• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 9 Setembro 2025

Norvento TECHnPower presenta nXL: a súa nova familia de convertidores Multi-MW e multipropósito para aplicacións Utility-Scale

  • É a familia de convertidores con maior densidade de potencia do mercado a nivel mundial con ata 9 MVA.
  • Os convertidores nXL poden operar tanto en sistemas conectados á rede como en contornas illadas e transitar sen cortes entre distintos modos de funcionamento.
  • Os convertidores nXL son dispositivos multipropósito que permiten a conexión bidireccional entre a rede eléctrica e sistemas BESS, plantas fotovoltaicas e electrolizadores de hidróxeno verde. Preséntanse tamén como unha ferramenta chave para centros de datos ou para facilitar o fluxo de enerxía a buques de gran tamaño durante a súa estancia en portos.
  • A gama nXL fabricarase en neFO, a primeira fábrica industrial autosuficiente e neutra en emisións de España, situada en As Gándaras (Lugo).

Norvento TECHnPower, marca tecnolóxica de Norvento, empresa galega con máis de 40 anos de experiencia en toda a cadea de valor das enerxías renovables, presenta nXL, a súa nova gama de convertidores bidireccionais de alta potencia, deseñados para aplicacións a gran escala. A familia de equipos nXL representa un salto tecnolóxico de vangarda cara á máis alta potencia e a gama máis compacta de convertidores a nivel mundial dentro dos sectores renovable e industrial, alcanzando os 622 kVA/m³ e proporcionando ata 9MVA en 20 pés, incluíndo cela de MT e transformador de potencia.

Estes innovadores convertidores, deseñados e fabricados por Norvento TECHnPower en España, poden operar tanto en sistemas conectados á rede (on-grid) como en contornas illadas (off-grid), e cambiar sen cortes entre distintos modos de funcionamento: soporte en tensión e frecuencia mediante grid-forming e black start. O seu deseño compacto, alta eficiencia e adaptabilidade converten á familia de convertidores nXL na opción ideal para proxectos a gran escala que buscan optimizar o uso de enerxía renovable e almacenamento enerxético.

Vocación multipropósito

A gama nXL foi concibida como unha solución multipropósito para facilitar a integración de distintas tecnoloxías enerxéticas. Coa capacidade de ensamblarse nun “skid” de 20 pés de lonxitude, é compatible con plantas solares fotovoltaicas, sistemas de almacenaxe con baterías (BESS), electrolizadores para hidróxeno verde, aplicacións en infraestrutura portuaria (OPS) ou en catenarias ferroviarias, así como con sistemas que requiran control de rede mediante STATCOM ou filtros activos.

Entre as súas prestacións técnicas destacan un contido harmónico ultrabajo (THDi <1%), unha relación DC/AC de ata o 200% sen modificacións, e un innovador sistema de refrixeración estanco deseñado integramente por Norvento TECHnPower e único no mercado, resistente #ante calquera adversidade; este sistema combina refrixeración líquida, para os principais compoñentes do convertidor, con recirculación interna de aire frío, sen intercambio de aire co exterior, o que garante un funcionamento estable mesmo en climas extremos. Grazas a este deseño, alcánzase un grao de protección IP65 en todo o sistema do convertidor, protexendo a compoñentes chave e mantendo o interior illado de condicións ambientais adversas.

Así mesmo, a familia nXL integra algoritmos avanzados de control e mantemento preditivo baseados en intelixencia artificial. Ademais, ao eliminar a totalidade de filtros de aire, os novos equipos teñen unha mínima necesidade de mantemento e reparación.

Aliado para centros de datos e ambientes extremos

Un dos sectores onde esta tecnoloxía cobra especial relevancia é o dos centros de datos, onde a continuidade e estabilidade enerxética son críticas. Os convertidores nXL de Norvento TECHnPower ofrecen unha fonte de enerxía segura e adaptable, con integración directa con baterías para cubrir picos de demanda ou posibles cortes, garantindo así a subministración continua de enerxía.

Así mesmo, grazas ao seu sistema de refrixeración estanco, a familia de convertidores nXL é apta para zonas desérticas, áreas de alta corrosión próximas ao mar ou de temperaturas moi extremas, e ata en zonas con partículas condutoras presentes no aire, como minas e zonas volcánicas.

Nova marca, novos retos

A presentación da gama nXL enmárcase nunha nova era, marcada polo lanzamento de Norvento TECHnPower, a nova marca tecnolóxica de Norvento, que representa tamén un salto tecnolóxico cara a equipos dirixidos a aplicacións a gran escala. Norvento TECHnPower agrupa as solucións máis avanzadas de xeración, xestión intelixente e almacenamento de enerxía. Esta marca nace cunha visión clara: acelerar a descarbonización con tecnoloxía propia, flexible e preparada para un modelo enerxético renovable.

Norvento TECHnPower representa unha evolución natural na traxectoria de Norvento, consolidando as súas máis de 40 anos no sector das enerxías renovables e un equipo con máis de 20 anos de experiencia no sector da electrónica de potencia, adaptada ás novas necesidades do mercado. Con esta iniciativa, Norvento non só acompaña a transición enerxética, senón que a impulsa, ofrecendo solucións de vangarda para avanzar cara a un sistema máis limpo, eficiente e autónomo.

A familia de convertidores nXL fabricarase en neFO, a pioneira fábrica autosuficiente e neutra en emisións que Norvento está a construír en Lugo. Esta instalación albergará a produción de todos os equipos Norvento TECHnPower unha vez posta en operación, e servirá como demostración práctica dos principios de sustentabilidade que guían a Norvento. Estímase que esta planta permitirá evitar a emisión anual de 187.000 toneladas de CO₂.

“Dende Norvento estamos moi ilusionados de poder anunciar o lanzamento da nosa nova familia de convertidores nXL, un fito que reúne todo o coñecemento e saber facer de Norvento, quen acumula máis de 40 anos de traxectoria no sector e 15 como fabricante. Coa gama nXL desenvolvemos unha familia de convertidores bidireccionais que combina a maior densidade de potencia do mercado cunha capacidade multipropósito. Son equipos capaces de operar tanto en rede como en contornas illadas, e de transitar sen cortes entre distintos modos de funcionamento, o que lles permite adaptarse a aplicacións moi diversas: desde plantas fotovoltaicas e sistemas BESS, ata electrolizadores de hidróxeno, centros de datos ou infraestrutura portuaria. Todo iso cun deseño compacto, robusto e preparado para contornas extremas, deseñado e fabricado integramente en España”, sinalou Álvar Maior Miguel, director de Innovación de Norvento TECHnPower.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< O proxecto público-privado de I+D galego Fisterra presenta tecnoloxías como o xemelgo dixital ou realidade aumentada para fabricar un convertidor que reducirá as emisións do transporte marítimo Norvento TECHnPower asina un convenio coa Universidade de Alcalá para a creación dunha Cátedra que impulse a innovación en electrónica de potencia >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2026
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}