• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 20 Decembro 2016

Norvento expandirá o seu negocio de autoconsumo para o sector agropecuario con eólica e plantas de biogás

  • O aeroxerador nED 100, desenvolvido por Norvento está deseñado para consumos industriais medios, e conta xa cunha moi boa acollida en explotacións agropecuarias en Reino Unido, onde a compañía xa instalou 23 aeroxeradores desde 2014 e onde espera instalar 500 en dez anos. 
  • As plantas de biogás Bioplant, tamén deseñadas por Norvento, permiten xestionar os residuos orgánicos e é modulable e adaptable ás necesidades de cada cliente.

Madrid, 20 de decembro de 2016.- Norvento, compañía española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral, puxo na enerxía eólica e os biocombustibles (biomasa e biogás) o foco para a súa estratexia de expansión no sector agrario, tanto en España como en mercados internacionais. 

A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, así como o deseño, promoción, construción e explotación de parques (eólicos fundamentalmente), proxectos de xeración distribuída para autoconsumo do sector industrial e empresarial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Así, co obxectivo de axudar as pequenas e medianas explotacións gandeiras e agrícolas a incorporar sistemas de produción de enerxía renovable, máis eficientes en termos económicos e sostibles no medio e longo prazo, Norvento desenvolveu un aeroxerador, denominado nED, e un modelo de planta de biogás para xeración distribuída de enerxía, que poden utilizarse tanto en instalacións off-grid (desconectados da rede eléctrica) como conectadas á rede. O aeroxerador permite xerar in situ parte da electricidade demandada polos procesos dunha instalación agropecuaria, ao tempo que as plantas de biogás ademais de contribuír con electricidade pódeno facer con calor. 

A xeración distribuída de enerxía, tamén chamada autoconsumo industrial, permite aforrar custos enerxéticos e ao tempo contribuír á sustentabilidade ambiental. A xeración distribuída é especialmente útil para o sector agrario xa que as granxas e explotacións gandeiras en ocasións atópanse en lugares illados con acceso difícil á rede eléctrica. 

Aeroxerador nED: gran éxito de arranque no sector agropecuario do Reino Unido 

Para aproveitar o recurso eólico, Norvento desenvolveu o aeroxerador nED 100 para consumos industriais medios, con características que o fan especialmente idóneo para empregar no sector agrícola e gandeiro. Este aeroxerador de 100 kW foi deseñado e desenvolvido para conseguir a máxima captura aerodinámica. O nED100 alcanza unha produción enerxética anual que oscila entre os 200 e os 400 MWh en función das condicións do vento. Ademais, adáptase aos diferentes réximes de vento, o que aumenta a súa eficiencia mecánica e eléctrica. O seu mecanismo non necesita de ningún tipo de fluído para lubricación ou refrixeración, o que reduce o seu mantemento a unha única visita anual. Pode ser controlado as 24 horas do día os 365 días do ano a través dunha completa aplicación para Smartphone que inclúe todos os datos a tempo real. 

Desde o ano 2014, Norvento instalou 23 unidades deste aeroxerador no Reino Unido, a maioría delas en cooperativas gandeiras. A súa experiencia neste sector foi moi positiva e as expectativas son de crecemento, xa que a compañía prevé instalar 500 unidades nos próximos 10 anos. 

Pero a enerxía eólica non é o único recurso natural que pode axudar a aforrar custos e producir enerxía limpa na contorna rural, o biogás é outro combustible natural que pode aproveitarse. 

Bioplant: planta de biogás á medida para explotacións agropecuarias 

A industria agrícola e gandeira xeran unha alta carga de restos orgánicos, polo que o seu aproveitamento pode supor un gran valor económico para o sector. Para iso Norvento deseñou Bioplant, unha planta de biogás que permite ás granxas xestionar os residuos orgánicos converténdoos en gas renovable, enerxía ou ambas cousas. Ademais, as plantas de biogás de Norvento son modulares, polo que poden adaptarse ás necesidades de cada cliente e ás súas infraestruturas existentes. 

A produción de biogás está baseada en tres fases. En primeiro lugar, almacénanse os residuos e fáiselles un tratamento específico previo. A continuación, pasan ao dixestor, onde grazas ao proceso de dixestión anaeróbica se produce o biogás, que é almacenado no gasómetro. Despois o biogás refínase e envíase á caldeira (para a xeración de calor) ou ao motor de coxeración (para a xeración de enerxía). Do mesmo xeito que o aeroxerador nED, a Bioplant pode ser monitorizada a tempo real desde un smartphone. As plantas alcanzan potencias nominais entre os 50 e o 150 kW de electricidade ou alternativamente entre 200 e 600 kW de potencia calorífica.

O biogás presenta múltiples beneficios tanto enerxéticos como ambientais e económicos. En termos de enerxía, trátase dun combustible versátil (que permite xerar electricidade, calor ou ambos segundo necesítese), estable, cunha alta dispoñibilidade (alcanzando as 8.000 horas anuais), e eficiente, grazas ao seu alto aproveitamento térmico. En canto aos seus beneficios económicos, non só leva asociada unha redución dos custos enerxéticos, senón que ademais pode achegar ingresos adicionais grazas á venda a terceiros ou a comercialización da calor, por exemplo. Ademais, é un proceso respectuoso co medio ambiente xa que evita a contaminación de acuíferos e do solo (xa que se utilizan menos fertilizantes), reduce os patóxenos grazas ao proceso dos residuos orgánicos e reduce tamén as emisións de metano derivadas da descomposición natural da materia orgánica. 

Manuel Pinilla, Director Comercial de Norvento, destacou que “o autoconsumo industrial é unha tendencia imparable a nivel mundial. As estimacións apuntan que ata 2024 instalaranse preto de 530 GW en xeración distribuída. É evidente que nos diriximos cara a un modelo enerxético descarbonizado e circular no que as enerxías renovables terán un papel preponderante, e Norvento sitúase á vangarda destas tecnoloxías poñendo no mercado produtos e servizos que permitan ás industrias incorporarse aos novos modelos de produción, xestión e consumo enerxético”.

Sobre Norvento

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Con presenza activa en cinco mercados internacionais (Reino Unido, Brasil, Estados Unidos, Polonia e Italia), Norvento conta hoxe 110 MW en operación en España e un pipeline de 597 MW en diferentes fases de desenvolvemento. 

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento en la Cámara de los Comunes Norvento, novo asociado de AINIA >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}