• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 4 Febreiro 2019

Norvento propón medidas adicionais para favorecer o desenvolvemento do autoconsumo fotovoltaico industrial

  • O goberno publicou a semana pasada o borrador de Real Decreto que desenvolverá a normativa para o autoconsumo no noso país. 
  • O texto supón un importante avance para o desenvolvemento do autoconsumo fotovoltaico en España. 
  • O consumo de electricidade a cargo da industria supón un 42% do total a nivel xeral, sendo clave a contribución desta á transición enerxética.

Madrid, 5 de febreiro de 2019.- Norvento, compañía española de tecnoloxías renovables con alta especialización en autoconsumo industrial e xeración distribuída, valorou de forma positiva a proposta de Real Decreto pola que se regularán as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo, aínda que propón algunhas medidas adicionais que dinamicen a adopción deste tipo de instalacións no ámbito residencial e especialmente, no industrial. 

A norma, que desenvolverá regulamentariamente o Real Decreto-lei 15/2018, foi publicada o pasado día 29 de xaneiro polo Ministerio de Transición Ecolóxica, e estará aberta a alegacións ata o 8 de febreiro. Norvento recoñece que o borrador recolle medidas reclamadas polo sector renovable que suporán un avance positivo para o autoconsumo. No caso de que se confirme esta normativa, simplificaríanse os procesos administrativos e de conexión, quedarían especificados os mecanismos de compensación de excedentes, e ampliaríanse as modalidades existentes de autoconsumo. Deste xeito, faríase efectiva a posibilidade de desenvolver instalacións de autoconsumo tanto individuais como colectivas. 

Con todo, aínda que o texto establece a compensación de excedentes, isto só é aplicable en instalacións de menos de 100kW. O devandito límite supón un atranco para instalacións de autoconsumo no sector industrial, que sufrirán unha maior carga administrativa se desexan monetizar os excedentes. O sector industrial supón ao redor do 42% do consumo de electricidade (segundo datos da Axencia Internacional da Enerxía). Polo tanto, facilitar a este sector a adopción de sistemas de xeración para autoconsumo será clave para a transición enerxética. 

De forma concreta e co obxecto de sacar o máximo partido ao borrador de desenvolvemento regulamentario do autoconsumo, Norvento propón as seguintes modificacións ao borrador do Real Decreto-lei:

  • Ampliación do sistema simplificado de compensación a instalacións maiores de 100kW: Este límite supón un atranco para instalacións de autoconsumo no sector industrial, que en caso de querer monetizar os seus excedentes veríase suxeito a unha maior carga administrativa. Non existen motivos obxectivos que apoien a limitación da facturación neta a instalacións de ata 100kW, e de feito na actualidade hai países como Brasil que incrementaron en 2017 o límite do seu programa de balance neto a instalacións de ata 5MW. 
  • Garantía dun procedemento de consulta e solicitude de punto de conexión sinxelo que fomente a adscrición da industria á modalidade de autoconsumo con excedentes: Coa proposta actual todo aquel con unha instalación de máis de 15kW que desexe inxectar excedentes á rede ten que solicitar un punto de conexión, un trámite que implica certas complicacións. Este modelo fomentará que os autoconsumidores se decanten pola inclusión dun sistema antivertido e renuncien á inxección dos potenciais excedentes á rede, na busca dunha tramitación máis rápida e sinxela dos seus proxectos. Para a sociedade isto supón a renuncia a produción renovable existente, que deixará polo tanto de contribuír aos obxectivos de redución de emisións. 
  • Ampliación do prazo de compensación simplificada de enerxía: O borrador marca o prazo dun mes para esta compensación. Co obxectivo de dar maior flexibilidade a negocios con carga cíclica ou estacional e fomentar a adopción por parte destes de xeración renovable, Norvento propón ampliar este prazo a un período de 3 meses.

Luis Jiménez Gutiérrez, responsable da Unidade de Negocio Solar Fotovoltaica de Norvento, sinalou que “para aproveitar todo o potencial do autoconsumo industrial, a nova normativa debe facilitar aínda máis a creación de instalacións de máis de 100kW mediante a eliminación de límites por potencia á compensación de excedentes e garantindo a simplificación dos procedementos de conexión a rede”.

Sobre Norvento

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Con presenza en cinco mercados internacionais (Reino Unido, Brasil, Estados Unidos, Polonia e Italia), Norvento conta hoxe cun total 750 MW en operación, construción e desenvolvemento, tanto en España como noutros mercados. 

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento lidera el proyecto de investigación Microgrid-on-chip Norvento consigue apoyo a su proceso de internacionalización >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}