• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 10 Xuño 2025

Norvento, galardoada como Empresa máis Sostible nos Premios Empresa do Ano Banco Sabadell 2025

  • A empresa recibiu o recoñecemento polo seu forte compromiso coa sustentabilidade e o desenvolvemento industrial de Galicia.
  • O xurado valorou a súa aposta pola innovación dende fai máis de corenta anos, representada agora no recente lanzamento da súa marca Norvento TECHnPower.
  • Pablo Fernández Castro, presidente de Norvento, recolleu o premio facendo fincapé no Plan Tecnolóxico e Industrial de Norvento, e a súa enorme repercusión en termos de actividade industrial, emprego e fixación de coñecemento na nosa comunidade.

Norvento recibiu onte o premio á Empresa Más Sostible, na segunda edición dos Premios Empresa do Ano en Galicia, organizados por Banco Sabadell e Prensa Ibérica. Os galardóns, xa consolidados como un referente en Galicia, premian cada ano a empresarios e organizacións que se distinguen polo seu compromiso e achega á sociedade galega.

O acto, celebrado no Pazo Os Escudos de Vigo, contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; e destacadas figuras do ámbito empresarial e institucional. Este premio recoñece a pioneira traxectoria de Norvento no sector das enerxías renovables, así como o seu forte compromiso coa sustentabilidade e o desenvolvemento industrial de Galicia dende hai máis de 40 anos.

Ao acto acudiu o presidente de Norvento, Pablo Fernández Castro, quen recolleu o galardón destacando a aposta de Norvento pola tecnoloxía de vangarda e a actividade industrial en Galicia: “Os beneficios que obtemos xerando enerxía dedicámolos a desenvolver produtos innovadores e a crear así actividade tecnolóxica e industrial en Galicia, con investimento e emprego de calidade. Multiplicamos por cinco os empregos con respecto á media do sector, facendo así realidade o noso soño de contribuír á sustentabilidade ambiental, social e económica, e tamén á independencia enerxética e tecnolóxica”.

Este gran impacto en termos económicos e sociais materializouse grazas á posta en marcha do Plan Tecnolóxico e Industrial de Norvento, enfocado en deseñar e fabricar, dende Galicia, aeroxeradores de última xeración para a repotenciación de parques eólicos, disruptivos convertidores de electrónica de potencia para proxectos a gran escala e autoconsumo e sistemas de almacenamento de enerxía en baterías.

Un aspecto, a aposta pola innovación tecnolóxica, que se fai especialmente patente co lanzamento de Norvento TECHnPower, a nova marca para a división tecnolóxica de Norvento que se presentou estes días, e que supón a consolidación da empresa no sector da tecnoloxía renovable.

neFO, unha fábrica autosuficiente recoñecida por Europa

Un dos proxectos máis relevantes para Norvento é neFO -Norvento Enerxía Factory Zero- unha planta industrial autosuficiente e neutra en emisións, que a empresa está a construír no Parque Empresarial As Gándaras (Lugo), e que fabricará todos os produtos da marca Norvento TECHnPower.

Este proxecto foi seleccionado para recibir 27,5 millóns de euros do Fondo Europeo de Innovación, o único proxecto 100% español seleccionado na súa categoría, e especialmente destacada no ámbito da sustentabilidade, xa que evitará a emisión de 187 000 toneladas de CO₂ dende a súa posta en marcha, o que se traduce nunha redución de 1,8 millóns de toneladas de CO₂ nos seus primeiros 10 anos, equivalente á plantación de 180 millóns de árbores.

“Norvento como empresa do sector das enerxías renovables, é xa intrinsecamente sostible. Xeramos enerxía sen esgotar recursos primarios, utilizando fontes como o sol e o vento, que son inesgotables. Máis aló diso, sempre tentamos aplicar a sustentabilidade en todas as áreas da empresa”, destacou Pablo Fernández Castro. “Todo o que fixemos, dende o desenvolvemento tecnolóxico ata como concibimos a nosa sede CIne -Centro de Innovación Norvento Enerxía-, responde a esa mesma idea de sustentabilidade. Estamos comprometidos con desenvolver un impacto positivo na nosa contorna, ao xerar enerxía sen contaminar, e ao mesmo tempo tratamos de contribuír á sustentabilidade dende o punto de vista social e económico”, concluíu o presidente de Norvento.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento presenta TECHnPower, unha nova marca que reflicte a súa aposta pola tecnoloxía de vangarda tras máis de 40 anos de innovación O proxecto público-privado de I+D galego Fisterra presenta tecnoloxías como o xemelgo dixital ou realidade aumentada para fabricar un convertidor que reducirá as emisións do transporte marítimo >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}