• Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Gl
    • Es
    • En

< Volver | 2 Abril 2018

Norvento valora positivamente o papel dado á xeración distribuída no informe da Comisión de Expertos para a Transición Enerxética

Madrid, 2 de abril de 2018.-  Norvento, empresa española de tecnoloxías renovables, valora de forma positiva o relevante papel que a Comisión de Expertos para a Transición Enerxética dá á xeración distribuída no informe entregado hoxe ao Goberno. 

Neste sentido, outros elementos inherentes á expansión da xeración distribuída son tamén de especial importancia para Norvento e tamén se mencionan no informe. 

Por exemplo, os relacionados coa construción sostible e a necesidade de concretar a normativa sobre edificios de consumo de enerxía case nulo (tamén coñecidos como edificios de enerxía cero). A empresa considera que hoxe en día xa se dispón de tecnoloxía suficientemente madura e aplicable, grazas ás microrredes, para dotar aos edificios e ás industrias no seu conxunto dun alto grao de independencia enerxética mediante a xeración e o consumo da súa propia enerxía renovable. O recentemente presentado Edificio CIne de Norvento, un dos máis avanzados do mundo nese campo, é un exemplo do que a tecnoloxía e as enerxías renovables xa poden conseguir.

Tamén se menciona o fortalecemento dunha política industrial baseada na sustentabilidade, a importancia dos sistemas de almacenamento ou a transición dun modelo de rede de distribución actualmente unidireccional a outros bidireccionais, flexibles e intelixentes que permitan o desenvolvemento da xeración distribuída e o autoconsumo. Todo iso representa, en opinión de 

Norvento, unha oportunidade para avanzar definitivamente cara a un sistema enerxético moito máis moderno, con máis participación e coherente cunhas tendencias que xa son imparables. 

En canto ao seu negocio de promoción de centrais de xeración renovable centralizada, Norvento coincide coa Comisión ao considerar necesario que o sistema proporcione sinais de investimento a longo prazo que permitan acometer este tipo de proxectos cun horizonte de ingresos razoablemente definido.

Así pois, Norvento fai unha valoración amplamente satisfactoria deste informe, aínda que con cautela e prudencia, xa que se trata dun documento cuxo camiño cara á materialización lexislativa non fixo máis que empezar.

Sobre Norvento

Norvento é unha empresa española de tecnoloxías renovables con capacidade de actuación integral. Con sede en Lugo (Galicia), a compañía é 100% de capital español e leva máis de 35 anos operando no mercado. A actividade de Norvento abarca desde a fabricación de tecnoloxía, o deseño, promoción, construción e explotación de instalacións de enerxías renovables de xeración centralizada (parques eólicos fundamentalmente), ata proxectos de xeración distribuída para o sector industrial, así como solucións ad hoc de enxeñería enerxética. 

Cunha presenza activa en cinco mercados internacionais (Reino Unido, Brasil, Estados Unidos, Polonia e Italia), Norvento conta actualmente con 120 MW en funcionamento en España e un pipeline de máis de 540MW en diferentes fases de desenvolvemento.

Partillar: Facebook Mail Linkedin Twitter
< Norvento presenta o seu edificio CIne, un dos máis avanzados do mundo en termos de autoxeración e independencia enerxética, alimentado integramente por enerxías renovables La Xunta autoriza el parque eólico Coto de Frades >
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
  • Linkedin
  • X
  • Facebook
  • Instagram
  • © 2025
  • Apoio institucional
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Canal ético
Gl
  • Es
  • En
  • Enerxía
    • Enerxía Eólica
    • Enerxía Hidroeléctrica
  • Autoconsumo
    • Eólica
    • Solar fotovoltaica
    • Almacenamento
    • Microrredes
    • Biogás
    • Hidróxeno
  • TECHnPower
    • Aeroxeradores
      • nED100
    • Convertidores de Electrónica de Potencia
      • nXL
      • nGM
    • Almacenamento
      • nBESS
  • Servizos
    • Descarbonización
    • Enxeñería Enerxética
    • EPC Enerxía
    • Operación e Mantemento Integral
    • Centro de Control 24/7
    • Monitorización e Control
  • Norvento
    • Coñécenos
    • Equipo
    • Sostenibilidade
    • Innovación
  • Traballa connosco
    • A túa carreira en Norvento
    • Programa de Bolsas Talento
  • Comunicación
    • Sala de prensa
    • Blogue
  • Contacto
  • Visítanos
  • CIne, a nosa sede. Edificio de Enerxía Cero
  • neFO, o noso centro de fabricación cero emisións á vangarda europea
Gestionar consentimiento

En Norvento Enerxía empregamos cookies propias e de terceiros con diferentes finalidades: funcionamento, seguridade e analítica. Podes personalizar as túas preferencias a través do panel de configuración, así como obter información adicional sobre o tratamento dos teus datos, incluído o exercicio dos teus dereitos, consultando a nosa Política de Cookies.

Podes cambiar a configuración en calquera momento regresando ao panel, facendo clic nunha opción diferente e actualizando a páxina web.

Técnicas Always active
Analítica
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estatísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Establecer as miñas preferencias
{title} {title} {title}