• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 29 Novembro 2016

Norvento presenta a súa estratexia de expansión no mercado das enerxías renovables

  • O desenvolvemento dunha carteira existente de 597 MW e a expansión internacional con xeración distribuída para a industria serán os dous grandes piares de crecemento para a compañía nos próximos anos.
  • Norvento abarca toda a cadea: desde a fabricación de aeroxeradores, ata o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables (parques eólicos fundamentalmente), deseño e construción de instalacións de xeración distribuída e microrredes para autoconsumo industrial e empresarial, así como servizos de enxeñería a terceiros.
  • Presente xa en Reino Unido, Brasil, Estados Unidos, Polonia e Italia, entre os próximos mercados internacionais nos que iniciarán operacións están a India, África, Centro América e o  Caribe, rexións cun gran potencial para o negocio do autoconsumo industrial fronte á ausencia de infraestruturas enerxéticas necesarias. 

Norvento, compañía española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral, presentou hoxe en Madrid o seu plan de expansión nacional e internacional co que busca posicionarse nos próximos anos como unha das compañías de referencia no mercado das enerxías renovables.

De capital 100% español e sede en Galicia, Norvento leva operando desde hai 35 anos e hoxe xa está presente en cinco mercados internacionais como o Reino Unido, Brasil, os Estados Unidos, Polonia e Italia, ademais de España. A compañía conta hoxe con 110 MW en operación e un pipeline de 597 MW en diferentes fases de desenvolvemento. 

A súa actividade abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética para clientes. 

Norvento presentou hoxe en Madrid as principais liñas da súa estratexia de expansión para posicionarse entre os grandes referentes do negocio das renovables tanto no noso país como no mercado internacional. A compañía conxuga hoxe un amplo abano de solucións tecnolóxicas multirrenovables, como son a eólica, fotovoltaica, biogás e biomasa, aínda que é na eólica onde Norvento está hoxe mellor posicionada. 

Segundo explicou esta mañá Iván Nogueiras, Director de Enerxía de Norvento, o crecemento e expansión da compañía virán dados tanto polo seu negocio tradicional baseado na xeración centralizada de enerxía (parques eólicos fundamentalmente) como polo negocio da xeración distribuída (autoconsumo industrial), é dicir, a focalizada en consumos enerxéticos medios.

No caso do negocio tradicional de xeración centralizada, a compañía centrará a súa actividade a curto prazo no pleno desenvolvemento dunha carteira de proxectos de 597 MW, dos cales 369 MW estarán en España (a gran maioría en eólica) e os 228 MW restantes en mercados internacionais como o Reino Unido, Brasil e Polonia. Actualmente Norvento ten plenamente operativos 110 MW en España (94 MW eólicos e 16 MW repartidos entre hidráulica, biomasa e solar fotovoltaica). Pero é no segundo gran fronte, o da xeración distribuída para consumos enerxéticos medios onde a compañía pretende facer pivotar principalmente a súa expansión internacional. 

Xeración distribuída (autoconsumo industrial) e novo modelo enerxético 

Norvento traballa desenvolvendo tecnoloxías que capacitan a clientes industriais e empresariais para incorporarse aos novos modelos de produción, xestión e consumo enerxético, como é a xeración distribuída (autoconsumo) dentro e fóra de rede. É o caso da distribuída eólica, sistemas off-grid (desconectados de rede) ou tecnoloxía de microrredes (con múltiples tecnoloxías renovables). 

De feito, os primeiros pasos en distribuída eólica en países como o Reino Unido foron un éxito. Desde o inicio das operacións neste país no ano 2014 coa comercialización do seu aeroxerador nED, de deseño e fabricación propia, xa se instalaron 23 unidades, principalmente en cooperativas gandeiras. As estimacións de negocio da compañía sitúan a cifra en 500 aeroxeradores nED comercializados durante os próximos 10 anos no Reino Unido. 

En canto ao desenvolvemento do negocio de distribuída, os principais eixos serán fundamentalmente dous. Por unha parte, o desenvolvemento e evolución de produtos e capacidades (aeroxeradores nED, sistemas de microrredes con múltiples tecnoloxías renovables, integración de distintas tecnoloxías de almacenamento enerxético etc). E en segundo lugar, a expansión en mercados internacionais. 

Sobre isto último, Norvento anunciou que as rexións obxectivo onde pretende introducir e expandir o seu negocio en xeración distribuída serán tanto nas economías avanzadas xa plenamente electrificadas, como nos países en vías de desenvolvemento. 

En canto aos primeiros, a presenza de Norvento no Reino Unido con distribuída eólica é un claro exemplo desta oportunidade. Así, nas economías avanzadas os sectores obxectivo en distribuída onde se focalizará a compañía serán as explotacións agropecuarias, portos, plantas e polígonos industriais, centros comerciais, instalacións de bombeo de auga ou complexos turísticos, entre outros. 

Por outra banda, Norvento tamén mira cara a países en desenvolvemento, que contan con bos recursos enerxéticos (solar e eólico) pero con amplas zonas desabastecidas de subministración, e onde a ausencia dunhas sólidas infraestruturas eléctricas moverán o tecido industrial a optar polos seus propios sistemas de xeración e autoconsumo enerxético. Exemplos destes mercados obxectivo para Norvento son a India, África ou Centroamérica e o Caribe. 

Aínda que é a distribuída eólica á que Norvento pretende dar un maior protagonismo dentro da súa estratexia de expansión no negocio de distribuída, tamén as plantas de biogás e os sistemas de microrredes on-grid e off-grid con diversas tecnoloxías renovables van formar parte das pancas de crecemento a futuro para Norvento. De feito, os sistemas de microrredes serán a base para impulsar tamén a comercialización de proxectos para edificios corporativos autosuficientes, tamén chamados de enerxía cero. 

“Fitos como o Cume de París ou os Obxectivos 20/20/20 da UE son marcos propicios para expandir o noso negocio en distribuída. Temos nosa propia tecnoloxía, experiencia e capacidade, e ademais son poucos os operadores especializados en distribuída para consumos enerxéticos medios. Estamos listos para aproveitar as oportunidades dun mercado enorme”, indicou Iván Nogueiras, Director de Enerxía de Norvento. 

A nivel mundial, as estimacións apuntan que ata 2024 se instalarán preto de 530 GW en xeración distribuída (fonte: Navigant Research). 

Para manterse á vangarda nas últimas tendencias en enerxías renovables e continuar desenvolvendo solucións tecnolóxicas para dar resposta ás demandas do mercado, Norvento dedica anualmente un 10% dos seus ingresos a I+D. A peche de 2015, a facturación da compañía alcanzou os 28 millóns de euros. 

Principais magnitudes de Norvento (resumo)

  • Presenza actual en 5 países: España, o Reino Unido, os EE.UU, Brasil, Polonia e Italia. 
  • 110 MW operativos en España. (94 MW eólicos, 16 MW outros) 
  • 597 MW en desenvolvemento:
    • 369 MW en desenvolvemento en España (330 MW eólicos, 28 MW hidráulica, 11 MW bioenerxías)
    • 78 MW en desenvolvemento en Polonia (dous parques eólicos). 
    • 150 MW en desenvolvemento en Brasil (parque eólico).
  • 1 MW operativo en Italia (planta fotovoltaica). 
  • 528 MW transferidos en mercados internacionais: 
    • 244 MW transferidos no Brasil. 
    • 178 MW transferidos nos Estados Unidos. 
    • 180 MW transferidos en Chile. 
  • 23 aeroxeradores nED instalados en Reino Unido desde 2014 para xeración distribuída 
  • Investimento en I+D do 10% dos ingresos anuais. 
  • 28 millóns de euros de facturación a peche de 2015. 

Acerca de Norvento 

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Con presenza activa en cinco mercados internacionais (Reino Unido, Brasil, Estados Unidos, Polonia e Italia), Norvento conta hoxe 110 MW en operación en España e un pipeline de 597 MW en diferentes fases de desenvolvemento. 

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento lanza Bioplant para generación eléctrica con biogás La Xunta ha autorizado un nuevo parque eólico de Norvento >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}