• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 8 Setembro 2020

Norvento avanza no negocio do almacenamento enerxético con baterías para o autoconsumo industrial 

  • A compañía desenvolveu un novo sistema de almacenamento modular baseado en baterías ión de litio de fácil despregamento (sistema “plug and play”) para aplicacións industriais e comerciais, cunha capacidade de entre 50 e 800kWh e potencias de entre 50kVA e 400kVA.
  • Estes sistemas son especialmente útiles en industrias nas que os consumos de electricidade ocorren nas horas nas que a enerxía é máis cara, cando teñen excedentes de xeración renovable nas súas plantas de autoconsumo ou cando experimentan elevados picos de consumo.

Lugo, 8de setembro de 2020.- Norvento, compañía española de tecnoloxías renovables, anunciou o lanzamento dos seus sistemas de almacenamento enerxético, especificamente pensados para explotacións industriais e comerciais e que complementan a súa proposta de valor de sistemas de autoconsumo. Estes novos sistemas empregan baterías de ión de litio, unha tecnoloxía de almacenamento segura, eficiente, e operable a un alto número de ciclos con capacidade de chegar a profundidades de descarga moi elevadas, similar á empregada en vehículos eléctricos e teléfonos móbiles. 

Os novos sistemas foron deseñados cun enfoque “plug and play”, é dicir, están preconfigurados para facilitar o seu despregamento ao usuario, quen poderá incorporalos directamente nas súas instalacións sen configuracións adicionais que dificulten o seu uso inmediato. O seu deseño modular facilita ademais a adopción para un amplo abano de casos de uso: os sistemas contan cunha capacidade de almacenamento de entre 50 e 800kWh e con potencias entre 50kVA e 400kVA, que cubren así distintos tipos de instalacións, desde unha pequena explotación agraria a unha factoría de consumo medio. 

Entre outras aplicacións, os sistemas de almacenamento enerxético de Norvento poden resultar especialmente útiles en casos como:  

  • Instalacións industriais e comerciais con consumos de electricidade predominantes en horas punta ou con sistemas de autoconsumo con excedentes. 
  • Instalacións con restricións para a ampliación de potencia nas que isto supoña unha limitación ao seu crecemento.
  • Microrredes ou sistemas illados da rede eléctrica que queiran reducir consumo de diésel.  
  • Instalacións que requiran unha subministración eléctrica fiable, continuo e de calidade. 

Os sistemas de almacenamento están conectados en todo momento co Centro de Control de Norvento, desde onde se controla toda a súa actividade. Grazas ao despregamento de tecnoloxía da internet das cousas (IoT), os usuarios dispoñen de todos os datos do sistema a través da nube mediante unha aplicación móbil, podendo vixiar en tempo real os parámetros máis relevantes das súas baterías. Así mesmo, os sistemas inclúen un sistema de xestión de enerxía (EMS) para o despacho programado de enerxía almacenada. 

O almacenamento enerxético, clave para os sistemas baseados en fontes renovables 

Os novos sistemas de almacenamento enerxético de Norvento complementan o recente lanzamento do nGM, un novo convertedor electrónico de potencia desenvolvido pola compañía. Tanto o nGM como os novos sistemas de almacenamento foron deseñados para axudar ás empresas para optimizar o uso dos seus sistemas de xeración enerxética mediante fontes renovables, xa que o almacenamento mediante baterías xogará un papel cada vez máis destacado no mercado industrial a medida que os avances tecnolóxicos faciliten a súa adopción. 

Entre outras vantaxes, os sistemas de almacenamento permiten reducir picos de consumo, suplindo demandas puntuais nas instalacións e obtendo un aforro por redución de peaxes por exceso de potencia, frecuentes na industria produtiva. Así mesmo, e coa creación da figura do agregador, o usuario poderá participar nos mercados de servizos auxiliares de rede conseguindo ingresos adicionais. Ademais, estes sistemas axudan ao usuario para optimizar a curva de consumo da instalación. Finalmente, os sistemas de almacenamento eléctrico con baterías son capaces de axudar a manter a subministración eléctrica ás cargas críticas durante perdas de rede e restablecer a rede sen necesidade de contar cunha fonte alterna fronte ás perdas de subministración eléctrica, proporcionando un mecanismo de arranque de emerxencia. 

Luis Jiménez, responsable do Departamento de Solar Fotovoltaica e Almacenamento de Norvento, destaca que “os nosos novos sistemas de almacenamento son un paso máis no ámbito da industria e a enerxía distribuída no que a capacidade de xestionar o uso da enerxía eléctrica xogará un papel cada vez máis importante tanto no que coñecemos como ámbito do autoconsumo como na gran xeración renovable. Sen dúbida, os sistemas de baterías serán un gran aliado nos próximos anos para axudar á industria para alcanzar os seus obxectivos de sustentabilidade”. 

Acerca de Norvento 

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva décadas operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Con presenza en diversos mercados internacionais, Norvento conta hoxe con máis de 250 MW de plantas de xeración renovable en explotación, máis de 750 MW desenvolvidos e máis de 1.000 MW en desenvolvemento, tanto en España como noutros mercados. 

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Subvenciones Inega energía fotovoltaica para empresas Norvento lanza sus sistemas de almacenamiento energético >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}