en Perigo: última Chamada á Sustentabilidade”, no marco do Foro APD na Parada de Cádiz, celebrada o mes pasado, onde participaron como relatores Daniel do Castillo Moura, director corporativo de Sustentabilidade de Navantia, e José Miguel Tudela Olivares, director de Sustentabilidade e Acción Climática de Enagás, co obxectivo de tratar a necesidade de poñer en marcha medidas urxentes para reverter a situación climática que vivimos.

Con esta colaboración co Circuíto do Talento da Fundación Princesa de Xirona, Norvento reafirma o seu compromiso co talento español e local, contribuíndo a desenvolver o futuro dos profesionais da enxeñería, o sector enerxético ou a sustentabilidade. Neste sentido, Rosa Botas, directora de Persoas da compañía, sinalou que: “É un pracer colaborar unha vez máis co Circuíto do Talento e ter a oportunidade de dar a coñecer o noso traballo e as oportunidades de desenvolvemento que achegan os sectores enerxético e tecnolóxico. Colaborar coa Fundación Princesa de Xirona nesta iniciativa enfocada aos mozos é para nós unha aposta estratéxica, pois unha gran parte do noso talento é menor de 30 anos, e precisamos seguir incorporando máis perfís innovadores debido á crecente demanda de profesionais no noso sector”.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento Enerxía conclúe a construcción da maior instalación de auoconsumo fotovoltaico de Galicia nas instalacións de Extrugasa Norvento Enerxía subministrará un sistema de almacenamento enerxético electroquímico para o Centro de Desenvolvemento de Tecnoloxías de CIUDEN >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}