• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 7 Marzo 2019

Norvento inicia as probas dun innovador xerador eléctrico a eólica mariña

  • O prototipo baséase nunha tecnoloxía de multiplicación magnética, que consegue reducir as súas dimensións e peso respecto a as tecnoloxías habituais, un aspecto moi relevante para a eólica offshore 
  • O Proxecto CHEF (Compact Holistic Efficient Floating Turbine) foi financiado polo programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea. 
  • Un consorcio conformado por Norvento, Magnomatics e Seaplace é o que impulsa e executa este proxecto

Lugo, XX XX de 2018.- Norvento, compañía española de tecnoloxías renovables, comezou as probas de validación dun novo prototipo de xerador eléctrico especificamente deseñado para as turbinas utilizadas na eólica mariña. Este innovador xerador baséase en tecnoloxía de multiplicación magnética, que ademais de ser máis eficiente permite reducir o tamaño e peso da turbina, e está a ser testado no laboratorio do Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne) en Lugo. 

O Proxecto CHEF (Compact Holistic Efficient Floating Turbine) ten como obxectivo incrementar a produción enerxética dos aeroxeradores para eólica mariña, mediante a mellora da súa eficiencia e a redución dos custos. Así, o desenvolvemento deste novo xerador baséase na multiplicación magnética no canto do habitual sistema de multiplicación mecánica. Isto permite reducir tamaño e peso das turbinas, e reduce os desgastes mecánicos, que supoñen un gran custo de mantemento para a eólica offshore. 

Multiplicación magnética, clave para o aumento da eficiencia e a redución de custos 

Así, a nova turbina incorpora unha nova tecnoloxía de multiplicación magnética que consta de dous rotores e imáns permanentes. Isto permítelle alcanzar unha densidade de potencia moi superior aos sistemas mecánicos de transmisión existentes ata o de agora. A redución de tamaño e peso que permiten estes novos compoñentes é clave para o futuro da eólica mariña, xa que permite diminuír o tamaño das estruturas que soportan ao aeroxerador, o que se traduce nunha redución de custos do sistema. Ademais, a multiplicación magnética tamén axuda a reducir custos de mantemento, que son máis altos nas turbinas con compoñentes mecánicos xa que necesitan revisións constantes e xeran máis problemas de fiabilidade. 

Esta redución do tamaño e do peso total da turbina son aspectos especialmente relevantes no caso de aeroxeradores mariños emprazados sobre plataformas flotantes, unha variedade de eólica offshore de especial interese para España dada a reducida extensión da plataforma continental nas costas nacionais, tanto peninsulares como insulares. 

Consorcio internacional 

Este proxecto de deseño, desenvolvemento e validación da nova turbina corre a cargo dun consorcio que agrupa tres compañías: Magnomatics, Seaplace e Norvento. A inglesa Magnomatics foi a encargada do deseño e fabricación do xerador eléctrico Pseudo Direct Drive con tecnoloxía de multiplicación magnética. A española Seaplace, especialista no ámbito da enxeñería oceánica, desenvolveu o concepto de plataforma con cimentacións flotantes sobre a que se situará o aeroxerador e que ao non necesitar de cimentación tradicional abre o abano de localizacións onde poderían establecerse estas novas turbinas. Doutra banda, Norvento participa como usuario cualificado do concepto de xerador, validando tanto os seus requisitos técnicos como o seu desempeño real, grazas ao banco de ensaios de xeradores do que dispón no seu laboratorio do Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne) en Lugo, e onde xa ha testado outros deseños destinados aos seus propios aeroxeradores. 

Na fase actual do proxecto, Norvento avaliará a viabilidade da aplicación en eólica offshore da tecnoloxía Pseudo Direct Drive. Os enxeñeiros de Norvento, Seaplace e Magnomatics testarán durante os próximos meses testará a fiabilidade, eficiencia e comportamento deste novo xerador fronte ás variacións do vento e as cargas inerciais inducidas polos movementos da plataforma flotante. O xerador que se está testando é un prototipo a escala de 500kW do que nun futuro será un destinado a unha turbina de entre 8 e 12MW. 

Horizonte 2020 e o programa DemoWind2 

O Consorcio desenvolve a súa actividade dentro do programa DemoWind 2 ERA-NET, financiado pola Unión Europea a través do Horizonte 2020, que contribúe a abordar os principais retos sociais, promover o liderado industrial de Europa e reforzar a excelencia da súa base científica. 

Este proxecto supón un paso máis na gran aposta de Norvento pola I+D para desenvolver solucións tecnolóxicas no campo das renovables. Pablo Fernández Castro, fundador e CEO de Norvento, destacou que “Estamos moi orgullosos da colaboración de Norvento con Magnomatics. É, sen dúbida, unha empresa punteira a nivel global, na creación deste xerador tan disruptivo que pode supoñer un antes e un despois para a eólica mariña” .

Pola súa banda, David Latimer, CEO de Magnomatics Ltd. afirmou ter “gran confianza en que a nosa colaboración con Norvento nos permita acelerar a validación da tecnoloxía pseudodirect drive e mesmo que abrir a porta a unha relación comercial máis ampla dentro do ámbito da tecnoloxía eólica” .

Acerca de Norvento 

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. Con presenza en cinco mercados internacionais (Reino Unido, Brasil, Estados Unidos, Polonia e Italia), Norvento conta hoxe cun total 750 MW en operación, construción e desenvolvemento, tanto en España como noutros mercados. 

Acerca de Magnomatics 

Magnomatics Ltd. é unha empresa de alta tecnoloxía no desenvolvemento e fabricación de produtos baseados en tecnoloxía propietaria de engrenaxes magnéticas. Estas engrenaxes melloran a eficiencia e fiabilidade dos mecánicos e o concepto plásmase en dous produtos que a empresa ofrece ao mercado, o Pseudo Direct Drive (PDD®) e o MAGSPLIT®. O PDD é un motor/xerador eléctrico de alto par e baixa velocidade, especialmente orientado á xeración renovable e concretamente á eólica mariña. MAGSPLIT, actualmente en fase de probas, é unha transmisión electromagnética continuamente variable especialmente pensada para a tracción híbrida e destinado a fabricantes do sector do automóbil. 

Magnomatics foi fundada en 2006 como spin-off da Universidade de Sheffield, institución coa que aínda mantén fortes lazos, co obxecto de comercializar a investigación levada a cabo nesa universidade sobre transmisións magnéticas.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< PYROGAZ project Norvento prueba un prototipo de generador eléctrico para la eólica marina >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}