• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 3 Xullo 2019

Norvento instala en Gran Canaria un aeroxerador destinado ao autoconsumo empresarial

  • O aeroxerador nED100, de 100kW de potencia, permitirá a Finca Condal Vega Grande, situada en San Bartolomé de Tirajana, xerar de forma autónoma unha gran parte da enerxía que consome 
  • Desta maneira, evitarase a emisión de 2.500 toneladas de CO2 equivalentes á atmosfera durante toda a vida do aeroxerador
  • O proxecto benefíciase do gran potencial eólico das Illas Canarias, que fai moi interesante o uso da eólica para autoconsumo en complexos comerciais, turísticos e industriais

Norvento, compañía española de tecnoloxías de enerxías renovables, instalou un novo aeroxerador modelo nED100 na Finca Condal Vega Grande, situada en San Bartolomé de Tirajana, Gran Canaria, que se adica á celebración de eventos. Grazas á capacidade do aeroxerador, de 100kW de potencia, o recinto reducirá a súa dependencia enerxética da rede eléctrica, ao xerarse de maneira autónoma unha importante parte do seu consumo eléctrico. 

A instalación aproveita o gran potencial eólico da illa embebéndose nunha zona urbana onde predomina o uso empresarial, similar a moitas outras localizacións nas que o aeroxerador de Norvento xa foi instalado, moitas delas no Reino Unido. Este tipo de localizacións requiren aeroxeradores moi eficientes e silenciosos como o nED100. O proxecto beneficiouse da Reserva para Investimentos en Canarias e con el a Finca Condal reforza o seu compromiso coa sustentabilidade ambiental, xa que evita a emisión de 2.500 toneladas de CO2 equivalentes á atmosfera durante toda a vida do aeroxerador coa enerxía xerada. Unha vez en funcionamento, o aeroxerador controlarase desde o Centro de Control de Norvento e o mantemento correrá a cargo de Cobra. 

Aeroxerador nED 100: deseñado para o autoconsumo enerxético medio 

O modelo nED100, deseñado por Norvento, está especialmente pensado para proxectos de autoconsumo e é capaz de producir ata 400MWh/ano. O seu mantemento practicamente redúcese a unha revisión anual e está pensado para consumos enerxéticos medios, como centros comerciais, instalacións industriais, hospitais, portos, centros de congresos, ou complexos hostaleiros e de lecer, entre outros. O aeroxerador ten unha altura de entre 24 e 36 metros, para adaptarse á particularidade de cada emprazamento. 

Cun rotor de 24 metros de diámetro, o deseño das súas pas está pensado para optimizar o rendemento aerodinámico. O aeroxerador pode operar en condicións de vento forte e turbulento, frecuente nas Illas Canarias, grazas ao seu avanzado sistema de control. O nED100 está presente en decenas de localizacións de varios países. Entre elas, a sede de Norvento en Lugo, o Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne), un dos edificios máis avanzados de Europa en independencia e autoxeración enerxética mediante renovables, 100% autoabastecido e totalmente desconectado da rede eléctrica. 

Manuel Pinilla, director comercial de Norvento, destaca que “a aposta realizada por Finca Condal Vega Grande é un exemplo de como a subministración con enerxía limpa está ao alcance de consumidores de todos os tamaños; o potencial eólico existente en Canarias fai que o noso aeroxerador teña perfecto encaixe nunha gran variedade de clientes empresariais”. 

Acerca de Norvento 

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Con presenza en diversos mercados internacionais, Norvento conta hoxe cun total 750 MW de plantas de xeración renovable en operación, construción e desenvolvemento, tanto en España como noutros mercados. 

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Autorizado el Parque Eólico Olerón promovido por Norvento O Director Xeral de Enerxía e Minas e o Delegado da Xunta en Lugo visitan as obras do parque eólico de Norvento nos concellos de Abadín e A Pastoriza >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Almacenamento
      • Sistemas de almacenamento con baterías
      • Convertidores de potencia
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}